Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de julio de 2015

PRESENTADOS OS CONCERTOS DO ALBARIÑO 2015






A pesares de contar con pouco tempo para a preparación da Festa do Albariño, o cuatripartito cambadés xa ten organizadas as actuacións que se celebrarán en Fefiñans durante os días da festa grande cambadesa.
Dios ke te crew
A programación do Albariño deuse a coñecer esta mañá por parte do goberno local na rolda de prensa onde se descubriu o novo cartel anunciador das Festas.
A Festa Máxima FM, na que participarán varios djs de toda España, e será o venres día 24 de xullo no Pombal.

Xa propiamente na Festa do Albariño e os concertos que se realizan na Praza de Fefiñans, son, o primeiro dia é o mércores 29 celebrarase un Festival con grupos galegos, como 
KILLING FLOOR, SES, Socram e Dios que te Crew.

O segundo dia, o xoves día 30, como xa estaba "previsto" polo anterior goberno, actuarán Treixadura co seu Orfeón e acompañados polo Coro Cantigas e Agarimos.

A cabeza de cartel, que actuará o venres día 31 de xullo, non será desvelado ata o vindeiro martes, pero o que si trascendeu é que se trata dun grupo internacional, do Reino Unido, concretamente de Manchester e que a cita en Cambados é a súa unica actuación en España na xira deste verán. Ademáis, o manager de este grupo tamén é o de Madonna e os Rolling Stones.

O sábado 1 de Agosto, actuarán Sofá Ambulante, Noite Fechada, e como prato forte, Mario Vaquerizo e as Nancys Rubias, que ademáis, aproveitará para grabar un capítulo da súa seríe en MTV "Alaska e Mario".

E para pechar estos días de festas, o domingo será o turno dos grupos Mama Cabra actuación para os máis pequenos a Banda de Música de Castrelo.


Cada dia da festa haberá tamén duas orquestras que actuarán na Praza do Concello.


Unha novidade importante será a lectura do Pregón, algo moi demandado polos cambadeses, o mércores día 29, ás 13:00, que nesta ocasión correrá a cargo do director de cine cambadés, Juan Galiñanes.

A programación do Albariño deuse a coñecer esta mañá por parte do goberno local na rolda de prensa onde se descubriu o novo cartel anunciador das 

Festas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.