Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de enero de 2015

O CLUB CAMBADES DOS “COME – PIROLAS”




DA SERIE:  ENTRAÑABLES PERSOAXES QUE TE PODES ATOPAR POLO POBO


Ricardo Domínguez
O CLUB CAMBADÉS DOS “COME–PIROLAS”  

POR RICARDO DOMINGUEZ REY


Hoxe, queridos amigos, quería falarvos dunha figura típica da paisaxe  cambadesa; unha figura que, a medida que o PP levaba gobernando mais e mais tempo en Cambados, creceu en cantidade e calidade e que  non é outra que a figura do “Come Pirolas” cambadés.
O primeiro de todo debo aclarar que o nome non ten, en absoluto, ningún matiz sexual nin pornográfico;  cando falo de “Come Pirolas” non me refiro a que alguén  (xa sexa home ou muller)  practique a  succión ou felación do membro masculino dun terceiro senón que a expresión é unha metáfora dunha persoa rastreira, pelota co poder para intentar acadar un beneficio  de dita relación e  para tal fin non lle importará deixar atrás ideoloxías, crenzas ou, mesmamente,  amizades;  o importante para o “Come Pirolas”  é lograr o seu beneficio propio. Si aínda así algún cabaleiro e, sobre todo, algunha señora síntese molesta por tal expresión laméntoo na alma pero considero que a palabra é  a mais acertada.  
¿Queredes saber  o que me molesta a min realmente? A min o que me molesta    é que haxa rapaces moi preparados que están no paro ou que  teñen  que emigrar porque non son fillos de algúns dos “Come Pirolas”  que  si acaban enchufando aos fillos  no Concello, na Deputación ou en calquera outro organismo ou empresa “amiga”; a  min  o que me molesta realmente é  que, por un lado, o Concello diga que non hai cartos para as axudas escolares das familias mais necesitadas  mentres  por outro non lle importa gastar un “pastón” na estatua dun ministro ex franquista soamente para contentar a catro “Come -Pirolas”; a min o que me molesta  realmente é escoitar nunha entrevista ao alcalde dicir que moitas veces  cando os veciños  vanlle contar os seus problemas económicos por mor da crise fai que se sinta tan mal que iso lle quita as ganas de comer por non poder facer nada e, despois, ver como se gastan miles e miles de euros no Xantar do Albariño  para invitar a ducias, por non dicir centos, de “Come Pirolas”  que, en todo o ano,  soamente se lembran de Cambados ese dia.  A min o que me molesta  realmente é  ver a xente no meu pobo   durmindo en caixeiros automáticos ou rebuscando comida nos contenedores do lixo  e ver que o Concello apenas inverte en políticas sociais  e, por riba, escoitar a catro “Come  Pirolas”   como escoitei dicir   que non importa “que  total, soamente, son xitanos e indixentes”.  
Pero volvamos ao tema que nos  ocupa hoxe:  o club dos “Come Pirolas” cambadeses; “Come Pirolas”  hai moitos e aquí veremos algúns,  e   vamos a comezar por un dos mais representativos  por non dicir o mais grande de todos eles   e que non é outro que  Fulares.
De Fulares xa temos  falado “largo e tendido”  pero é que o personaxe en cuestión, como acabamos de dicir,   é o exemplo mais representativo do “Come Pirolas” cambadés; unha persoa de esquerdas e progresista na súa xuventude que, no colmo do cinismo,  un dia comezou a facerlle “a rosca” a Aragunde, a ser o seu “perrito faldero” e, grazas a iso,  aí o tedes hoxe en dia, ben colocadiño, cobrando tódolos meses  uns 2.000 euros  aínda que non saibamos  moi ben a que se dedica;  tamén, por extensión, parentesco e  mimetismo podemos darlle a o título de “Come Pirolas”  a súa parella, pois ela tamén está ben “colocadiña” como non podía ser de outra maneira e que, tamén, no seu caso, ainda non saibamos que méritos fixo para lograr tal posto.   
Tamén entra nesta clasificación de “Come Pirolismo” ese funcionario que un bo dia cambiou de partido político como quen cambia de calzóns e  xurou fidelidade eterna á dereita; quizais, por iso, ese funcionario tiña o “salvoconduto”  para marcharse do seu posto de traballo a unha da tarde e retornar “ben cargadiño” as dúas e media, xusto para fichar e marcharse para a  casiña; un “Come Pirolas” que se valeu  do seu cargo para facer “chanchullos” e que si non o chimparon a rúa foi por pena;  un  “come pirolas” que  tamén é moi habitual atopalo en  canta inauguración se produce, na cola do séquito para aplaudir ben forte cando corresponda; o mais “caralludo”  de todo é que este “Come Pirolas” encima tiña a desvergoña de querer darnos sermóns e leccións  de “cidadán exemplar” ...¡manda carallo!.
Chegado a este punto, queridos amigos,  moitos  estaredes preguntándovos : pero, ¿o “Come Pirolas” cambades nace ou se fai? A resposta pode dar lugar a unha divagación filosófica, a resposta mais sinxela é que hai “Come Pirolas” que nacen e outros, como o que veremos a continuación, que se fan...... un “Come Pirolas” que chegou  no seu dia coa bitola de persoa humilde e coa bitola  de loitar e defender á xente do mar (¡como nos enganou a todos!) para, tras a súa “conversión” ao “Come Pirolismo”,  acabar vendendo  e traizoando a esa nobre xente do mar  por un miserable posto (e así lle foi);  a este “Come Pirolas” poderíase  aplicarlle aquela frase lapidaria: “Roma no paga a traidores”.
Tamén, como non podía ser doutro xeito, neste club de “Come Pirolas” non nos podemos esquecer desa muller  “ignorantiña” e guapa a partes iguais, que aínda esta por acabar de ler o primeiro libro pero o cal non foi óbice para levar “chupando” do conto da política media vida sen aportar nada,  aparte deses “modelitos” tan “fashions”  e que tivo os “santos ovarios” aínda por riba, de criticar aos funcionarios que protestaban, con razón, polas medidas de recortes que estaban i están a sufrir; está claro que a beleza é o cinismo nesta “Come Pirolas” atópanse a partes iguais.
Finalmente non podemos esquecernos de incluír  neste club de “Come Pirolas”, a algúns  dos energúmenos que o 3 de setembro de 1986 foran a protestar fronte ao Concello de Cambados, que daquela gobernaba Xoán Antonio Pillado Silvoso, por unha subida da urbana; subida que non era responsabilidade do entonces alcalde; pois ben, ¿onde estaban eses mesmos “Come Pirolas”  cando o Partido Popular chegou ao poder e fixo unha subida xeneralizada das taxas e impostos locais? ¿por que non protestaron entón coa mesma ansia? Por certo, algúns deses Come Pirolas que tanto protestaban entón  teñan aos fillos  “colocadiños” no Concello e na Deputación  ... ¡vivir para ver!.
Espero que esta breve exposición  servise para coñecer un pouco mais a figura do “Come Pirolas” cambadés, de ser así considerarei o tempo ben empregado.
   

Un saúdo a todos.
           RICARDO DOMINGUEZ REY


      

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.