Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de abril de 2015

SOMOS CAMBADOS APROBA A CANDIDATURA QUE ACOMPAÑARÁ A TINO CORDAL NAS MUNICIPAIS DO 24 DE MAIO.






A Asemblea da Plataforma veciñal Somos Cambados elixiu e aprobou na tarde deste sábado a candidatura para as próximas eleccións do 24 de maio, composta por 14 mulleres e 13 homes, cun total de 27 persoas entre candidatos e suplentes, que é o máximo que establece a Lei Orgánica do Réxime Electoral.

Como xa é coñecido, o candidato á Alcaldía é o profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Vigo, Tino Cordal.  Casado e con dúas fillas, é natural de Fefiñáns aínda que reside en Oubiña. Estudou no Colexio Antonio Magariños, Salesianos de Castrelo, Instituto Ramón Cabanillas, Universidade Complutense de Madrid (licenciatura e doutoramento en Ciencias Políticas e Socioloxía), Universidade de Santa Cruz, California (relacións internacionais) e Universidade Católica de Lovaina, Bélxica (máster en administración pública). Tamén realizou estadías de investigación nas universidades de Leiden (Holanda), Moscú, La Habana, Budapest e durante un ano na Universidade de Minho en Braga (Portugal).  Exerce como profesor e investigador na Universidade de Vigo dende 2004, onde é secretario do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, e coordinador de prácticas do grao en Dirección e Xestión Pública.

Os demais integrantes da candidatura veciñal Somos Cambados son: Xurxo Charlín, empresario e membro do Colexio de Economistas e Titulados Mercantís; Esther Castro, Licenciada en Historia do Arte e Diplomada na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia; Silvia Vozza, operaria dunha conserveira de Cambados; Antonio Sineiro, taxista de Cambados; Xan Galbán, cociñeiro e empresario; Inma Castro, Licenciada en Filoloxía Galega e Guía Turística; Rita Mosteiro, Técnico Superior en Imaxe e Son; Antón Cordal, Director Administrativo dunha Depuradora de Castrelo; Rubén Casais, armador e mariñeiro de artes varias; Mª Teresa Bugallo, mariscadora de San Tomé; Natalia Rodiño, Protésico Dental e profesional do sector sanitario; Xesús Castro, empregado de hostalería e músico en grupos locais; Oscar Paz, albanel e agricultor de Oubiña; Mabel Falcón, Licenciada en Tradución e Interpretación e profesora de idiomas de Vilariño; Juan Carlos Martínez, mariñeiro e armador; e, pechando a lista, Maribel Iglesias, profesora de Xeografía e Historia no Instituto Francisco Asorey.

A candidatura complétase con 10 suplentes, o máximo establecido pola LOREG, cuxos integrantes, ao igual cos dezasete titulares, son persoas que participaron nas asembleas e nas redes sociais e se inscribiron para formar parte da mesma. Cabe destacar que, a pesar de dispoñer dun prazo moi limitado de tempo, logrouse elaborar unha lista electoral ampla, plural e representativa de Cambados; incluíndo aos colectivos sociais, culturais e veciñais. Tamén contamos con persoas de diversos sectores profesionais e cun adecuado equilibro territorial entre o núcleo urbano e as parroquias.O número de veciños dispostas a formar para da candidatura desbordou todas as previsións, non podendo incluílas a todos na mesma.

Dende Somos Cambados queremos expresarlle o noso agradecemento  a todos os veciños e veciñas que amosaron a súa vontade e disposición para formar parte da Candidatura de Somos Cambados, a Candidatura de Tod@s.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.