Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de abril de 2015

A CONFRARÍA APURA AS SUAS OPCIÓNS







O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou unha dilixencia final no caso da suposta fraude de subvencións denunciada a raíz da construción do barco Tragove, ordenada pola Confraría de Cambados. Esta última dilixencia consiste nunha nova avaliación pericial, por parte dun enxeñeiro naval independente, do investimento do proxecto de construción da embarcación, que recibiu no seu día unha importante subvención da Consellería do Mar.

O obxectivo que perseguen os asesores xurídicos do pósito de Cambados é evitar que a confraría teña que facer fronte ao pagamento de máis de 100.000 euros, unha cantidade que deixaría á institución en situación de insolvencia. A dilixencia solicitada polo TSXG realizarase no prazo aproximado de vinte días.


Ante a imposibilidade de facer responsables xudicialmente ao anterior equipo directivo e a empresa constructora do barco a chamada "candidatura da regeneración", obtou por esta vía, pero sin descartala nun futuro.

O tribunal incorporará os datos ao expediente para emitir unha resolución sobre o caso, unha vez realizada a avaliación polo perito.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.