Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de septiembre de 2015

OFERTAS DE EMPREGO EN CAMBADOS







A Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados precisa da cobertura con carácter temporal de dous postos de traballo na lonxa e un posto de traballo na fábrica de xeo.
Os postos ofertados na lonxa, son os de lonxeiros/subastadores, e os requisitos requeridos son: estar en posesión do correspondente carné/certificado de manipulador de alimentos, así como do carné/certificado de conducción de carretillas elevadoras.
En canto á fábrica de xeo, precísase un operario cos mesmos requisitos de carné de manipulador de alimentos e manexo de carretilla elevadora, e que ademáis teña coñecementos en electricidade.
Por outra banda, a Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa fai chegar unha oferta para contratar un deseñador gráfico con experiencia, para realizar tarefas de desenrolos de imaxe corporativa para empresas.
Para máis información sobre estas ofertas, podedes consultar os arquivos que adxuntamos en PDF.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.