Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de abril de 2015

O BNG PRESENTA AS SUAS PROPOSTAS URBANÍSTICAS







Propostas para un modelo urbano pensado para as persoas
A pasada semana escoitábamos a Aragunde, nos medios de comunicación, falar das súas  dúbidas sobre a peonalización da Praza de Fefiñáns. A día de hoxe semella un pouco ridículo dubidar das posibilidades de contar cun entorno como a Praza de Fefiñáns e seguir desprezándoo  como estrada e aparcamento. Como exemplos de que a peonalización dos cascos urbanos potencian o pequeno comercio e a hostalería, todos os que se queiran. Cambados é un pobo con moitas posibilidades, sendo o turismo unha  opción que, sen dúbida, se transformaría nun claro motor económico coa peonalización da Praza de Fefiñáns e dalgunhas rúas próximas, actualmente semipeonís. Nin sequera estamos a falar dunha cuestión de valentía política senón de aplicar o sentido común para construír un concello pensado para as persoas e cunha economía que axude crear novos postos de traballo. O BNG, neste aspecto, non ten ningunha dúbida.

A nivel urbanístico, o BNG de Cambados ao igual que o está a facer en todo o país, defenderá a necesaria racionalidade no proceso de ordenación do territorio que permita estabelecer un modelo territorial sustentable que garanta o equilibrio territorial, o desenvolvemento urbanístico racional e a protección do patrimonio, o medio ambiente e a paisaxe. A política urbanística será acorde coas necesidades reais da poboación, favorecendo a creación de terreo urbano onde sexa preciso e non en función dos intereses de grupos inmobiliarios.
O BNG aplicará unha política urbanística concibida como un instrumento ao servizo do interese xeral e público en base a transparencia e participación, sostibilidade, racionalidade, equilibrio territorial e equidade, con reparto equilibrado de cargas e beneficios.
E entre as nosa prioridades está a de redactar un PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL que resolva os problemas máis urxentes de Cambados: terreos urbanizables, aparcamentos, remate de rúas sen saída, viais de circunvalación, consolidación de núcleos rurais existentes, dotación de terreos para vivendas sociais e protexidas, zonas de protección medioambiental, terreos para dotación de servizos públicos, conservación do patrimonio e accesos a centros de ensino.
O BNG tampouco se esquecerá da  revisión do PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ORDENACIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO, adaptado á singularidade dos tres núcleos históricos de Cambados e ás necesidades da poboación.

E, así mesmo, dentro das propostas de carácter urbanístico do noso programa tamén estarán:
-Elaborar un programa de vivenda que contemple convenios coa administración galega, a creación de solo para vivendas sociais, a rehabilitación de vivendas, a renovación de espazos urbanos, a recuperación de núcleos rurais, actuación en infravivendas…
-Promover a rehabilitación e mellora das vivendas, especialmente nos núcleos rurais e no casco histórico.
-Peonalización da Praza de Fefiñáns e recuperación da antiga escalinata da Igrexa de Fefiñáns.
-Mellora do espazo urbano: facilitar a mobilidade peonil ampliando os seus espazos de uso, eliminar as barreiras arquitectónicas, mellorar a limpeza…
-Reclamar a propiedade municipal para a Calzada e a Alameda de San Tomé, afectadas por Costas.

-Realizar un Plan de Ordenación de Tráfico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.