Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de abril de 2015

CAMPEONATO GALEGO E N. DE ESPAÑA DE FISIOCULTURISMO E FITNESS





O vindeiro 3 de maio Cambados acolle o terceiro campionato galego e norte de España de físicoculturismo e fitness, no que participarán preto de trinta competidores que, ademais, busca dar a coñecer este deporte.
Cambados súmase á lista de vilas que acollen citas deportivas. Esta disciplina chega a Cambados pola iniciativa dun ximnasio da vila, o VITAL SPORT que estará representado por catro deportistas. Colaboran na organización o concello e a Deputación. O campionato cubrirá diferentes categorías deste deporte que, aseguraron, aposta pola disciplina e a saúde. As probas arrancarán ás 10 da mañá, e está previsto que se coñezan os gañadores se coñezan ao mediodía.

Se queres asistir ao evento podes recoller as entradas en Esqulture Shop Santiago, Ximnasio Vital Sport de Cambados e Mister Nutrición en Vilagarcia e Body Sport de Pontevedra.
O Club Vital Sport de Cambados nado no Ximnasio do mesmo nome está a colleitar nos últimos tempos cantidade de medallas e títulos en Campeonatos a nivel galego. Uns 130 membros compoñen o Clube. Esta é unha das iniciativas que organiza o Ximnasio ao longo do ano.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.