Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de junio de 2015

LUÍS ARAGUNDE SERÁ INVESTIDO MAÑÁN DE NOVO ALCALDE






Finalmente será Luís Aragunde quen tome mañán posesión como alcalde de Cambados ao contar cunha maioría suficiente.
Hai uns minutos, Fátima Abal e Víctor Caamaño anunciaban a sua intención de non ceder, segundo eles, á chantaxe de Cambados Pode.
As duas forzas que suman seis concelleiros e 2700 votos, consideran que deberían ter máis peso que o que diga unha que acadou tan so 1 concelleiro e 455 votos. 


Iremos ampliando a nova durante a tarde.


Comunicado do PSOE en rolda de prensa conxunta co BNG


O pasado 24 de maio, os veciños e veciñas da nosa vila pecharon unha etapa na vida política do Concello.
O 24 de maio foi o final das maiorías absolutas, despois de 28 anos.
O 24 de maio, os cambadeses eleximos a corporación mais plural da historia recente do noso concello.
O 24 de maio os homes e as mulleres do noso pobo abriron a porta a un cambio político no goberno municipal.
E digo ben, abriron a porta, porque as elecciones as gañou o PP pero a composición do pleno permite outras posibilidades de goberno.
Polo tanto o dilema cara mañá e se no noso pobo os vindeiros catro anos o PP intenta facer mais do mesmo, pero sin maioría suficiente, ou si as expectativas de cambio dos veciños e veciñas se traducen nun goberno estable e con capacidade de levarlas adiante.
Segundo din o asunto está atascado pola cuestión da alcaldía, pois ben, vou explicar a nosa postura.
O ADN do noso partido está impreso no respeto incuestionable á vontade democrática das urnas.
E as urnas falaron. E dixeron que o PSOE lidera a alternativa ao PP en Cambados.
Ao longo de estes 28 anos, xuntos o PSOE e o BNG fixemos oposición aos desmáns do PP en Cambados, na Deputación, na Xunta e no Goberno central.
Eu son concelleira dende o 11 de xuño de 2011 e Voceira do grupo socialista dende septembro de 2012. Durante catro anos da miña vida, eu e os concelleiros do PSOE e do BNG estivemos en cada pleno presentando preguntas que Aragunde non respondía. Plantexando mocións e propostas que sabíamos que ían ser aplastadas polo rodillo do PP.
Días enteiros e semanas percorrendo Cambados rúa a rúa para coñecer de primeira man os problemas reais da xente da nosa vila e traballando en centos de reunións presentando alternativas que o PP non iba a aceptar. Fins de semana manifestándonos pola sanidade, polo ensino público, por defender o galego, contra a reforma laboral… e mes tras mes levávamos a loita de homes e mulleres ás institucións dominadas polo PP.
Se como moitos din agora eu quixese una silla, eu non militaría nun partido que leva 28 anos na oposición, e non collería as rendas dun partido nun dos momentos máis difíciles do Partido Socialista. Se a min me movese ostentar un cargo, militaría no PP.
Polo tanto en Cambados, non aceptamos leccions de compromiso co cambio político, nin o PSOE, nin eu, nin por descontado o BNG, de ninguén., e menos de xente que ten un pasado vinculado ao PP e que durante semanas dedicou os seus esforzos a enredar co único obxetivo de ter un sillón.
Temos a traxectoria, pero é que tamén temos os números que falan por si mesmos.
Os votos abriron a posibilidade dun cambio, en efecto, pero non de calquer cambio, os veciños e veciñas expresaron con claridade en votos e en concelleiros a que partido lle correspondía liderar unha maioría alternativa ao PP.
Entendín dende o primeiro momento que o cambio político sería plural, estou disposta a pactar un goberno de todos para cambiar o meu pobo, pero non a calquer prezo.
Eu, son socialista, creo na xustiza e no traballo, e costaríame moito mirarlles aos ollos aos 2702 veciños e veciñas que votaron ao BNG e ao PSOE e decirlles que o cambio en Cambados foi resultado dun chantaxe e una imposición e non do traballo de moita xente que se veu reflexado nos votos e nos escaños do día das eleccións.
Por eso chamo a recapacitación do último e o penúltimo partido en votos para que digan se queren cambiar Cambados ou polo contrario se van a ser cómplices, coa sua testarudez, de que o PP poida seguir gobernando o Concello, nos temos o compromiso e a traxectoria, eles ainda esta por ver.
O que non se pode permitir é que as minorías impoñan a súa vontade á maioría, é unha máxima en calquer democracia.


1 comentario:

jose dijo...

Moi ben feito,mellor 4 anos na oposicion que 4 anos ante as chantaxes de Cambados Pode,en 4 anos Fatima Abal alcaldesa,CAMBADOS FODE A GOBERNAR A ARMENTEIRA QUE DONDE VIVEN

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.