Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de junio de 2015

LUIS ARAGUNDE: “¿QUE FIXEN EU PARA MERECER AQUILO?”







CAMBADOS, 13 de xuño de 2055    12.30 PM
 ASILO DOS ANCIANS DESAMPARADOS DE CAMBADOS


-“Bos días, sígame, por favor, acompáñolle ata onde se atopa”
A brillante xornalista seguiu á monxa polos corredores do pazo de Montesacro, ata unha estancia, tipo salón, con diversos sillóns, ocupados por xente de avanzada idade, algúns deles parecían estar pendentes da televisión de hologramas en catro dimensións.
A monxa sinaloulle coa man unha esquina da habitación onde estaba sentado un vello solitario, de pelo canoso e que asemellaba falar só.
-“Como lle dicía, cando falamos  por teléfono, dende fai  anos, cada 13 de xuño, como hoxe, esperta moi cedo e ponse a chorar e a gritar coma un neno, creo que, despois de tantos anos, aínda non superou a perda da alcaldía”
A   xornalista, cambadesa de nacemento e filla, tamén,  de xornalistas non daba crédito ao que escoitaba; os feitos aos que se refería a monxa remontábanse a 40 anos atrás, en concreto ao 13 de xuño de 2015, o dia que o PP perdeu a alcaldía e pasou a mans do cuatripartito formado por PSOE, BNG, SOMOS CAMBADOS E CAMBADOS PODE.    
-“¿Que me está a dicir?, ¿que despois de tanto tempo  aínda non o superou” –preguntoulle a xornalista.
-“Compróbeo vostede mesma” respondeulle a monxa.
       A  xornalista achegouse  a onde estaba o ancián e tras coller unha cadeira próxima, sentouse ao seu carón.....
-“Bos días, don Luís, son  xornalista  e quería saber si lle podía facer unha entrevista”
A Luís brilláronlle os ollos e case tivo que reprimir as bagoas  ¡¡unha periodista quería facerlle unha entrevista!!, entón botou a memoria atrás e lembrou aqueles anos nos que non había semana  na que non saíse na prensa escrita ou  semana na que non fora á televisión local (non en vano invitaba, cada ano, aos seus directivos ao Xantar do Albariño para telos baixo corda) e, agora, moitos anos despois unha xornalista quería facerlle unha entrevista ......Luís enderezouse no seu sillón, adoptando unha postura mais solemne e díxolle a xornalista:
  • “Pregunte o que queira, supoño que quererá saber o éxito da miña brillante xestión os anos que estiven de alcalde”
A xornalista que, como xa mencionamos era tamén  filla de xornalistas, non puido reprimir un sorriso. Esta xornalista   comezou moi cedo a afeccionarse á que acabaría sendo a súa profesión, lendo todo os medios de comunicación, incluídos os blogs da época: “A Ti Meu Cambados”, “Cores de Cambados” e “AlzalavozCambados”  e, como non, tamén “Vivir en Cambados” (este último para aprender o que non debe  ser  nunca un comunicador: un “pelota” do poder); destes medios a aprendeu a sacar unha vea sarcástica e ácida,polo que respondeulle de inmediato ao ex alcalde:
  • “En realidade estou mais interesada en saber como un alcalde que tiña a tantos veciños no peto a base de enchufismos,  todo o apoio do seu partido, da Deputación, da Xunta, aos medios de comunicación dóciles grazas a  unha política xenerosa de subvencións e ate o apoio deste asilo de monxas, puido perder unhas eleccións e coa oposición, unicamente, de algúns veciños, uns partidos, ate entón, minoritarios e duns humildes blogs locais.    
A faciana de Luís cambiou  de súpeto, nomearlle aqueles blogs non lle gustara nada, os cabróns de Chon, Arturo e Marcos (e anteriormente Oscar dende “Cambados tk”) estiveron moito tempo meténdolle o dedo no chaga;, é certo que, na maioría dos casos, sempre dicían as cousas como eran pero, tamén recoñecía, interiormente, que foran un dos elementos que supuxo o seu maior desgaste; incluso aínda tiña que aturar a algún daqueles personaxes: fai uns días fora ao Centro de Saúde onde se atopou cun dos colaboradores, Ricardo “ o Canario”, que, dende que se xubilara, volvera de Catalunya e que, no medio do pasillo do Centro de Saúde berroulle: “¿¿que pasa Aragunde?? ¿¿ti tamén tes visita no urólogo?? ¿¿  tamén te  mexas  enriba?? ¿¿ou é que xa non se che pon dura??............... Aínda así respondeulle a xornalista intentando manter a calma:
  • “Supoño que tamén algo diso tería que ver como, tamén, o desgaste de 28 anos na alcaldía tamén pesarían”.


A xornalista espabilada coma ela soa respondeulle case de inmediato:
  • “Serian 28 anos pero vostede apenas estivo  6 anos ao fronte do mesmo”
Aragunde non soubo que contestar dende logo para el as cousas non volveron a ser o mesmo tras perder a alcaldía:  dende o partido esixíronlle responsabilidades e, buscáronlle unha saída “honrosa” , colocándoo  de deputado provincial, destino  como, anteriormente, o fora doutras mentes “brillantes” como,  por exemplo, Rosa Oubiña e xa nunca mais pintou nada na política local cambadesa. (tampouco é que antes tampouco representara moito)
A xornalista querendo baixar o ton da entrevista, cambiou de terzo e preguntoulle:
-“¿E como é a súa vida aquí, no Asilo, trátanlle ben as monxas?”


- “Non hai queixa, unicamente que cando hai eleccións as “hermanitas”  queren poñerme o voto na man, ¡que vicio teñen as jodidas! ¡hai cousas que non cambian aínda que pasen 40 anos!”    


  • “¿E recibe moitas visitas? Por exemplo ¿do seu ex asesor de confianza o sr. Manuel Galiñanes?
A faciana de Aragunde volveu cambiar, obviamente non lle gustou a pregunta pero mantendo a calma respondeu de inmediato:
  • “Ese enseguida colocouse de “asesor” doutro político como di o refrán:  Cando naces martelo do ceo chóvenche os cravos”
  • “¿Entón non recibe visitas dos seus antigos colaboradores?” – volveu a preguntar a xornalista.
  • “Alguén vai vindo”  - respondeu Aragunde- “ o que mais Locho (Eulogio Pomares) pero é como se non viñese,  ao rato de estar sentado, sempre quedase durmido.


A xornalista non puido evitar un sorriso, nese intre entrou unha  monxa  e indicoulle que xa era a hora da comida e por tanto debían de rematar, Luís lamentouno e a xornalista antes de rematar non quería marcharse sen lanzarlle un “piropo” envelenado:
-. “Polo menos non se poderá vostede queixar, don Luís, é o único alcalde que ten unha estatua na súa honra no pobo”


(Efectivamente existía tal estatua, a historia era ben sinxela: cando chegou o cuatripartito unha das primeiras decisións que tomou foi sacar a estatua de Fraga do Parque Torrado e un bodegueiro pepero  ofreceuse a mercala, cambiando a cabeza de Fraga pola de Aragunde e colocándoa na súa adega).


-“Certo polo menos hai alguén que recoñeceu os meus méritos” –contestou Aragunde.


A xornalista botou un sorriso pícaro e non dixo nada pero o que non sabia Aragunde, recluído como estaba no asilo, é que  dita estatua era diana de todo tipo de bromas i escarnios; a última unhas semanas atrás onde apareceu caracterizada como unha Drag – Queen portentosa e de xenerosos peitos.


UN SAUDO A TODOS!!!, RICARDO DOMÍNGUEZ REY
                


NOTA: ESTA HISTORIA É FICTICIA ( OU NON) EN CALQUERA CASO HABERÁ QUE ESPERAR CUARENTA ANOS PARA AVERIGUALO



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.