Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de mayo de 2015

ÉXITO DO VITAL SPORT NOS CAMPEONATOS GALEGO E NORTE DE ESPAÑA DA AEFF








Onte domingo 3 de maio celebrouse na localidade de Cambados (Pontevedra) o III Campionato Galego, e II Norte de España de A.E.F.F. (Asociación Española de Físico culturismo e Fitness), no que participaron unha trintena de competidores, Organizado polo Club Vital Sport Cambados e contando coa colaboración do Concello de Cambados e da Deputación de Pontevedra
O campionato desenvolveuse no Auditorio A Xuventude, de Cambados, rexistrándose un cheo completo. Iniciouse sobre as 10'00 horas e finalizou arredor das 13'30 horas, tempo no que se puideron ver sete categorías de competición, cinco delas do Campionato Galego e dous do Norte de España.
Os competidores do Equipo Body Sport Team, do que forma parte o Club Vital Sport Cambados, obtiveron un excelente resultado ao coroarse como Campións Galegos os deportistas Eloy González Costa, na categoría Men's Fashion Talla Alta e Micaela Santillán Nanín na categoría Bikini, a cal se coroou dúas veces como Campioa da especialidade ao volver competir tamén na categoría Norte de España e alzándose tamén coa primeira praza nesta categoría. O debutante Víctor Martínez Batalla, conseguiu o título de
Subcampión da categoría Men's Fashion Talla Baja. Na Categoría do Culturismo, o título de Campeón Norte de España da categoría levóuseo Francisco Iglesias, tamén pertencente ao Equipo Body Sport Team, pero proveniente do Ximnasio Gym Sport de Pontevedra, o cal tamén se encontra adscrito ao equipo antes indicado.



Nas anteriormete mencionadas e no resto de categorías, o resto de resultados de podio foron, para a categoría Femenina Shape, o título de Campioa Galega, foi para Esther Baio, do Revolution Team de Narón, e a segunda praza para Lupe Tojeiro, do mesmo equipo.
Na categoría Men's Fashion talla baixa, o título de Campión Galego foi para Paul Delgadoda Área Go Fit de Barro, e a terceira praza levóusea Maximino Rebollido, do Esqulture Team de Santiago de Compostela. Na categoría Men's Fashion Talla Alta, o título de Subcampeón adxudicoullo Gonzalo Eiras, da Área Go Fit e a terceira praza levoulla José MMouro, do Esqulture Team. Na Categoría Feminina Bikini, o Subcampionato correspondeu a Lidi Rey,
do Esqulture Team, e a terceira praza foi para Natalia Méndez, tamén do equipo Esqulture Team. Na categoría masculina Talle-Peso, o título de Campión Galego levóuseo David Bellas, do Revolution Team, o Subcampionato adxudicoullo o competidor do mesmo equipo Alberto Dopico e a terceira praza correspondeu a Marcos Lema, do equipo Guti Team da Coruña. Finalizada esta categoría, disputouse o Trofeo Norte de España da Categoría Bikini,
na que o título de Subcampeona foi para a competidora proveniente da Comunidade de Extremadura Anya Cavada e a terceira praza correspondeulle a Lidi Rey. Na Categoría do Culturismo, do que se disputou directamente o Campionato Norte de España o Subcampión da modalidade foi Raúl García, do Guti Team e a terceira praza levóusea Juan Carlos Painceira, do Revolution Team.


Cabe destacar o alto nivel de todos os competidores que participaron no Campionato facendo moi disputadas as prazas en cada unha das categorías e modalidades.



RESULTADOS
Fitness Shape
1ª Esther Bayo #2 Revolutions Team
2ª Lupe Tojeiro #1 Revolution Team
Men Fashion Talla Baja
1º Paul Delgado #10 Area Go Fit
2º Víctor Martínez #11 Body Sport
3º Maximino Rebollido #14 Esqulture
4º Jose C.Pereiro #12 Esqulture
5º Adrián Suárez #9 Esqulture
6º Kevin Martínez #13 Esqulture
Men Fashion Talla Alta
1º Eloy González #7 Body Sport
2º Gonzalo Eiras #17 Area Go Fit
3º José M.Mouro #16 Esqulture
4º Esteban Fraiz #15 Esqulture
5º Damián Diéguez #8 Body Sport
Bikinis (Gallegas)
1ª Micaela T. Santillan #25 Body Sport
2ª Lidi Rey #21 Esqulture
3ª Natalia Méndez #19 Esqulture
4ª Ilenia Candelaria #22 Esqulture
5ª María Escaris #23 Esqulture
6ª Sara Baquero #20 Esqulture
Talla Peso
1º David Bellas #4 Revolution
2º Alberto Dopico #5 Revolution
3º Marcos Lema #6 Guti Team
Bikinis Norte de España
1ª Micaela T. Santillán #25 Body Sport
2ª Anya Cavada #24 Extremadura
3ª Lidi Rey #21 Esqulture
4ª Natalia Méndez #19 Esqulture
5ª Ilenia Candelaria #22 Esqulture
6ª María Escaris #23 Esqulture
7ª Sara Baquero #20 Esqulture
Culturismo Norte de España
1º Francisco Iglesias #29 Body Sport
2º Raúl García #31 Guti Team
3º Ángel Painceiras #32 Revolution
4º Ihova Elich #28 Extremadura
5º Manuel Demanuel #30 Guti Team






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.