Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de julio de 2015

ESTABLECIMIENTOS OTERO EN CONCURSO DE ACREEDORES






A distribución de electrodomésticos en Galicia volveu ser testemuña dun novo caso de concurso de acredores. Nesta ocasión, segundo  Alimarket Electro, o pasado 13 de xullo declarábase en concurso de acredores ante o Xulgado do Mercantil  n. 1 de Pontevedra a compañía Establecementos Otero, S.A., con número de expediente 143/2015 segundo publicación no citado xulgado.

A empresa, con sede en Cambados, estaría asociada como 'Tien 21' á plataforma Unión Galega de Electrodomésticos, S.A. (Ugesa) para o negocio electro, ao cal destinaría unha sala de venda aproximada de 800 m2 entre os dous establecementos con que conta na localidade de Cambados e no P.I. do Salnés, no municipio de Ribadumia. Os devanditos establecimeintos, cunha actividade máis enfocada ao ámbito mueblista e de equipamento de fogar dispoñerían dunha sala total de 1.900 m2 e 2.000 m2 aproximadamente. Precisamente o centro situado no P.I. do Salnés dispón dunha superficie adicional de 8.200 m2 destinada á actividade de almacenamento de materiais e bricolaxe para cuxo negocio estaría asociado a BigMat.

Outras sociedades do grupo encabezado por Establecementos Otero serían Mobles Establecementos Otero, S.L. e Dri Galicia,S.L., esta última especializada en reformas e baños.



Máis info




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.