Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de junio de 2015

A "FESTA MÁXIMA" SI FARÁ PARADA EN CAMBADOS





Algúns de vos, non moitos, pudéchedes leer nunha bitácora local que a festa de Máxima FM que se celebra en Cambados desde hai uns anos trasladábase a Pontevedra. O certo é que no cartel provisorio pon Pontevedra sen concretar o lugar, pero preguntando chégase a Roma.

Pois non, despois de contrastar informacións  e informarnos na propia emisora podemos asegurar que un ano máis a xira Máxima Open Air by Pepsi Max da famosa emisora de radio regresará á capital do albariño este verán. De feito, a organización busca unha nova situación tras descartar a do ano anterior, no porto de Tragove. O evento terá lugar o último fin de semana de xullo e contará con cinco  DJs.
Os concertos reunen unha gran cantidade de público amante das últimas tendencias en música de DJ e os seus creadores xa contactaron co novo Goberno local para que a xira volva ter parada en Cambados. Eso sí esta podería ser a derradeira edición.
Actualmente estase a buscar a localización máis idónea para celebrala, tras descartar a súa instalación na do ano pasado, na zona de Tragove. Con todo, está previsto que este asunto quede resolto en próximas datas e se dean a coñecer máis detalles nuns días.

Segundo a páxina web oficial de Máxima FM, a emisora organizadora do evento, o cartel de artistas con que contan para esta edición son: Jose AMVíctor MaganJose M Duro, Aina Maro e Arturo Grao.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.