Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de marzo de 2015

UN NOVO ESPECTÁCULO DOS BOLECHAS CHEGA A CAMBADOS






Sábado, ás 18 horas. Auditorio da Xuventude. O Concello de Cambados, integrante da Rede de Dinamización Lingüística, acolle este sábado (18 horas) no Auditorio da Xuventude, un novo espectáculo de Os Bolechas dentro do programa FalaRedes.  A actividade vai destinada sobre todo a escolares de entre 4 e 8 anos de idade.
Os Bolechas achegáronse por vez primeira a Cambados en 2010, con motivo da publicación dunha entrega do autor Pepe Carreiro dedicada á Vila do Albariño. O libro conta unha aventura onde o principal protagonista é o cadelo Chispa, a quen lle da unha tolería e volve tolos a outros personaxes.

“OS BOLECHAS NA MÁQUINA DO TEMPO”
Os Bolechas atopan un estraño aparello que non recoñecen ata que Braulio cae na conta: é unha máquina do tempo! Alguén terá que estreala, pero todos teñen medo de meterse nela, así que bótano a sortes e tócalle a Carlos e a Pili probar a estrambótica máquina. Os dous irmáns métense nela e Braulio preme os botóns para mandalos ao futuro: van saír feitos uns mozos! E así é. A máquina do tempo funciona!
Mais Carlos e Pili non queren ser maiores; teñen as pernas e os brazos moi longos e a cabeza moi grande… e a Carlos mesmo lle saíu barba. Agggg! Queren volver a ser nenos, así que usarán de novo a máquina para volver atrás. Entón aparece o dono do aparato, o doutor Apolodoro, un científico turuleque ao que non lle gustan nada os cativos e non quere que Os Bolechas volvan a ser nenos, así que estraga a máquina e os dous irmáns aparecen… na Prehistoria!
Como van volver agora os irmáns ao presente? Van precisar a axuda de 
todo o público para faceren unha loooonga viaxe ata o momento actual.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.