Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de mayo de 2015

ÉXITO DE "EL CLUB DE LA COMEDIA" ONTE EN CAMBADOS





"El club de la comedia" é un programa de monólogos que pasou por varias canles de televisión e onte pasou polo Salón da Sociedade Cultural, como outras veces.
A pesares do ambiente e dos monologuistas non houbo o cheo doutras veces, contando que entre o público había xente da bisbarra e incluso da outra banda da ria.

Empezou a actuación, retransmitida via twitter por JJ "Selfies" Durán, Louzán "herba artificial", antes falara Cores Tourís, pero a pouca gracia que ten deixou ao público frio. Comentou Louzán que... «Hai que pedir o voto a todos os que teñan dúbidas», referíndose supoñemos que as dúbidas quedan despexadas nas Pousadas do Salnés. E referíndose a "Cultural" unha sociedade privada.. "Esta sede está muy bien adornada. Se nota que la Diputación hizo esta obra", costando o dobre do presupostado cos cartos de todos e a que non se pode acceder sin ser socio.
Continuou Ana Pastor, non a periodista, a "menestra galega" que non fala galego, aínda que un dos chistes de onte si o dixo en galego, «Hai que dedicarse a traballar», eso pódello decir a Bárcenas, Lapuerta, Rato ou Blesa entre moitos outros, pero a esos non llo dí.
Pero  o chiste que máis risas sacou foi... "Pues incluso traeremos el AVE si seguimos gobernando" e quedouse tan pancha. Como chiste, un 10 sen duda.

Sigueulle no turno Alberto "amigo Dorado" Núñez Feijóo soltou perlas como o PSdeG, «que inaugurou a autovía que estamos pagando nós», me parece que as estamos pagando todos ao igual que a Cidade Da Cultura ou as famosas Pousadas. Tamén dixo do BNG, «o tonto útil que lles regala as alcaldías ao PSOE», supoñemos que Monago, pensará o mesmo de I.U. que lle dou o governo da sua comunidade.

O prato forte como non tiña que ser, Sisí, Aragunde que usou o recurrente chiste da praia, pero que agora ubicou noutros puntos.... "creación de sendas praias fluviais en Oubiña e Covas de Lobos", o proxecto do Pombal xa non se vai facer? (promesa do 2007 e 2011).

Volveu contar o mesmo que dixo o dia antes en TeleCuncha,  do BNG dixo que o “único que fixo” foi “poñernos no mapa como un dos concellos máis maleducados”.Non lembra que o seu amigo Matas púxonos no mapa da corrupción Da candidata do PSOE, Fátima Abal, dixo que “da súa capacidade de xestión non sabemos nada” e acusouna de querer “xudicializar a vida política”, todo esto pola sua falla de transpariencia e total oscurantismo ao que nos ten acostumados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.