Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de mayo de 2015

O CAMBADÉS JUAN GALIÑANES PRESENTA DUAS OBRAS NO FESTIVAL DE CANS





O Festival de Cans selecciona 20 videoclips a concurso nunha edición na que se inaugurará“O Muro dos Chimpíns” i entre as obras seleccionadas está  “Garden´s Road”, de Escuchando Elefantes, que dirixen Olga Osorio e o cambadés Juan Galiñanes, recentemente gañadores dun Premio Mestre Mateo na sua categoría.

Un 40% das pezas que forman parte da selección oficial de videoclips foron dirixidas ou codirixidas por mulleres. O xurado para escoller ao gañador estará 
formado por Juan Rivas,  Hendrik Röver,  Ángel Sánchez e presentadora da TVG Tati Moyano, que será a conductora da Noite de Clips. A Can Parade inaugurarase con un concerto de Hendrik Röver, mítico líder da banda de rock os Deltonos. O “Muro dos Chimpíns” convértese en novo espazo do festival para dedicarlle unha zona concreta aos veciños  que reciben o Chimpín de Prata (Premio Pepe Puime) en recoñecemento ao seu traballo e bo facer en Cans.

CURTAS A CONCURSO
Nesta duodécima edición do festival, na que soamente se aceptaron obras de directores e directoras galegas, reina unha asombrosa variedade de xéneros: dende o drama ata a comedia, a ciencia ficcion ou mesmo o videoterror. Competirán polo Can de Pedra vellos amigos de Cans como Ángel Manzano ou Juan Galiñanes e tamén haberá tempo de descubrir novos e prometedores realizadores/as como Carlos Martínez-Peñalver Mas ou Alejandra Sotelo. Ademais terán cabida obras en diferentes idiomas, rodadas en diversos lugares do mundo e incluso nos atreveremos a falar algo de “galinglish”. 19 curtas imperdibles!
Juan Galiñanes xunto coa sua compañeira Olga Osorio presentarán Restart

RESTART
2014 / 15’ / Galego

Dirección e guión: Olga Osorio
Montaxe: Juan Galiñanes
Produción:Juan Galiñanes e Olga Osorio (MIss Movies) en
produción asociada con Pixel Films e a Escola de Imaxe e Son.

Fotografía: Suso Bello
Música: Sergio Moure
Elenco: Marta Larralde
Vai de: Andrea está atrapada nun bucle temporal. ¿Logrará rompelo?
Xénero: Ciencia ficción
O detalle: Cans acollerá a estrea absoluta desta curta.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.