Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de julio de 2015

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES INFANTÍS PARA O VERÁN´15







Dende a Concellería de Ensino, Patrimonio e Cultura do Concello de Cambados, o seu responsable Victor Caamaño presenta a programación de actividades lúdicas que este verán terán lugar na biblioteca municipal Casa dos Fraga e nos centros culturais.
O obxectivo das mesmas é axudar ás familias cambadesas na conciliación da vida familiar e laboral, ofertando á vez, propostas divertidas e didácticas para os rapaces durante as vacacións de xullo e agosto.
A biblioteca municipal Casa dos Fraga, xunto coas axencias de lectura das parroquias, ofertará un nutrido abano de obradoiros e xogos polas mañás, de 10.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para nenos a partir de primeiro de primaria. 
En todos os centros realizarase a actividade “EnREDamos cos ordenadores”  para que os nenos se divirtan á vez que amplían os seus coñecementos na informática, a internet e a mecanografía. Haberá tempo tamén para o apoio escolar con “Repasamos no verán” e “ L-emos!”un obradoiro para dinamizar a lectura en papel e coas novas tecnoloxías para lectores principiantes, todavía coa “L” ás costas.
Na Casa dos Fraga realizaranse obradoiros gratuítos de línguas (inglés e francés). Ademais, e de cara a ampliar a oferta, poderán ter a opción de inscribirse entalleres de pago (cun pequeno custo) que se manteñen dada a boa acollida dos últimos anos.
-O de Xadrez, os luns na Casa dos Fraga.
-E un de cociña, con receitas baseadas nos contos que leva por nome “Pequechefs de conto!”, que se realizará na aula de catas do Salón de J. Peña durante os martes de xullo e agosto.
Ademáis ofertaranse as seguintes actividades subvencionadas grazas ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia:
-Xincana fotográfica de Ramón Cabanillas os venres 3 e 10 de xullo para fotografar a pegada do bardo de Fefiñans na vila cambadesa.
-Contacontos “Moito conto” de Cucarandainas, o venres 17 de xullo en Torrado.
-Obradoiro de Debuxo Manga, o 24 de xullo, para descubrir a banda deseñada nipona.
Este ano, tamén se volverá a colaborar co Refuxio de Animais que realizarán dúas actividades cos rapaces os xoves:
-A patrulla ambiental polas rúas de Cambados
-E un taller de animación á lectura con cans que leva por nome “Guau que contos!”
As inscricións para estas actividades iniciáronse xa o luns 22 de xuño pero todavía hai algunas prazas dispoñibles. Os interesados poden achegarse polas mañás á Casa dos Fraga en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, e a partir do 1 de xullo nos respectivos centros culturais.
Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986 520 008, ou no 986 520 902 ext. 764 e 765.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.