Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de febrero de 2015

O I.E.S. ASOREY ACADA OUTRO PREMIO







Deseñar e construír un robot que realice tarefas obedecendo as nosas ordes. Este é o desafío que teñen por diante os máis de 1.300 estudantes de toda Galicia que esta semana compiten no Concurso galego de robótica que se está a celebrar na Fundación Barrié da Coruña.

Non precisan coñecementos de electrónica nin de programación. Un kit lego é o punto de partida para deseñar e construír un robot. 

O concurso galego de robótica busca espertar o interese dos mozos pola ciencia. "A min gustaríame estudar unha enxeñaría, algo relacionado coa informática, electrónica ou algo así"

Os gañadores déronse a coñecer este venres. 





E o  IES Francisco Asorey de Cambados ven de gañar o VII concurso galego de Robótica. O premio entregarase esta tarde na Sede da Fundación Barrié da Coruña.  
Os gañadores do VII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, organizado pola Fundación Barrié e a Institución Galega da Ciencia  (IGACIENCIA) na Coruña esta semana son:


Categoría de Bacharelato /ciclo medio:
1º Premio           IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra)
2º Premio           IES Perdouro de Burela (Lugo)
3º Premio           IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)

Categoría de Educación Secundaria (ESO)
1º Premio           IES A Cachada de Boiro (A Coruña)
2º Premio           IES nº 1 de Ribeira (A Coruña)
3º Premio           IES Agra do Orzán (A Coruña) empatado con IES Eusebio da Guarda (A Coruña)

Categoría de Educación Primaria (EP)
1º Premio           CEIP de Cervo (Lugo)



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.