Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de abril de 2015

CAMBADOS CELEBRA O DIA DO LIBRO







O vindeiro 23 de abril, é o Día do Libro, e Concello de Cambados pretende, como vén sendo habitual,  facer estensible a toda a semana dita celebración. Grazas ao programa Ler Conta Moito na biblioteca casa dos Fraga e axencias de lectura das parroquias, dende o luns contarán coa sesión de Contacontos “Contos ao revés” de Xanela Ocio.
Trátase dunha actividade de animación á lectura dirixida sobre todo aos máis cativos da casa para fomentar a igualdade e o respecto, onde se amosarán historias onde as bruxas son boas e os príncipes, feos... A sesión duns 50 minutos aproximadamente terán lugar ás 18.00 horas, e dende o Concello convidan a todas as familias que o desexen a asistir. A actividade, que promete ser divertida, é de balde ata completar aforamento.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.