Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de junio de 2015

ALUMNOS DE FP FARÁN PRÁCTICAS REMUNERADAS NO EXTRANXEIRO







Uns 123 alumnos de 18 centros de Formación Profesional da provincia de Pontevedra poderán realizar, durante seis meses, prácticas remuneradas da súa especialidade en empresas e institucións europeas grazas a un proxecto da Deputación de Pontevedra, denominado "Practicum", para o que a Comisión Europea achegou un millón de euros. As prácticas comezarán nos primeiros meses do vindeiro curso, segundo explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
O programa "Practicum Depo 2015" está orientado a completar a formación dos mozos, a mellorar o seu dominio dos idiomas e a ampliar as súas posibilidades de inserción laboral.
 Os 18 centros participantes no proxecto son:18 centros de FP da provincia sumáronse a este proxecto para enviar a Europa 123 alumnos que realizarán prácticas de seis meses en empresas privadas ou organismos públicos de diferentes países, preferentemente de fala inglesa. Os bolseiros estarán nos seus destinos en agosto ou setembro ou, como moi tarde, nos primeiros meses do vindeiro curso académico.
  • Vigo: IES A Guía; Ricardo Mella; Centro de Artes Plásticas e Deseño Atlántico; Chapela; Politécnico, e Centro de Formación Divino Maestro.
  • Pontevedra: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán; IES A Xunqueira I, e IES Montecelo.
  • Ponteareas, A Granxa; Vila de Cruces, IES Marco do Camballón; Silleda, IES Pintor Colmeiro; Salvaterra de Miño, IES Salvaterra de Miño; Cambados, IES Francisco Asorey; Tomiño, IES de Tomiño; Marín, IES Chan do Monte; Sanxenxo, IES de Vilalonga, e Moaña, IES A Paralaia.
As prácticas están remuneradas. Desenvolveranse en países con mellores posibilidades de formación e práctica en cada unha das especialidades elixidas polo alumnado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.