Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de noviembre de 2014

DESFILE DE MODA EN CAMBADOS





A Asociación de Palilleiras de Cambados sacará á rúa toda a súa arte nun desfile de moda no que tamén participan un grupo de comercios da localidade para mostrar os seus produtos e como colofón haberá un pase do novo deseñador vigués Manuel Pampillón. O evento, Camba D'Moda con entrada gratuíta, pero é necesario retirar os convites previamente nos establecementos organizadores e colaboradores.
No evento colabora o Concello de Cambados, a agrupación de palilleiras da localidade, A CasaCostureira e Consultores de Beleza Independente Mary Kay, que se encargarán da maquillaxe dos manequíns. Este comezará ás 18 horas e haberá unha actuación dun grupo de ópera para amenizar o descanso do desfile no que modelos cambadesas e algunhas dunha escola de modelaxe de Vigo se subirán á pasarela para mostrar os produtos das tendas participantes.

O evento conta con dous inconvintes. A coincidencia dunha actuación, un pouco despois, no Auditorio de "A Xuventude" e a falla dun recinto pechado e cuberto de maiores dimensións para acoller actos multitudinarios. 


 

ASEMBLEA ABERTA DO BNG ONTE EN CAMBADOS





Asemblea Aberta en Cambados. Propostas, ideas, debate... e sobre todo ganas de cambiar as cousas en favor da maiorìa social.
Preto de medio cento de persoas acudiron onte á chamada do BNG a unha asemblea aberta na que se abordaron cantidade de temas que preocupan aos cambadeses e cambadesas.
Dende o tema do cemiterio, ata o enchufismo e pouca transpariencia que ofrece o goberno do PP no noso concello.
O desmantelamentos dos servizos públicos e despilfarro tamén foron tema de discusión. 
O problema do empobrecemento da poboación e a falla se solucións dadas polo PP ou o tema da piscina municipal tamén foron abordados. E seguindo co deporte a problemática do clube de voleibol e a falla de mantemento nas instalacións deportivas non quedaron sen tratar.
Outro tema que se tratou foi o da participación dos asistentes dunha maneira ou outra na política local. I é que non so se participa indo nas listas, tamén se participa convencendo aos veciños, amigos e familia de que existen en Cambados outras maneiras de facer as cousas.



O EMOTIVO ENCONTRO ENTRE TINTA E A SUA NOVA COMPAÑEIRA





Olga Costa fixo onte entrega a sua nova dona da cadela Tinta.  
Anna Simon tráenos unha nova edición de 'Amores Perrunos' moi emotiva xa que Tinta a cadela paralítica por fin encontrou unha dona moi especial. Ademais tamén coñecemos a Cora e Canelo dous cans namorados que buscan dono sen que os separen.
No seguinte enlace  podes ver as imaxes do emotivo encontro entre Tinta e Zaira.




Antena3.com

A XUSTIZA DA A RAZÓN AOS SOCIALISTAS CAMBADESES





A xustiza recoñece a razón do PSOE de Cambados e obriga ao Concello a entregarlle a información requerida


A portavoz socialista, Fátima Abal, lembra que o seu grupo fixo unha solicitude de acceso ao rexistro do concello o 3 de xullo, solicitude que foi reiterada o 7 de xullo, o 15 de xullo, o 21 de xullo, o 6 de agosto e o 5 de novembro sen obter resposta por parte do concello. Ademáis, fixeron tamén a solicitude ante o Valedor do Pobo, que fixo dous requerimentos para que o concello cumprise coa legalidade, e permitise o acceso a dito rexistro, requerimentos que tampouco recibiron contestación.
"Ante o desamparo sufrido, e ante a negación por parte do concello dun dereito fundamental -sinala Abal- decidimos acudir á xustiza, xa que se estaba vulnerando un dereito consagrado na Constitución como é o dereito á participación política. Negarlle á oposición o acceso á información supón un impedimento para a súa labor fiscalizadora do goberno local,  e non deixa de ser chamativo que un concello que tanto lle gusta presumir de transparencia logo resulta que non cumpre coa legalidade neste eido.”
“Despois de 4 meses de silencio por parte do concello, cando por lei corresponde un prazo máximo de 5 días para poder ver o rexistro, e despois de avisar reiteradamente de que tiña a obriga de darnos a información solicitada, os socialistas decidimos  iniciar un Recurso Contencioso Administrativo para a protección dos dereitos fundamentais das persoas, xa que, como representantes dos cambadeses, non podemos consentir esta ocultación.”
Dito recurso, interposto o pasado 18 de novembro, acaba de recibir resposta, e nel recoñécese a vulneración de dereitos fundamentais, polo cal obriga ao concello a permitir o acceso á información do rexistro municipal.
Segundo a portavoz socialista: “é lamentable que haxa que chegar a esto, pola cabezonería e a obstinación de Aragunde, que sabía de sobra cal era a súa obriga e , aínda así, empeñouse en seguir agochando esa información. Non sabemos qué é o que ten que ocultar o alcalde, pero utilizaremos tódolos medios ó noso alcance para averígualo. Porque os veciños e veciñas de Cambados merecen saber como actúan os seus representantes”

Os socialistas tamén lamentan que o concello se adique sempre a presumir dunha cousa e a facer a contraria. “Aragunde presume nos medios de transparencia, de que nos entrega as resolucións de alcaldía ou nos contesta ás preguntas, pero é que estamos falando de algo obrigatorio, non dun xesto de benevolencia por parte do alcalde. Os socialistas non queremos xestos benevolentes, o que queremos é que se cumpra a lei. Como exemplo, no ultimo pleno os populares votaron a favor da ratificación do código de bo goberno da FEMP, e presumiron de que xa o estaban cumplindo. Sen embargo, esta sentencia acaba de demostrar o contrario.”
“Unha vez máis quedou claro que os socialistas temos razón, e así o di a dilixencia de ordenación conforme á LJCA (ley 29/1998)”, sentenciou Fátima Abal.

27 de noviembre de 2014

RALLY DE CLÁSICOS DO ALBARIÑO 2014





Nova edición do Rally de Clásicos do Albariño que ten o seu punto de partida na praza de Fefiñáns, na vila pontevedresa de Cambados. Este ano o rally celebrarase na xornada do 29 de Novembro e estará formado por un percorrido de 307 quilómetros que se desenvolverá en estradas abertas ao tráfico. 



HORARIOS
 
AQUÍ máis información
 




O REFUXIO DE CAMBADOS VOLVE A "EL HORMIGUERO"






Esta noite  O Refuxio de Animais de Cambados volve de novo ao programa "El hormiguero" de Antena 3, acompañado novamente dun can dos moitos que teñen. Non podemos desvelar moito máis pero si decir que o programa será moi emocionante... emotivo máis ben... 





FINALISTAS AOS PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA





Xa coñecemos o nome dos grupos e artistas finalistas da segunda edición dos Premios Galegos da Música. Desveláronse nun acto sinxelo e moi familiar, no que a música correu a cargo d’A Magnifique Bande dos Homes sen Medo. A Asociación de Músicos ao Vivo, organizadores destes premios, fixo públicos os nomes dos proxectos artísticos que optan a gañar o premio durante a gala que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o próximo 17 de decembro.

Na listaxe aparecen bandas e artistas cunha longa traxectoria, algúns deles xa premiados na pasada edición ou que repiten como finalistas, e novas propostas musicais que amosan a boa saúde da que goza a música galega. Entre eles optarán a estes premios The Cornelius (Vilagarcía de Arousa) na categoría de rock, Treixadura (Cambados) e Davide Salvado (Marín) en música tradicional galega ou o Aturuxo (Bueu), que opta ao recoñecemento á mellor sala do ano.
Tamén aspira a gañar un dos Premios Galegos da Música, Chrysalid9 (Caldas de Reis), o proxecto electrónico de Javier Gago; ou Virxilio da Silva (Sanxenxo), que colabora con Mónica de Nut no disco Dos fíos invisibles chegan as cores, finalista na categoría de músicas do mundo.


Os finalistas destes premios son: 

  • Pop e indie: Ataque Escampe / Silvia Penide / Los Chavales
  • Rock: Cró / Narf Trío / The Cornelius
  • Blues, funk & soul: Cats and Monkeys / Bakin Blues Band / Victor Aneiros 
  • Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá / Felipe Villar Trío / Xan Campos Trío
  • Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza / Som do Galpom / Aid Alonso
  • Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430 / Sounding Images / Samuel Diz
  • Folque: Vaamonde, Lamas e Romero / Cuarteto Caramuxo / Caxade
  • Música tradicional galega: Treixadura / Davide Salvado / Malvela
  • Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores / Trilitrate / 2uS
  • Canción de Autor: A Cada Canto / Xoel López / Xoán Curiel
  • Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc /  Xiqui Xoque Fiú Fiú! / Golfiños
  • Electrónica: Sub Rosa / Pálida / Chrysalid9
  • Metal: Aphonnic / Nao / Machina
  • Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi / Dakidarría / Transilvanians
  • Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos / Los Satélites / Claxxon
  • Premio Organistrum Salas: Aturuxo / Garufa Club / Sala Capitol
  • Premio Organistrum Festivais: Espazos Sonoros / Festigal / Festival Sinsal Son Estrella Galicia
  • Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: GZMúsica / Planeta Furancho / Tres Peixes Voando.


26 de noviembre de 2014

INTERVIDOS 1500 KILOS DE AMEIXA





Axentes da Garda Civil de Pontevedra, en colaboración con axentes do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, levaron a cabo na mañá de onte un operativo de control de comercialización por estrada que se saldou co comiso de preto de 1.500 quilos de ameixa xaponesa. O operativo tivo lugar na estrada de Pontevedra a Vilagarcía de Arousa. 

Esta mercadoría ía no interior dun vehículo de matrícula portuguesa que foi parado polos axentes durante o control e foi requisada porque non levaba documentación que amparase a súa procedencia. Posteriormente foi trasladada ás instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) na Illa de Arousa e analizarase no Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR) para comprobar se pode ser resementada nalgunha praia con todas as garantías.


Actuación en Ferrol


Por outra banda tamén onte os Gardacostas, en colaboración coa Policía Autonómica realizaron outro operativo na ría de Ferrol que se saldou coa identificación de 7 persoas que faenaban de xeito ilegal, coa incautación de 29 aparellos e co comiso de 75 quilos de marisco. Esta actuación desenvolveuse nas zonas das Pías, Malata, Cabana, Graña, San Felipe, Prior, San Jorge, Doniños, Couto e O Montón.

En concreto os axentes requisaron 3 raños, 6 sachos, 2 rastrelos, 12 caldeiros, 4 bolsas de rede, 2 traxes de neopreno, 33 quilos de ameixa babosa, 14 quilos de ameixa xapónica e 28 quilos de ameixa fina.


PUBLICADAS AS BASES PARA A CONCESIÓN DA PISCINA.





1.—ENTIDADE ADXUDICATARIA:
Concello de Cambados.
2.—OBXECTO DO CONTRATO:
Xestión do servizo de “ PISCINA CLIMATIZADA E XIMNASIO MUNICIPAL ”
3.—TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO:
Ordinaria, aberto.
4.—TIPO DE LICITACIÓN:
4.175.559,36 €.
Garantía provisional: 30.000,00 €
5.—OBTENCIÓN DE DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN:
Concello de Cambados. Praza do Concello, 1 (36630 Cambados).
Teléfono: 986520943.
Correo electrónico: contratación@cambados.es.
Web: www.cambados.es
6.—REQUISITOS ESPECÍFICOS DO CONTRATISTA:
Os recollidos na cláusula 6a do Prego.
7.—PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS:
15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no D.O.G.
8.—LUGAR DE PRESENTACIÓN:
Rexistro Xeral do Concello. 8.30 a 14.30 horas (luns a venres). 9.00 a 13.00 (sábados).
9.—APERTURA DE OFERTAS:
no lugar día e hora que se sinale no taboleiro de anuncios do Concello.
10.—GASTOS DO ANUNCIO:
Por conta do adxudicatario.





Máis información: TABOEIRO DE ANUNCIOS



NABIZA GIRL. MONÓLOGO DE ISABEL RISCO EN CAMBADOS





Este próximo domingo 30 continua o ciclo de teatro para a dultos coa representación de Nabiza Girl (monólogo)
19.00 h. No Auditorio Municipal, "A Xuventude" de Cambados
 Ciclo de teatro adulto, “Nabiza girl” da man de Isabel Risco. 
Entrada normal 3,5€ e 2,5€ reducida.
Se credes que necesitades dos meus servizos non tedes máis que "aturuxar" que, dende O Pindo, escoito que flipas porque ten unha acústica bárbara. Sabedes xa quen son, non?

Ben normal, nin puta idea, normal, ademais indo de incógnito menos, claro!

 
Vouvos dar un par de pistas, como mínimo, agora que xa vedes a estrela vermella xa terédelo mais claro non? Non, non son unha concelleira do Bloque.

Igual é que como traballo en negro e hai que ser discreta pois non me recoñecedes. Eu son Chelo Garcia Naveira, máis coñecida como Naviza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e os os meus poderes proveñen do sulfato.
¡Ídesvos a " super-esperrechar" de risa!.



MOCIÓN CONXUNTA DA OPOSICIÓN CAMBADESA






Os grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG rexistrarán hoxe 26 de novembro, ás 12 horas, unha moción conxunta proposta polo sector mexilloeiro para o etiquetado correcto dos produtos transformados e conservas do mexillón.

Con ocasión da recente revisión da Política Común de Pesca, o Regulamento da Organización Común de Mercados da Pesca e da Acuicultura establece que a partir do 13 de decembro do 2014 se aplicará en toda a Unión Europea unha nova normativa de etiquetado dos produtos da pesca e da acuicultura, que deixa fora destas obrigas aos produtos da pesca e da acuicultura transformados e en conserva, entre eles o mexillón.

Esta nova situación legal permite ocultar a orixe do mexillón procedente de terceiros países transformado ou en conserva, polo que prexudica ao consumidor nos seus dereitos e intereses, favorece ás empresas que comercializan mexillón foráneo ocultando información en claro prexuízo das empresas que procesan mexillón cultivado en Galicia, o que repercute directa e negativamente no emprego e no sector primario, e consecuentemente na economía costeira e ás familias.

O mexillón configura un sector estratéxico na economía local de Galicia, tamén en Cambados. A Xunta de Galicia afirma que o sector do mexillón xera en Galicia mais de 30.000 postos de traballo, incluídos os que se induce en diversas actividades: empresas destinatarias do mexillón (procesadores, cocedoiros, conserveiras, depuradoras de moluscos, centros de conxelación e pasteurización...), así como nas empresas provedoras da industria (estaleiros, cordeeiras, carpintería, montaxes e maquinaria...) e nas actividades auxiliares e de apoio, como transportes, centros de investigación, formación e control do medio mariño, etcétera. A importancia económica da industria do mexillón, únese o valor social que adquire nos municipios costeiros, xa que ten a capacidade de irradiar beneficios socioeconómicos a amplas capas da poboación, converténdose nun mecanismo de distribución e reparto de riqueza no entorno local que incentiva a implantación de actividades e pequenos negocios.
    O Regulamento (UE) 1169/2011 establece que a Comisión Europea elaborará e presentará antes do 13 de decembro do 2014 ao Consello e ao Parlamento Europeo, un informe e unha proposta de modificación normativa, sobre a indicación obrigatoria do país de orixe ou do lugar de procedencia dos ingredientes que representan mais do 50% dun alimento, cal é o caso do mexillón transformado ou en conserva.

            Esta é unha nova oportunidade para recuperar o dereito do consumidor a ser informado, e unha nova oportunidade para a defensa do Mexillón de Galicia e dos múltiples intereses a el vinculados, e debe ser o propio sector quen lidere esta defensa.

Nesta liña o Consello Regulador do Mexillón de Galicia ten elaborado un documento dirixido e presentado á Comisión Europea informando da situación específica do Mexillón de Galicia e solicitando que o mexillón sexa incluído no informe e na necesaria modificación normativa.
Así pois, para reforzar estes argumentos positivos e contribuír a acadar o obxectivo de etiquetar debidamente os produtos transformados e conservas do mexillón, ambos grupo municipais propoñemos que o Pleno debata esta proposta e:

  1. Acorde defender a obriga de indicar a especie e o país de orixe na etiquetaxe do mexillón transformado e en conserva, apoiando a modificación normativa que se detalla no punto seguinte.

2. Acorde instar ao Parlamento de Galicia a debater o contido desta moción e darlle traslado á Comisión Europea da seguinte proposta, así como que inste á Xunta de Galicia a igual acción:
A) Modificación do Regulamento de execución (UE) 404/2011 da Comisión:
1) O apartado 12 do artigo 67, substitúese polo seguinte texto:
"12. A información indicada nas letras a) e h) do artigo 58, apartado 5 do Regulamento de control non se aplicará aos produtos da pesca e da acuicultura incluídos nas partidas arancelarias 1604 e 1605 da Nomenclatura Combinada, agás os produtos da subpartida 160553 [mexillóns (Mytilus spp., Perna spp.)] e 16055900 [os demais]."
2) O apartado 5 do artigo 68, substitúese polo seguinte texto:
"5. O presente artigo non se aplicará aos produtos da pesca e da acuicultura incluídos nas partidas arancelarias 1604 e 1605 da Nomenclatura Combinada, agás os produtos da subpartida 160553 [mexillóns (Mytilus spp., Perna spp.)]  e 16055900 [os demais]."14
B) Modificación do Regulamento (UE) 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello; modifícase o parágrafo introdutorio do apartado 1 do artigo 35, como sigue:
"1. Sen perxuizo do Regulamento (UE) nº 1169/2011, os produtos da pesca e da acuicultura enumerados nos puntos a), b) c) e d) no anexo I do presente Regulamento e os produtos da subpartida 160553 [mexillóns (Mytilus spp., Perna spp.)] e 16055900 [os demais], que se comercialicen dentro da Unión, con independencia da súa orixe ou do seu método de comercialización, poderanse ofrecer á venta ao consumidor final ou a colectivos, unicamente cando se indique no marcado ou na etiquetaxe correspondentes:"
   
  1. Acorde instar á Xunta de Galicia a que apoie e dea traslado á Comisión Europea da modificación normativa detallada no punto anterior.

  1. Acorde remitir ao Consello Regulador do Mexillón de Galicia o texto do acordo acadado polo Pleno Municipal.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                      

25 de noviembre de 2014

HOXE EN CAMBADOS O TEMA DO DIA É O XABARIL







En Cambados, o protagonista da conversa veciñal esta mañá era o xabaril.
O animal paseou pola zona urbana onte á noite. Contra as nove e media conseguiron acurralalo no parque infantil de San Tomé, pero ao final deixárono fuxir.

O xabaril e as súas andanzas pola zona de San Tomé eran motivo de conversa en todos os ámbitos da vida cambadesa nesta mañá.

O porco bravo achegouse á vila contra as nove e media e así o mostran os vídeos gravados por varios dos veciños que se xuntaron arredor do parque infantil. Tratábase de velo de preto e a Policía Local tentou capturalo en prevención de males maiores.


Sobre a relación que podería ter co avistado na Toxa, son varios os que opinan que podería ser o mesmo, que aproveitou a seca ou marea baixa para pasar pola vila.

O xabaril non ocasionou dano e volveu ao seu hábitat deixando atrás unha grande expectación na súa visita nocturna a Cambados.


 Vídeo subido a Youtube por "ALZA LA VOZ CAMBADOS"




PODEMOS BUSCA SECRETARIO/A XERAL






UN FERIDO NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS







Arquivo
A colisión dun coche e unha moto rexistrada no termo municipal de Cambados (Pontevedra) saldouse na mañá deste martes cun varón ferido.

O sinistro tivo lugar sobre as 8,45 horas á altura do número 28 da Avenida Rosalía, no municipio de Cambados, segundo datos facilitados polo 112 a Europa Press.

Foron mobilizados a Policía Local, Protección Civil e o 061, que desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou ao varón ferido, duns 33 anos de idade, ao Hospital do Salnés, segundo precisaron fontes sanitarias.


O CONCELLO VOLVE A ENGANAR AOS VECIÑOS DE CAMBADOS





Hai cuestión dunhas semanas CORES DE CAMBADOS preguntábase no artigo
QUEN MINTE O CONCELLO OU "LA VOZ", quen enganaba ou mentía a propósito das obras das beirarrúas das rúas Atlántico e Juan Pablo II. Ou a prensa e algunha bitácora local ou o concello, minten.

Los operarios iniciaron ayer las obras de apertura de un canal de unos 200 metros de longitud cedida
Foto publicada pola bitácora local e Diario de Arousa

Pois ben, un amigo lector fíxonos chegar uns artigos de marzo deste mesmo ano,  tanto da prensa  como da mesma bitácora e na que se anunciaban a “bombo e platillo” o remate das obras Marzo (deste mesmo ano) no Campo da Modia.

Neses artigos pódese ler “ O concello finaliza as obras no Campo da Modia..... operarios munucipais instalaron 200metros de tuberias” Esto polo que respecta a bitácora local no seu castelán habitual.

En “La Voz de Galicia” pon o seguinte
"O Concello anuncia que os operarios municipais finalizaron a instalación dos 200 metros de canalización que servirán para canalizar as augas pluviais que se concentran na zona cando chove e que tan molestas resultan para os veciños"."
Noutro xornal, neste caso “Diario de Arousa” e publicado uns dias antes e coa mesma foto dos traballadores que utiliza a bitácora local …...
"Unha cuadrilla municipal empezou onte as obras para solucionar as frecuentes inundacións rexistradas na rúa Campo da Modia (Vilariño)”.

Segundo o noso informante todo esto é unha mentira posto que nin a maquinaria nin os operarios que se ven nas fotografías pertencen ao Concello. E a proba máis clara son as propias fotos onde se ven a dous traballadores cos seus chalecos reflectantes nos que se pode ver o anagrama dunha empresa privada propiedade dun dos dous traballadores que aparecen na fotografía, segundo o noso informante.

Nada desto ao parecer é ilegal, pero é a enésima tomadura de pelo por parte do Concello aos cambadeses e cambadesas.
E decimos esto porque pensamos que a prensa e a bitácora local non publican máis que o que pon nas notas de prensa que lles envían dende do Concello.
Eso sí, non se molestan o máis mínimo en saber a realidade.

Por outro lado este informante vincula a empresa que fixo os traballos con obras en residencias de altos cargos políticos e outras obras de carácter público.

Picando nos enlaces que siguen podedes comprobar que o que denuncia CORES DE CAMBADOS é certo.

Non poñemos o enlace da bitácora para non facer publicidade gratuíta.

DIARIO DE AROUSA

LA VOZ DE GALICIA  

FARO DE VIGO

Nos dous últimos casos dan a entender que é cousa do Concello


MOCION DOS SOCIALISTAS DE CAMBADOS SOBRE O H. DO SALNES







Na mesma instan á conselleira de sanidade a que se comprometa a manter os servizos que se prestaban ata o de agora. 


A portavoz socialista Fátima Abal lembra que o hospital supón un dos elementos que aglutina maior acordo social en canto á necesidade de coidar e potenciar a calidade dos servizos que ofrece, ao tempo que lamenta o reiterado desmantelamento ó que os gobernos do PP someten á Sanidade Pública. 

“Os socialistas sempre defendemos e defenderemos unha sanidade pública, universal, gratuita e de calidade -continua Fátima Abal - mentres que o Partido Popular en cambio adicase a recortar, desmontar e desprestixiar a sanidade pública. Utilizan a crise como excusa para acometer uns recortes que son puramente ideolóxicos”

E é que os socialistas lembran que o caso deste hospital non é un feito illado: dia tras día, veñen sucedendose exemplos, como o repago dos medicamentos, a retirada da asistencia sanitaria aos emigrantes, o bloqueo da tarxeta sanitaria ós parados de longa duración, etc. e todo, insisten, utilizando a excusa da crise para tratar de enganar aos cidadáns. Porque o desmantelamento do público en favor do privado é algo que vai no adn da dereita, na sua ideoloxía neoliberal. A crise soamente lles deu vía libre para acelerar un desmantelamento que de outra forma lles levaria máis tempo efectuar. Non só se adican a recortar, senón que tamén desprestixian os servizos e ós profesionais públicos, tratando de crear unha opinión desfavorable e unha sensación de que son prescindibles. A mesma estratexia aplícana en tódolos ámbitos: sanidade, educación, administracións públicas, xustiza, servizos sociais.... os gobernos do PP pretenden impoñer a idea de que a determinadas cousas só poden ter acceso aquelas persoas que as poidan pagar, coma se fosen un luxo.
“Fronte a iso -continua a portavoz- , os socialistas defendemos o público, porque cremos na igualdade de oportunidades para tódalas persoas. A saúde non é un luxo, nin un capricho, e por eso apostamos por unha sanidade pública de calidade, que non discrimine a ninguén. Por eso presentamos esta moción, para que o concello se posicione nun asunto tan fundamental” 

No Hospital do Salnés construiuse a terceira planta, logo da movilización cidadá, pero non se dotou a ésta dos medios humanos e materiais que necesita, quedando infrautilizada e sen recursos para o seu funcionamento, ademáis de que permanece pechada varios meses ao ano. Recentemente foron eliminadas as camas para os acompañantes dos pacientes de coidados paliativos, ademáis de agrupar ás nais que acaban de dar a luz en habitacións compartidas cando ata o de agora dispoñían de habitacións individuáis. Ademáis, xa dende fai moito tempo estanse eliminando especialidades, e nos últimos tempos perdéronse varios postos de traballo, xerando unha sobrecarga de traballo nos profesionais actualmente contratados, que teñen que atender a unha poboación cada vez maior. 
Ademáis, como xa alertaron os socialistas no seu momento, a integración do hospital na área sanitaria de Pontevedra supuxo unha perda de autonomía para este centro. 

“Esta perda de calidade e de competencias -sinala Abal- fai que nos temamos o peor, xa que, como sucedeu en outros lugares, pode supoñer un paso previo para a sua privatización. Os socialistas imos loitar por tódolos medios dos que dispoñemos para evitar que eso suceda. Por eso presentamos esta moción, ó igual que están a facer os compaeiros socialistas da comarca, na cal reclamamos ó Concello que inste á Conselleira de Sanidade a
-manter os servizos que ata o de agora se viñan mantendo na calidade asistencial
-abrir totalmente a terceira planta 
-axilizar os procesos para a ampliación do Hospital do Salnés.


 

CAMPAÑA NADAL PARA TODOS DOS SOCIALISTAS DE CAMBADOS





Resultado da campaña o ano pasado
O PSOE de Cambados pon en marcha a súa campaña de recollida de
alimentos en favor de Cáritas.
Un ano máis, e como ven sendo habitual, a agrupación socialista de Cambados pon en marcha a campaña “Nadal para todos”, na cal agardan repetir o esforzo solidario dos cambadeses para que as familias máis necesitadas tamén poidan disfrutar do nadal.
A portavoz socialista Fátima Abal explica que "a dramática situación na que se encontran moitas persoas do noso entorno fai cada vez máis necesarias este tipo de campañas solidarias. Asociacións como Cáritas estan sendo fundamentais para a subsistencia de moitas persoas, e están realizando
unha tarefa encomiable, ademáis de prestar servizo a un número cada vez maior de persoas, ao mesmo tempo que as axudas públicas víronse recortadas cada vez máis nos últimos anos. Ten un mérito enorme este traballo, e por elo os socialistas queremos aportar o noso gran de area con esta
campaña"
Os socialistas lembran a gran labor solidaria dos veciños e veciñas de Cambados, que xa deixaron patente nas anteriores edicións desta campaña. Segundo Abal: "en Cambados podémonos sentir moi
orgullosos dos nosos veciños e veciñas, que ano tras ano, e pese as dificultades propias destes tempos de crise, están demostrando un espírito solidario digno de admiración".

Os puntos de recollida de alimentos estarán situados en diversos supermercados e centros educativos entre o 24 de novembro e o 19 de decembro, data na que serán entregados a Cáritas de Cambados. Principalmente, espérase conseguir productos navideños, leite, azucre ou aceite.



21 de noviembre de 2014

O BNG TRASLADA AS QUEIXAS DOS USUARIOS DA PISCINA AO CONCELLO




O BNG denuncia que usuarios/as da piscina municipal de Cambados veñen de trasladarlle as súas queixas (algunhas das cales foron, tamén, deixadas por escrito no establecemento) sobre o precario estado das instalacións e o mal  funcionamento dos servizos da piscina municipal estes  últimos meses, con problemas no sistema de calefacción, na auga quente das duchas, no pavimento, na sauna ou no “jacuzzi”. Ademais, como o bo estado das instalacións e o axeitado funcionamento dos servizos resulta prioritario para o uso e goce dos usuarios e usuarias da piscina, pois deben ser eles/as os/as que aseguren a permanencia futura deste servizo, faise urxente e necesario o arranxo das deficiencias detectadas na actualidade para ofrecer un servizo de calidade. 

Por todo isto pides saber  se o concello é coñecedor da situación relatada en referencia ás deficiencias das instalacións da piscina, e de ser a resposta afirmativa, que medidas vai a tomar o concello para solucionar as referidas deficiencias. Tamén solicita o BNG, coñecer cal é o número de traballadores/as, na piscina de Cambados, cos que conta a empresa que actualmente xestiona este servizo.
            



2001, UNHA ODISEA NO ESPACIO





No ano 1968 Arthur C.Clarke coa súa novela “El Centinela” puxo en bandexa a Stanley Kubrick a creación dun dos grandes hitos do Cine. A súa impronta, o seu legado,  se transmite xeración tras xeración ao ser unha obra que chegou por diante do seu tempo. O Amencer do Home, Da Terra á Lúa, Misión a Xúpiter e Xúpiter, máis alén do infinito son os capítulos onde se mesturan  o pasado e o futuro, deixando un final aberto  que cada un pode interpretar a súa maneira. E coma icono universal, a figura dun enorme MONOLITO DE PEDRA cravado na Terra, no Espazo, en calquera lugar,  coma sinónimo segundo os estudosos, da Intelixencia.
Cambados ten o seu monolito no Concello de Cambados. Son moitos os admiradores da obra de Kubrick que de cando en vez visitamos ese espazo único onde  quedan mimetizadas na pedra os pesares e os anceios daqueles que percuran unha explicación á creación do Universo. Conmino a calquera que visite ese lugar e se decatará que ten un algo que non é deste mundo. Eu coma profano nestas cuestións teño ido de cando en vez a ese sacrosanto lugar e reconozo que alí acontecen cousas que pertencen ao Universo de Kubrick.

O AMENCER DO HOME
O meu admirado Eduardo Haro Tecglen dicía que a civilización comeza cando un lle zoupa a un semellante, cando lle roba a finca, e lle quita a muller. Que aí  principia a humanidade, o progreso, a civilización, entendida coma un conxunto de ideas, ciencias, artes y costumes que forman e caracterizan o estado social dun pobo ou unha raza. O cineasta Británico debulla o paso dun home primitivo a un homo sapiens coa aparición do famoso Monolito. Este fai acto de presenza e provoca unha catarata de acontecimentos que fan crer que boa parte da Humanidade se construeu a traveso do sometimento do resto das especies,  ou o que é o mesmo: que o home coma colonizador doutros homes e dotado dunha intelixencia que non posúe o reino animal, se convertía en explotador.
Ah, pero con ese instinto tamén naceu a aprendizaxe. Hai pezas de serie que todo ser humano leva dentro e que segundo as uses, así serás de valorado ou non. Facer o correcto”, polos teus propios méritos e percurar  facelo sen pisar a naide, xa que a traveso da Humanidade os homes tivemos por forza que organizarnos para poder xestionar unha Comunidade. O exponente final deste trazo é a Democracia, que con tódolos seus defectos  disque é o mellor dos sistemas, baseado na vontade popular que reside no pobo e o sometimento ás leis que eles mesmos aproban, favor que hai que lembrar delegan nos gobernantes dos que  fan escolla a traveso do seu voto. Pero qué ocorre cando nos esquezemos do que significa esa responsabilidade, a de facer posível unha convivencia en armonía? Pos o que sucede na actualidade no Concello de Cambados: que democracia ben do Grego “demos” e “cracia”, ou “demos gracias a Luis” por remitir as Resolucións da Alcaldía (que é unha obriga), a supervisión dos expedentes (que é unha obriga) e que os Técnicos faciliten o traballo da oposición libremente elexida polos veciños. Segundo o Comunicado que chegou aos medios, o Concello refire que a Portavoz do PSOE está abusando destas prerrogativas, destos dereitos. Que si teñen que contestar a máis de 100 preguntas por escrito, que si xa teñen dabondo para facer o seu traballo co que lle facilitan,  que si están a exprimires coma un limón aos Técnicos …todo en resposta /  por mor da presentación dun Recurso Contencioso Administrativo pola defensa dos Dereitos Fundamentais das personas de acceso a Información por parte da Agrupación Socialista,  quepor certo  reflicten as leis que os homes dos que Kubrick fala,  fixeron para regulala Terra.
                                                             DA TERRA Á LÚA
No filme os homes fixemos tal que fomos quen de chegar ao Espazo. Nun lugar chamado Clavius resulta que apareceu o mesmo monolito que hai no Concello de Cambados e queren levalo en segredo, para que non cunda o pánico  porén non hai explicación científica. Coma un brote de infección o tratan para ter ben lonxe a Oposición.  Reunión ao máis alto nivel daqueles países que namentras se desenrola a  Historia gobernan o mundo: EE.UU e a U.R.S.S. Pos aquí están o  P.P e o P.S.O.E. “Que foi”, di a oposición, da inxente cantidade de requerimentos do Valedor do Pobo que non contestades, “que foi” das leis que regulan o sistema democrático das que facedes caso omiso, “que foi” de que esteades decindo que os Funcionarios están stresados do moito que lles facemos traballar. Secretismo absoluto: aquí á Lúa  chegamos primeiro  nós, e cando haia algo que debades saber volo comunicaremos. A espantada por resposta. E a cousa esa de pedra que ten coma nome Concello para que serve entón,  que non hai nin sitio para que se reúnan os Grupos da Oposición, que é o Monolito ese grande que ocupa moito espazo ló ? “Xa”, di o grupo de Goberno, o estamos investigando: lembrade que a outra vez que fústedes á Fiscalía de nada os serviu. Pos depende: o Fiscal dixo que hai un feixe de irregularidades,  e por mor da non notificación  das mesmas (falso) ao Tribunal de Contas lle botamos a culpa á Interventora por non facer tal. O que en Roman Paladino se coñece como inhibirse por falta de probas, pero que hai materia, vaia si hai.
A lúa é a que move ás mareas, e desde alá falan que esta voceira Socialista fai que se sintan incómodos, que as mulleres o que teñen que facer e coidar a súa casa, “Señora Abal”, e aquí molesta … Pos estamos ben: unha Institución que está o servizo dos veciños convertida no seu corral particular polo grupo de Goberno. Están sembrados: o que escribiu ese Comunicado que reflicte A Voz de Galicia non está no seu sano xuízo, está baixo o síndrome do traballador queimado por unha muller. Pos esto non é coma o matrimonio, que é para toda a vida  sí ou non. A Portavoz dos veciños na Oposición é para 4 anos, 10, ou 20, o tempo  que queiran os veciños en todo caso, non vós. Viven en Xúpiter.

                                                   MISIÓN A XÚPITER
Nos aproximamos a Maio 2015 e hai eleicións Municipais. Toque de queda e percura de como anular á Oposición para que deixe de molestar, non vaia ser que nos adiante pola esquerda. Movilizamos ao exército de enchufados, á lexión Española se fai falla, e aos Reservistas que viven en exclusiva por e para o Partido Popular … dura, grande, enorme (coma se un falo fora) a contenda que se aveciña. E aquí tal como andan as cousas (mal, moi mal,  con preto de 1600 parados segundo a EPA, o Comercio que apenas gaña para pagalos recibos e a xente buscando a maneira de sobrevivires) perdemos o Norte e comezamos cos malos modos. Pos a democracia se basea nunha división de poderes na que o  poder lexislativo é a cúspide do mesmo. Pos coma doe, porque está por riba de todos nós, imparcial, responsable e inamovible, que facemos ... Ese é o Monolito que hai no Concello: a Xustiza, coa que batemos unha e outra vez, e non queremos entender que na vida non hai naide máis que naide, señas alcalde ou Xefa da Oposición; na que hai certas normas que dentro de certa estructura formal tentan facer unha sociedade máis perfecta, máis próxima aos cidadáns, onde non hai veciños de primeira e de segunda. Eso por suposto non gusta, cando son  un Partido de “armas” (en sentido metafórico), tanto é así que no pasado mataron a tódolos intelectuais deste país, principiando polo meu admirado Federico García Lorca, que ainda hoxe non se sabe o que fixeron co seu corpo encol vai na súa natureza, o comportarse deste xeito. A esquerda sempre escolleu a espiritualidade, porque está cos máis débiles, cos que sofren sede de Xustiza, por iso e por máis, este Recurso e moitos máis veñen en camiño …
                                                     XÚPITER,  E MÁIS ALÉN DO INFINITO
O ordenador HAL 9000 ten un mal funcionamento, se producen varias mortes, e o ser humano, o mesmo que o creou, o desconecta. Pos a Luis Aragunde aínda que dea erro, que  a realidade non faga máis que quitarlle a razón, está coma aquela supercomputadora, con medo ao que poda ocorrer nas eleicións, de que o “desconecten”  os veciños por non ser quen de levar unha Administración que por certo, non fai falla levala, porque se leva sóla. Ninguén na vida é imprescindible agás aqueles que coma Rosalía de Castro dicía,  “levan na frente una estrela,  levan no bico un cantar”.  “Cantar”, canta moito este Alcalde, tanto que os veciños xa están pensando nun relevo porque deste xeito non vamos a Xúpiter, senón a outra Galaxia.
Chegamos ao último tramo do Filme e o home  novo aquel que prometía e prometía prosperidade, riqueza, e gobernar para tódolos Cambadeses resulta que mentíu, e está ante unha habitación de paredes moi brancas, na compaña dese monolito que lonxe de rexuvenecelo, faino máis vello. É unha metáfora da vida: a il tamén coma os Romanos lle chegou a decadencia. A Historia é un círculo, sempre se volta a un comezo. Ainda está a tempo de mudar de carácter, de non alonxarse de nós, de construir en vez de desfacer, pero nas siglas do seu partido non está ser progresista,  todo o contrario:  o que leva é o permanecer impasible, que o mundo en Cambados é unha gran recopilación, unha gran repetición …
Por iso e por máis é necesario transformar esta vila nun espazo que creza. “Os grandes progresos teñen un pequeno comezo”. O Titán Prometeo quixo estar á altura dos Deuses, e por iso o botaron do Olimpo. E no Olimpo están os veciños de Cambados.


Óscar Manuel Núñez.
Cinéfilo.