Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de julio de 2015

INAUGURADA A FESTA DA VIEIRA







Un ano máis, e van xa 14 edicións, Cambados acolle as xornadas de exaltación da vieira. Como ven sendo habitual, estas xornadas desenrolaránse na carpa habilitada no Paseo da Calzada.
A inauguración foi levada a cabo este mediodía, e a ela acudiron o Secretario Xeral do Mar Juan Carlos Maneiro, varios concelleiros encabezados pola alcaldesa Fátima Abal, e representantes da Confraría encabezados polo Patrón Maior Ruperto Costa.
Dende hoxe e ata o vindeiro domingo 19, aqueles que o desexen poderán degustar as distintas elaboracións que se realizarán deste molusco, ademáis de disfrutar das diversas actividades programadas.
A xornada inaugural contará coa actuación musical dos grupos “The Sharknadoos” e “Mandarina Jack” ás 23:00. Ademáis, durante o sábado e o domingo os asistentes poderán coñecer o traballo das mariscadoras a través das rutas turísticas de Guimatur. E o sábado o chef cambadés Yayo Daporta impartirá un taller de cociña.
Non entendemos como na inauguración están presentes operarios municipais que deberían estar "traballando". O novo goberno municipal debería entender que os cambadeses non temos que pagar a operarios municipais por moi alto rango que teñan para que vaian de picoteo a nosa conta. Si o criticamos co anterior goberno temos que facelo co actual.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.