Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de abril de 2015

JUAN GALIÑANES ACADA UN MESTRE MATEO





Juan Galiñanes xunto con Olga Osorio acadaron un dos premios Mestre Mateo que se entregaron onte nunha gala amena e reivindicativa.
Mellor vídeo-clip por "Garden´s Road" do grupo Escuchando Elefantes.

“Os Fenómenos”, cun total de 4 premios, e “A Esmorga” con 6, comparten o triunfo na XIII Edición dos Premios Mestre Mateo. “Os Fenómenos”, de Alfonso Zarauza, acadou os premios a Mellor Longametraxe, Mellor Guión, Mellor Dirección e Mellor Interpretación Feminina de Reparto. “A Esmorga”, de Ignacio Vilar, triunfou especialmente nas categorías técnicas, levándose os premios a Mellor Interpretación Masculina Protagonista, Mellor Dirección de Arte, Mellor Dirección de Fotografía, Mellor Música Orixinal, Mellor Vestiario, Mellor Maquillaxe e Perruquería. O outro filme favorito, “Schimbare”, finalmente acadou os galardóns de Mellor Dirección de Produción e Mellor Son. Outro dos grandes gañadores da noite foi Antonio Durán “Morris”, que acadou os dous premios polos que competía: Mellor Interpretación Masculina Protagonista por “A Esmorga” e Mellor Interpretación Masculina de Reparto por “Códice”. A XIII edición dos Premios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.