Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de octubre de 2015

A FROTA DO CERCO PERMANECERÁ AMARRADA








O motivo, segundo indica o presidente de Acerga, é a "falta de viabilidade económica" que lles supón saír a faenar debido á ausencia de cotas

A frota do cerco representada por Acerga, uns 120 barcos dos 150 existentes en Galicia, permanecerá amarrada. Isto débese a "falta de viabilidade económica" que lle supón saír a faenar debido á ausencia de cotas e tras o peche da pesqueira ao sur de Fisterra decretado polo Goberno o venres.
O presidente de Acerga, Andrés García, explicou que os armadores tomaron esta decisión na asemblea convocada hoxe en Portosín e á que acudiron máis do 90% dos asociados.
"Non podemos seguir no mar porque non temos rendemento económico nin sequera para pagar os soldos da tripulación", lamentou García. Ademais engadiu que xa remataron as últimas capturas da cota de xurelo e apenas lles queda nada da de cabala.
O presidente de Acerga avanzou que o vindeiro luns cada armador entregará o rol do seu barco na capitanía marítima, como evidencia deste amarre e pedirán o apoio dos demais buques do cerco galego para que se "sumen" a esta protesta.


Fonte:TVG



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.