Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de septiembre de 2015

SALE A SUBASTA O QUIOSCO DA PRAZA DE FEFIÑÁNS









DENOMINACIÓN DO CONTRATO“ADXUDICACIÓN DE CONCESIÓN DEMANIAL DO QUIOSCO SITO NA PRAZA DE FEFIÑÁNS” 
Esta concellería, en uso das facultades atribuídas, ten a ben
RESOLVER: 

1º.- Inicia-lo expediente administrativo para a adxudicación da concesión demanial do quiosco referenciado.
2º.- Dispoñer que a adxudicación se levará a cabo por procedemento aberto, subasta e tramitación ordinaria.

 

PREGOS DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A ADXUDICACIÓN DE CONCESIÓN DEMANIAL  DO QUIOSCO SITO NA PRAZA DE FEFIÑÁNS NO CONCELLO DE CAMBADOS.

OBXECTO DECONTRATO. DURACIÓN DO CONTRATO.-
1.1.- O obxecto do presente contrato é a utilización e ocupación dun quiosco.
Este prego, cos documentos que preceptivamente o integran, formarán parte da concesión que no seu día se outorgue.
O quiosco destinarase exclusivamente á expedición de bebidas, lambetadas, bocadillos, aperitivos, tenda de regalos e produtos típicos na Praza de Fefiñáns.
En ningún caso a concesión amparará a instalación de mesas, cadeiras ou calquera outro elemento ou instalación fora do recinto que é obxecto de concesión, o que no seu caso esixiría contar ca correspondente licenza municipal.
A concesión outorgarase a salvo do dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiro.
Si como consecuencia das necesidades públicas fora precisa un levantamento ou traslado das instalacións, o concesionario estará obrigado a leva-lo a cabo, sen dereito a indemnización algunha , ao lugar designado polos servizos técnicos municipais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.