Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de marzo de 2015

"SOMOS CAMBADOS" PRESÉNTASE O VINDEIRO SÁBADO






Dende Somos Cambados convidamos aos nosos asinantes, simpatizantes e a todos os veciños e veciñas a participar da Asamblea que celebraremos o vindeiro Sábado 21 de Marzo, as 18:00 no salón de actos Exposalnes, no Paseo da Calzada.
Nesta Asamblea pretendemos dar a coñecer Somos Cambados, da plataforma cidadán Somos Maioría, e seguir sumando esforzos, así como comezar a perfilar unha candidatura cidadán en Cambados coa que estamos estudando participar nas vindeiras eleccións municipais.

Como reza o manifesto de Somos Cambados, “Somos maioría as persoas que queremos cambiar as cousas. Que queremos facer deste país, un lugar digno no que pague a pena vivir, no que as nosas fillas e fillos teñan futuro e no que a xente teña, de verdade, a palabra e a decisión”. Polo que convidamos a participación nesta Asamblea aos veciños e veciñas de Cambados que queiran mudar as cousas en Cambados. 
Queremos unha Candidatura Cidadán na que os protagonistas sexan as persoas, e que non estamos dispostos a tolerar a desigualdade, o retroceso das condicións de vida dos máis para que uns poucos se enriquezan, o espolio e a privatización dos nosos recursos naturais e a degradación dos nosos sinais de identidade. A unidade non é para nos un recurso retórico senón un recurso natural, o máis valioso das xentes e dos pobos que non se resignan ante a inxustiza e a corrosión a que están sometidos os dereitos e o roubo de espazos de benestar laboriosamente construídos. Non queremos substituír ningún partido nin ningunha organización. Só pretendemos, dende unha posición de democracia militante, alentar un proceso que rescate a esperanza, a ilusión nos veciños e veciñas de Cambados, e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social.

Os membros Somos Cambados, os asinantes do manifesto Somos Maioría veciños de Cambados, no que participan membros de Podemos Cambados, outras organizacións políticas e cidadáns sen adscrición política algunha, entre outras persoas relevantes de Cambados, tentaremos traballar nun fronte común para poder artellar xunto cos veciños que queiran participar, unha Candidatura Cidadán que sexa quen de dar o paso de presentarse as vindeiras eleccións municipais. A intención é conseguir a maior participación posible, que
todas e todos os que queremos cambiar Cambados, e teñamos un espazo para facelo. 
Dende Somos Cambados chamamos á participación para converter Cambados nunha vila prospera, participativa, e poder chegar a ser o “Vento Mareiro” que sexa quen de entrar polas fiestras e xanelas do concello de Cambados, para dar unha maior transparencia e un aire novo na política local.

Ven é participa, fálanos do que che preocupa, de que queres para Cambados.
É a hora de cambiar. É a hora da cidadanía.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.