Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de abril de 2015

NOVA ASEMBLEA DE SOMOS CAMBADOS




SOMOS CAMBADOS CELEBRARÁ ESTE VENRES 10 DE ABRIL UNHA ASEMBLEA PARA ELIXIR O CANDIDATO OU CANDIDATA A ENCABEZAR A LISTA ELECTORAL NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS E APROBAR O PROGRAMA ELECTORAL

A plataforma cidadá Somos Cambados vai celebrar este venres 10 de abril, ás 20:00 horas no Salón de Actos de Exposalnés, unha asemblea para elixir o candidato ou candidata a encabezar a lista electoral nas vindeiras eleccións municipais, e na que tamén se exporá, para a súa posterior aprobación, o programa electoral que inclúe as propostas da propia asemblea e as aportacións feitas polos veciños de Cambados nas redes.
Dende Somos Cambados pensamos que os veciños e veciñas da nosa vila somos os que temos que dar un paso adiante na situación na que nos atopamos. Neste sentido, estamos moi contentos coa participación que se foi tendo ao longo deste proceso, así como coa cantidade de xente que se anotou para participar activamente tanto na lista electoral como na elaboración do noso programa.
Nesta asemblea imos aprobar un Programa Electoral no que se plasman as propostas realizadas por parte dos veciños e veciñas de Cambados, tanto a través das asembleas realizadas ata o de agora, como as numerosas propostas que nos fixeron chegar a través das redes sociais. Un programa no que se definen as prioridades dos veciños de Cambados nestes momentos: axudar ás persoas que máis o precisan e que están a sufrir
os efectos da crise económica, e loitar contra a lacra do desemprego para que a xente poida vivir con dignidade do seu traballo. Así, a nosa maior preocupación á hora de plasmar tódalas propostas que nos foron chegando polas distintas vías habilitadas, era, sobre todo, realizar un Programa Electoral viable, unha vez que se analizou polo miúdo a situación económica do Concello de Cambados. Analizamos unha por unha as propostas se poden facer realidade e de onde se van sacar os fondos para realizalas, sen ter que aumentar a carga impositiva tan afógante que estamos a sufrir durante estes anos, e sen incrementar a débeda pública local que endebedaría ás vindeiras xeracións.
De nada serve falar ou prometer medidas que despois non se poden cumprir ou facelas a costa de endebedar as arcas públicas. Para despois ter que aplicar recortes xustificando este endebedamento, como levan facendo lexislatura tras lexislatura nas distintas administracións publicas os partidos políticos que agora nos queren vender solucións á desfeita que eles mesmos provocaron, pero que ten que sufrir a maioría social que pretenden representar.
Por último, tamén se vai proceder á elección do candidato ou candidata a encabezar a lista electoral de Somos Cambados, na que, por primeira vez na historia da democracia de Cambados, se abriu un espazo de participación cidadá onde calquera veciño ou veciña pode optar a ser candidato ou candidata, sen formar parte dunha organización política, e no
que a súa elección vaise realizar directamente polos propios veciños e non por órganos de partidos políticos. Un cambio na forma de facer política en Cambados, que está a transmitir ilusión e a necesidade de consolidar un espazo de representación cidadá no que cada vez máis xente participa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.