Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de septiembre de 2015

OS TRABALLADORES DO DIARIO DE AROUSA EN FOLGA







O persoal da Editorial La Capital anunciou dias atrás a convocatoria dunha folga indefinida cunha duración inicial de 48 horas nos xornais Diario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños a partir das 00.00 horas de hoxe día 2 de setembro.
Os traballadores, que reclaman un plan de viabilidade que garanta os postos de traballo, levan continuados atrasos no abono dos salarios desde 2014 e, se lles deben as mensualidades dos pasados meses de xuño e xuño e o 50% da paga de decembro de 2014. Ademais, a empresa está acometendo reduccións no cadro de traballadores que, segundo denuncia o Sindicato de Xornalistas, poñen en perigo a continuidade desas cabeceiras.
Dende esta central, igual que dende a Federación de Sindicatos de Periodistas e do Colexio de Xornalistas de Galicia, ínstase a empresa "a reconsiderar os despedimentos, a facer os esforzos necesarios para pagar as cantidades debidas aos seus traballadores e a adoptar medidas que permitan a viabilidade das cabeceiras sen máis despedimentos e con condicións dignas para os seus traballadores".

 En 2014 La Capital, a editora do Ideal, DxT e dos diarios de Ferrol e Arousa tiraba para adiante entre impagos a Facenda, aos traballadores e grazas ao financiamento de Abanca e de Comar, un grupo coruñés propietario de varios casinos. Con todo, os propios auditores sinalaban hai un ano a "incertidume sobre a capacidade da compañía para realizar os seus activos e liquidar os seus pasivos".
As mobilizacións dos traballadores lograron que os xornais non chegaran aos kioskos na folga convocada en xaneiro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.