Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de abril de 2015

O XUVEN COMEZA HOXE O PLAY-OFF DA ILUSIÓN







Por segunda campaña consecutiva, o Zornotza ST afronta un playoff polo ascenso ao que chegarán coa importante experiencia que supuxo o enfrontamento do pasado curso fronte ao CB Prat. Unha fase á que o equipo de Mikel Garitaonandia chega no que probablemente sexa o seu mellor momento da tempada tras culminar unha magnífica segunda volta na que aseguraron un factor cancha realmente importante. E máis se temos en conta o precedente dun encontro no que se impuxeron por unha vintena de tantos a un Xuven Cambados cargado de ilusións de cara á súa estrea. Os de Yago Casal saben que o reto será complicado pero non imposible polo que tratarán de sorprender o seu rival para poder inverter o factor cancha. Coa defensa como principal arma, os galegos non renuncian a nada e contarán de novo con Charles trala sua lesión.

Data e hora: Martes 28 - 19:30 h. / FEBtv

Precedente Liga J.15: Zornotza ST vs Xuven Cambados (74-55)




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.