Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de agosto de 2015

DEIXANOS LUÍS REI





AMIGO, COMPAÑEIRO, ESTUDOSO E UNHA GRAN PERSOA!!!

Deixounos hoxe Luís Rei Núñez, tras non superar a enfermedade que padecía desde hai varios anos.
Luís exerceu como bibliotecario e técnico de Cultura de Cambados durante tres décadas nas que se gañou o cariño, respeto e a amizade de moitos por non decir todos os cambadeses e visitantes aos cales antendeu sempre desde os comezos da Biblioteca Municipal na Rúa Nova, despois no Edificio de "A Merced" e finalmente na Casa dos Fraga.

O pasado 16 de maio Luis Rei recibiu o XII Premio Ramón Cabanillas (segundo para él, o primeiro fora no ano 2010) que entregan os libreiros de Cambados (Librarías Cabanillas e Contos), e ademáis presentouse un pequeno libro de homenaxe, escrito polos seus amigos e colaboradores nas numerosas iniciativas das que ten participado, sempre entre Cambados e O Grove, leva por título "Luis Rei. Crónica de traballos e amizades". 

O seu papel foi tamén fundamental na creación e o labor da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial en 1993 e a organización das Xornadas de Cultura Marítima en Cambados en 2005. 
 Foi tamén o promotor da conmemoración do Ano Cabanillas en 2009, cando facía medio século do pasamento do poeta e comisario da exposición “Ramón Cabanillas. A roseira dos recordos”, aberta co gallo da celebración. 
Luís Rei era responsábel da catalogación do arquivo e do legado da familia de Ramón Cabanillas ao concello de Cambados, a súa rigorosa achega á figura do poeta. Do seu intenso traballo naceu o volume, Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades 

Luís Rei (O Grove, 1960) é bibliotecario e técnico de cultura do Concello de Cambados. Investigador sobre vida e a obra de Ramón Cabanillas, arredor da figura do poeta cambadés ten publicados diversos artigos e relatorios, entre os que cómpre salientar "Cabanillas en Cambados, a forxa dun poeta" (2000), "Ramón Cabanillas: a disidencia republicana" (2006) e o libro, Ramón Cabanillas, xornalista cambadés (2001), en colaboración
con Xabier Camba. Tamén é autor da obra de teatro Camiño longo. Antre as roseiras de Cabanillas (2004). 

O enterro de Luís Rei será mañá ás 18:30 h. e chega hoxe ao tanatorio de O Grobe a iso das 16:00 h.
Gardarase un minuto de silencio mañán as portas do concello as 12´30h. 


Entrevista na VOZ





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.