Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de abril de 2015

O ABANDONO DE INSTALACÓNS NON É EXCLUSIVO DE CAMBADOS






O Armenteira C.F. ven de estrear web a modo de blog co que pretenden informar a socios, xogadores afición e amigos así como a outros equipos das novedades que vai xerando o clube de Meis. 
Nesta web podes atopar os resultados e crónicas dos equipos da entidade, enlaces as redes nas que están (Facebook e Twitter), historia do clube ou como contactar con eles. 
Tamén queren facer desta web unha ferramenta para reinvindicar unhas melloras máis que necesarias no campo de fútbol de O Leixo, que se atopa nun estado bastante deplorable.

Como podedes observar nas fotografías as porterías están oxidadas, así como as barandillas, que están rotas e da pena velas.

Ademais, parece ser que como teñen a canceira moi preto deles os cans abandonados moitas veces campan as súas anchas polo campo, podendo ser perigosos e facerlle dano a alguén, así como causar enfermidades xa que poden morder, mexar e cagar polo campo de fútbol. E xa postos, vemos como o concello contribúe ao feismo nacional utilizando como porta un somier!
Como sempre, as autoridades pasan de todo o que non dea cartos ou votos,  parece unha vergoña que os nen@s da Armenteira teñan que xogar ao fútbol nun sitio así.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.