Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de junio de 2015

O BLOG DA OPOSICIÓN







 Luís Aragunde quere sacar rendemento do seu blog persoal creado con motivo do proceso electoral ao igual que hao 4 anos e que a diferencia de aquel que desapareceu este sigue en funcinamento.
Onte publicaba Aragunde a sua perspectiva sobre o proceso de constitución do goberno municipal e non faltaba algo de razón pero atribuíndose medallas difócoles de colgar e ocultando cousas.

Di que o proceso  "Non me  parece serio como se están levando as xestión de formación de grupo de goberno con reunións secretas, ocultismo e suspense coma se dun filme de espionaxe se tratase". Parece increible que fale de oscurantismo cando os menos transparentes foron e son os gobernos do PP sexa cal sexa o seu nivel.
Critica tamén ".... que aínda non estea claro quen van ser os concelleiros liberaraos (sic) aos que os veciños se terán que dirixir, e o máis importante canto e quen vai a cobrar. No noso equipo tíñamos tan só 2 políticos liberados, un a xornada completa e outro a media xornada e polo que estamos a ver neste goberno vai a haber máis políticos ca nunca". 
Os concelleiros aínda que non cobren deberían atender a xente para eso son representantes dos veciños. Parece ser que se esquece deso o señor ex-alcalde.

Por último critica que "...o Concello está totalmente paralizado. O Albariño está á volta duns días e as actividades formativas, deportivas, festivas e culturais están sen programar".
Haberá que recordarlle que as cousas xa deberían estar moi adiantadas nas datas nas que cesaron, pero entre o seu oscurantismo e o dalgúns traballadores do Concello nada parece feito. O programa do Albariño creemos que a falta de flecos seguramente estaba cerrado, dubidamos que a menos de tres meses non tiveran todo ou case todo pechado, e coma nos moita xente así o cre.

Unhas das derradeiras frases do artigon a propósito do peche da Plaza De Fefiñáns, é lamentable "É un despropósito, e queren facer política sen contar coa xente". Aragunde sempre contou cos veciños, que lle-lo pregunten aos de Santa Mariña, por exemplo. Ou aos Dos Olmos?,  e a tantos outros que viron como nas suas ruas se fixeron cousas absurdas pero polo antoxo do ex-alcalde.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.