Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de enero de 2015

100.000 EUROS TIRADOS?




A Xunta de Galicia vai gastar 100.000 euros en dous proxectos de sendas peonís e carrís bici en estradas autonómicas do Salnés. Si non son viables ou moi cortos igual se gasta máis nos proxectos que nas propias sendas.

O obxectivo do contrato é analizar as posibles actuacións que faciliten os desprazamentos peonís e ciclistas nas estradas autonómicas, como modos de transporte alternativos á utilización de vehículo privado. Analizarase a situación actual dos principais itinerarios peonís e ciclistas na área de estudo, esto é O Salnés, e propoñerase a realización de sendas destinadas a favorecer unha mobilidade urbana e interurbana mais sostible, segura e cómoda. O orzamento de licitación do contrato de servizos supera os 100.000 €, e o prazo para a identificación das necesidades e redacción dos proxectos será de 12 meses. O resultado destes traballos guiará o investimento en Galicia de máis de 28 millóns de € de fondos europeos do presuposto comunitario 2014-2020.

Ou sexa faise un estudo no Salnés para comprbar as necesidades de toda Galicia sabedores das diferencias que existen na nosa comunidade dunha zona a outra.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.