Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de enero de 2015

VICTORIA CÓMODA DO XUVEN





O único triste onte foi o minuto de silencio gardado por unha rapaza morta en Canarias mentras xogaba un partido de basquet.

Non foi o mellor Xuven na LEB Plata, pero sen dúbida o partido de onte foi o máis fácil de xogar.
Lucas Vaquero tivo  unha actuación sobresainte. A intensidade dos locais desarmou ao Araberri desde o comezo ata aue se cumpreu o minuto corenta. A defensa exercida polo Xuven foi chave para gañar e coa axuda dun inspirado Vaquero todo foi máis sinxelo. O escolta fixo honra ao seu apelido e parecía un vaqueiro e pistoleiro do oeste americano que desenfundaba para meter canastra tras canastra. O partido xa no descanso quedou visto para sentenza, xa non so polo marcador, 55-33, senón polas sensacións duns e doutros.
Destacar tamén a estrea do internacional cabo-verdiano, de 29 anos, que deixou na semana pasada o Apollon Limassol de Chipre para reforzar ao Xuven, contribuiu con 13 puntos en 13 minutos.

Xuven: Juanchi (2), Sergi (5), Tim (14), Charles (16) y Placide (12) —equipo inicial—, Lucas (18), Joel (13), Alberto (6), Erik (5) y Mike (5).
Araberri: Blount (10), Villarejo (7), Sedekersis (6), Uriarte y Yates (14) —equipo inicial—, Ortega (2), Martínez (11), Arcelus (4), Buesa (4), López y Sastre (4).
Parciais: 24-11, 31-22 (55-33), 18-11 (73-44) y 23-18 (95-62).
LOPEZ CORDOBA, JOSE LUIS - TORRES SANCHEZ, JAVIER. Sinalaron vintecatro faltas ao Xuven e vinte ao Araberri.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.