Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de julio de 2015

FESTIVAL SOLIDARIO A PROL DE "AME"





Comisión de Festas Santa Mariña Cambados organiza unha festa solidaria a prol do "AME", durante o festival haberá sorteos e a recaudación destinarase a investigacion da AME
A comisión de festas decidiu destinar toda a recadación que se logre durante a celebración do evento á loita contra a Atrofia Muscular Espiñal (AME), que afecta a Mercedes Álvarez, unha veciña do municipio cambadés.

O evento está previsto para o próximo 12 de xullo, e vaise celebrar na praza do Concello de Cambados a partir das 21,00 horas. Nel van participar nove agrupacións musicais, entre as que se encontran a Banda de Música de Ribadumia, Noite de Amor Con Ela, el grupo de gaitas Abrente, Os Carballeiras, Con de Xido, Volandeira, Xironsa, Demos da Pataca, Trío Estilo e Gustavo Almeida.  entre outros, e non se descarta que se sumen máis.


Durante a celebración do festival vaise proceder á venda de rifas entre todos os asistentes para participar no sorteo de diferentes elementos que os comerciantes de Cambados doaron para a causa. Precisamente o comercio tamén colaborará coa iniciativa aplicando un desconto en todos os seus artigos a todos os que as adquiran. A organización tamén habilitou unha fila 0, na que se poderá ingresar cinco ou dez euros, e os 20 primeiros doadores recibirán un regalo seguro.

Rematamos dando as grazas tanto a comisión de festas de Santa Mariña como aos establecementos que participan donando agasallos.
  




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.