Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de febrero de 2015

DOUS VECIÑOS DO SALNÉS MORTOS EN INGLATERRA







Dous traballadores do Salnés morreron nun accidente de tráfico en Inglaterra. Un camión que ía en dirección contraria levounos por diante. Tamén hai un ferido, que está en coidados intensivos.
Estaban a piques de chegar a obra cando nun cambio de rasante se atoparon de fronte un camión. 

Ao parecer o camioneiro, de nacionalidade portuguesa, acababa de saír da mesma obra a ónde ían as vítimas e ía polo carril contrario por despiste, xa que nas illas británicas conducen de xeito distinto ao continente. 

O condutor da furgoneta tentou evitar o golpe e o impacto donou a parte dereita do vehículo. Os dous primeiros ocupantes dese lado faleceron. O terceiro foi evacuado en helicóptero ao hospital. 

A familia que vive en Aios, Sanxenxo asegura que está ben dentro o que cabe. Ten un golpe na cabeza do que foi operado onte e hoxe estaba previsto que lle operasen un pulso que ten roto. Esta en coidados intensivos para vixiar a súa evolución, pero estivo consciente e puideron falar con el. Tamén ten varias vertebras afectadas no pescozo.



A empresa Inelsa vencellada a outra xemelga adícase a instalación de paneis fotovoltaicos, asegura que ten xente traballando para traer a Galicia os dous falecidos.

Un deles é de Sanxenxo coñecido por ter una empresa de camións hai anos e outro de Meis.

O condutor do camión e un acompañante que ía con el, de nacionalidade inglesa, acabaron detidos pola policía segundo varios xornais británicos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.