Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de septiembre de 2015

NOTA DE PRENSA DA XUNTA POLO CASO DA MARISCADORA CO EMBARAZO DE ALTO RISCO







A Xunta aclara que a renovación do permiso de explotación da mariscadora de Cambados será revisado “con toda a sensibilidade” que require un asunto coma este 

Todo parece indicar que o permiso de explotación será renovado, tal e como lle fixo saber directamente onte pola mañá a propia directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro ao patrón Maior da Confraría de Cambados.


La Voz de Galicia
A Consellería do Medio Rural do Mar aclara que se ben o expediente de renovación de pérmex dunha mariscadora de Cambados que cursou baixa temporal por embarazo de risco e para o que lle foi requirida documentación complementaria está en fase de requirimento, a súa revisión realizarase atendendo á especial sensibilidade que require un asunto de enorme importancia coma este. 

A Xunta quere lembrar que son as delegacións provinciais, non as comarcais, as que están facultadas para resolver os expedientes en base á norma e tendo en conta a información solicitada. A partir de aí, analízanse todos os datos e adóptase unha decisión que, a teor da información indicada neste caso concreto, todo parece indicar que o permiso de explotación será renovado, tal e como lle fixo saber directamente esta mañá a propia directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, ao patrón Maior da Confraría de Cambados, Ruperto Costa.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.