Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de noviembre de 2015

UN MATRIMONIO E A SUA FILLA INTOXICADOS EN CASTRELO






Segundo informou o CAE Galicia 112, un matrimonio e a súa filla foron atopados en estado inconsciente na súa vivenda situada na parroquia de Castrelo ao redor das 17,00 horas deste mércores.


Os efectivos do servizo municipal de Protección Civil de Cambados comprobaron mediante un detector de gases elevados niveis de concentración de monóxido de carbono.

Os tres afectados foron evacuados de urxencia a un centro hospitalario, tras o que se procedeu a ventilar a casa. No operativo tamén participaron, entre outros, axentes da Garda Civil e sanitarios.

Un matrimonio e a súa filla foron localizados en estado inconsciente no interior da súa vivenda, situada na parroquia cambadesa de Castrelo. Unha alta acumulación de monóxido de carbono, producida, posiblemente, pola queima, nunha cociña económica, de leña e un sillón de espuma e plástico, pode ser a causa da intoxicación que os técnicos sanitarios diagnosticaron a esta familia. De feito, mediante o uso dun detector de gases, os efectivos do servizo municipal de Protección Civil de Cambados puideron comprobar que, efectivamente, os niveis de concentración de monóxido de carbono eran elevados. Unha vez evacuados os afectados, que se encontraban en diferentes puntos da casa, os axentes de Protección Civil procederon a ventilar a vivenda. Tanto os efectivos de emerxencias, como sanitarios e axentes da Garda Civil participaron no rescate dos tres afectados, que foron evacuados a un centro hospitalario urxentemente. O CAE 112 Galicia recibiu a alerta do suceso ás 17:00 horas de hoxe.    





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.