Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de septiembre de 2014

FERIDO UN TRABALLADOR NA EMPACADORA DE RIBADUMIA





Un traballador resultou ferido esta mañá tras caer nun depósito duns seis metros de profundidade. Por fortuna, a moega estaba chea de lixo, o que lle axudou a amortecer o golpe. Igualmente, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao ferido ao Hospital do Salnés para ser sometido a unha revisión. O accidente se produciu nunha empacadora situada no Polígono Sete Pías, en Ribadumia. Dende o CAE 112 Galicia, nada mais recibir a alerta dun particular ás 11:23 horas de hoxe, se pasou aviso a Urxencias Médicas, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.

NOVA MANIFESTACIÓN DOS EMIGRANTES RETORNADOS






A Plataforma de Emigrantes Retornados da Comarca do Salnés continúa coa súa axenda de mobilizacións para reclamar ao Goberno do PP a anulación das sancións impostas pola Axencia Tributaria por non ter declarado as pensións que reciben os emigrantes retornados desde outros países desde o 2008 e para reclamar un cambio lexislativo. Así, este xoves, 2 de outubro, ás 11:00 horas, convocan unha manifestación comarcal, con saída do Concello de Vilagarcía ata diante da delegación da Axencia Tributaria en Vilagarcía de Arousa, a que convidamos e instamos a pelexar con nós aos: afectad@s, familiares, amig@s, veciñ@s e sociedade en xeral, xa que, por desgraza, vemos que o Goberno Español do PP está a meter man en tódalas caixas posíbeis con nocturnidade e alevosía...
A Plat. de Emigrantes Retornados do Salnés quere con esta manifestación trasladar ás seguintes peticións en relación coa posición que está mantendo o Ministerio de Hacienda coa problemática da tributación das nosas pensións percibidas no estranxeiro:
1. Que non imos consentir que se lle dea unha solución simplemente cosmética ao noso contencioso coa Axencia Tributaria por atopármonos nas vésperas dun ano de importantes envites electorais, e que, pola contra adopten medidas eficaces para que a tributación das nosas pensións sexa xusta e igualitaria.
2. Congratulámonos de que por fin saiba quen son os verdadeiros defraudadores, que non somos ás e os pensionistas retornados. Porén iso non é suficiente e polo tanto trasladámoslle as propostas para que no ámbito da reforma fiscal se adopten decisións para resolver de verdade a nosa problemática.
3. As e os emigrantes retornados non renunciaremos ata que se modifique a lei 35/2006 para que as pensións das persoas retornadas tributen igual que a do resto dos galegos:
• Coa elaboración dun informe no que se poña de manifesto como por idénticas cantidades tributan máis que outros pensionistas.
• Que no paquete de modificacións legais se inclúan as modificacións na lei 35/2006 necesarias para garantir un trato igualitario. Concretamente o artigo 96 en relación co 17, de tal forma que se estableza a obriga de declarar a partir de 22.000 euros ano de ingresos e que para os restantes se estableza un réxime de retencións idéntico ao do resto dos e das pensionistas.
• Que tendo en conta que moitos emigrantes retornados para teren dereito á prestación sanitaria teñen que ou pagar no país de orixe un seguro ou establecer un convenio coa seguridade social española (arredor de 90 €/mes) que estas cantidades se poidan incluír como gastos deducibeis no IRPF, igual que xa ocorre cos gastos de seguridade social dos e das traballadoras.
4. Hai cambios que para nós son esenciais na proposta de modificación legal remitida ás Cortes Xerais en relación coas pensións dos e das emigrantes retornadas:
• Modificar o texto remitido ás Cortes no sentido de que en ningún caso a obriga de presentar declaración do IRPF se aplique con carácter retroactivo. Polo tanto que o período de regularización só afecte a partir deste ano.
• Aclaración sobre como se vai realizar a devolución ás persoas que xa foron requiridas e que aboaron sancións e intereses: trámites a realizar. Do mesmo xeito que nos sancionaron e ameazaron con embargos de oficio, tamén de oficio deberán devolvernos os nosos cartos.
5. E finalmente tamén queremos que vexan que existen importantes lagoas na actuación da Axencia Tributaria que poden dar lugar a un trato discriminatorio aos emigrantes retornados e mesmo provocar que se vexan obrigados a tributar sen teren que facelo. Nalgúns casos incorrendo mesmo na dobre imposición que está explicitamente excluída nos convenios internacionais asinados polo Estado español. Nese sentido solicitamos:
• Informar a todas as persoas afectadas e que se indique quen ten obriga de incluír as pensións na declaración tendo en conta: país de procedencia das pensións, as sentenzas existentes, as resolucións do Tribunal Económico Administrativo e os cambios dos últimos anos nos diferentes convenios bilaterais.


• Solicitar información dos países de procedencia das pensións, sobre todo Suíza, para verificar que prestacións xa están sometidas a gravame no país de orixe para evitar a dobre imposición. (Hai persoas que por determinadas cantidades xa tributan no país de orixe malia o cal a AT lles reclama a súa inclusión na declaración).
• Pensións por incapacidade. Recoñecer de oficio o recoñecemento das invalideces realizadas nos países de procedencia coa finalidade de acreditar a exención na tributación de ditas pensión. (Actualmente hai persoas con incapacidade total no país de orixe, que segundo o INSS é equiparábel á absoluta, que están sendo requiridas pola AT para a súa tributación) Os e as emigrantes retornadas non abandonaremos as nosas reivindicacións e mobilizacións até conseguir os obxectivos que consideramos de xustiza.
Por todalas razóns expostas con esta manifestación queren solicitar que na tramitación nas Cortes Xerais do Proxecto de Lei pola que se modifican a lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persóas Físicas, o texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de Non Residentes, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2004, 5 de marzo, e outras normas tributarias, SE INTRODUZAN AS MODIFICACIÓNS no articulado correspondente á Disposición Adicional Única coa finalidade de incluír medidas concretas QUE RESOLVAN as carencias antes mencionadas.


Agardando que se den as ordes pertinentes ao Ministro de Facenda para que inclúa todas e cada unha das xustas demandas dos emigrantes retornados.
Tampouco deixaremos de sinalar co dedo a aqueles que como Montoro, Rajoy ou Feijóo pretenden só un enxaugue electoralista no canto de resolver o problema da nosa discriminación.



"O PATRIMONIO MARÍTIMO DE GALICIA" NO ASOREY







ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2014/2015

DEPARTAMENTO
Ciencias Naturais,
ACTIVIDADE
    Exposición: "O patrimonio marítimo de Galicia"

DESTINATARIOS
Toda a comunidade educativa do Centro: alumnos, profesores, pais e nais,...
DATAS
Exposición:
do mércores 01.10.14 ao mércores 22.10.14


OBXECTIVOS

OBSERVACIÓNS
COLABORA:
  • Exposición cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).



O GOBERNO GALEGO A ESPERA DUNS ANALISES DO VERTIDO NAS TOUZAS




 O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, destacou esta mañá que o Goberno galego está a espera dunha análise máis exhaustiva, por raios x, que permitan determinar a orixe do vertido rexistrado no mes de agosto na zona do Porto de Tragove, no Concello de Cambados. O director de Augas de Galicia compareceu esta mañá na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo.
As distintas mostras recollidas e analizadas non identificaron a orixe da vertedura, polo que na actualidade estase pendente dunha mostra que se estuda con técnicas máis complexas das habitualmente aplicadas. A previsión é que unha vez recibidos os resultados se poida establecer a causa e procedencia do vertido e, se estes resultados son concluíntes, abrir o expediente sancionador ao responsable do mesmo.
Desde o momento no que se produciu este suceso, Augas de Galicia, Seprona e Confraría estableceron un protocolo de actuación que consistiu na toma de mostra e realización de inmersións para determinar a zona e procedencia da vertedura.
Pola súa banda, Augas de Galicia realizou un inventariado das industrias potencialmente contaminantes da zona, para poder contrastar o resultado das análises coas sustancias que potencialmente poderían emitir estas industrias. Tamén se realizaron comprobacións do funcionamento da depuradora neses días, para descartar outras orixes.
As mostras e analíticas recollidas ata o momento apuntan a que se tratou dun suceso contaminante puntual e acotada nunha zona moi concreta das Touzas de san Alberto en Tragrove.



29 de septiembre de 2014

¿ACABARÁ JOSE PEPE NA LISTA DOS MAIS BUSCADOS DO F.B.I?





¿ACABARÁ JOSE PEPE NA LISTA DOS MAIS BUSCADOS DO F.B.I?
POR RICARDO DOMINGUEZ REY

Debo confesarvos, queridos amigos, que a semana pasada lin unha noticia no Faro de Vigo que me deixou realmente consternado e fixo que me preocupase profundamente por un dos seus protagonistas. A noticia, en cuestión, dicía: “La Guardia Civil identifica al conductor de un vehículo que huyó tras sufrir un accidente en Meaño” ata aquí todo normal; tódolos días lemos na prensa, noticias deste tipo, individuos que se ven implicados en accidentes de tráfico e que foxen do lugar dos feitos porque, ben, teñen o carné retirado e, ademais, circulan sen o seguro obrigatorio, como, presuntamente, parece ser o caso do protagonista desta nova ou, ben, porque conducen baixo os efectos do alcohol e saben que si chegan os axentes de policía e fanlle a proba da alcoholemia darían positivo (cousa que non sei si aconteceu neste caso en concreto); pero a miña sorpresa foi cando leo na noticia en cuestión o seguinte: “En ese vehículo viajaba como acompañante el que fue exsecretario del Concello de Cambados, José Vázquez, que resultó herido con diversas contusiones, aunque ninguna de gravedad, ya que ayer había recibido el alta médica”.
Xa podedes imaxinar a miña sorpresa cando leo tal cousa, o meu “ídolo”, o gran José Pepe, no medio dun accidente de tráfico cun presunto delincuente, (“presunto delincuente” porque como ben di a noticia terá que declarar no xulgado por un presunto delito contra a seguridade viaria).

O primeiro de todo, e isto dígoo de corazón, espero que José Pepe se atope totalmente recuperado de dito accidente; como xa todos sabedes as nosas diferenzas ideolóxicas son abismais pero, dende logo, non lle desexo ningún mal; é mais, sei que entre nos, no fondo (pero moi no fondo) hai un certo amor: ese cruce de miradas furtivas cando temos coincidido no “Laya” ou cando está nalgunha terraza co seu amigo “ O Barbas”(o mesmo que ten unha filla que puido ser a primeira alcaldesa de Cambados pero Tourís reservoulle outros fins) i eu paso e mírame como si fose unha moza “de bo ver” (¡¡ai José Pepe!! ¡sabes como sacarme as cores, bribón!)......... por todo isto preocúpame, profundamente, a espiral de auto destrución na que parece ter entrado José Pepe: primeiro deixa a súa “exitosa” colaboración no Diario de Arousa e agora vese, sen querelo, no medio dun accidente, no coche dun presunto delincuente.

¿Que che está a pasar José Pepe? ¡¡mira ben con que te xuntas que por menos empezaron as andadas de “El Lute”!! de seguir así vas a pasar de ser “Don José Pepe” a ser José Perico alias “el letras” ou “o Makinavaja de Santo Tome” o mais temido nos baixos fondos cambadeses.
Ademais, polo que teño entendido, o condutor que se dou a fuga, presentárase nas listas do PP ás municipais de Cambados o que me obriga a chamarte insensato, José Pepe, ¿acaso non sabes que os peperos e os vehículos de tracción mecánica son incompatibles? Carromero, Esperanza Aguirre, Miguel Angel Rodríguez, Ignacio Uriarte, o fillo de Gallardón e un longo etc. ... ¡ata Rajoy tivo un accidente nun helicóptero! Cando montas cun pepero nun vehículo xa sexa por terra, mar ou aire , José Pepe, unicamente poden acontecer desgrazas, soamente tes que mirar para o “pobre” Marcial Dorado, montou nunha lancha co presidente da Xunta, Alberto Feijoo e hoxe está na cadea,..........bueno, por iso, e porque foi condenado por narcotráfico.
Tamén quero destacar o lugar onde se produciu o accidente (Cobas), terra de “furanchos” e, como sempre, a xente xa está falando de mais; pero eu sei que de onde ti viñas, en realidade, era do miradoiro que hai nesa zona con preciosas vistas da Ria de Arousa, algo lóxico de pensar coñecendo o teu lado sensible e romántico; imaxínote no alto da roca cos brazos en cruz e, como Leonardo DiCaprio na película “Titanic”, berrando: “¡¡ son o amo do mundo!!”.
Como dixen ao comezo, preocúpame a espiral de auto destrución na que pareces terte abocado, José Pepe ¿cal será a próxima na que te vexamos? ¿Quizais co puño en alto e cantando a Internacional, o primeiro de maio? ¿Quen foi o desgraciado que che botou un mal de ollo para que vaias desgraza tras desgraza? Estou disposto a falar con Don José, o párroco e que che faga un acto de exorcismo para botar fora ese demo que parece terse metido no teu corpo e que volvas a ser un respectable señor “de dereitas e católico como Deus manda”.
Despídome reiterando os meus desexos mais sinceros de que te atopes perfectamente; confesareiche que cando deixaches de escribir, eu, en sinal de loito, prometinme non volver a falar de ti, pero, ¡¡meu rei polo menos deixa de darme motivos para facelo!!
Un saúdo a todos.



                  RICARDO DOMINGUEZ REY

ANDRÉS SENÍN 5º NO MUNDIAL DE JUDO DE VETERANOS




ANDRÉS SENÍN QUINTO POSTO NO MUNDIAL DE VETERANOS DE JUDO, E ÁS PORTAS DAS MEDALLAS

DESDE OS DÍAS 25 Ao 27 DE SETEMBRO CELEBROUSE O CAMPIONATO DO MUNDO DE VETERANOS NO PALACIO DOS DEPORTES JOSE Mª MARTIN CARPENA EN MÁLAGA. 


ANDRÉS SENIN, ADESTRADOR DO GIMNASIO VITAL SPORT DE CAMBADOS, PARTICIPOU O SÁBADO NA CATEGORÍA M2 (35-39 ANOS) EN -60 KG. O SÁBADO Ás 9.30 EMPEZABA A COMPETICIÓN REALIZANDO O PRIMEIRO COMBATE CUN JUDOKA DE GRAN BRETAÑA (CARL HOLLAND) O CAL GAÑOU ANDRÉS DE IPPON. O SEGUNDO COMBATE REALIZOUNO CONTRA UN RUSO
(R. MUKHAMETDINOR) ONDE ANDRÉS PERDE DE LUXACIÓN. ANDRÉS ENTRA EN REPESCA ONDE GAÑA OS SEGUINTES COMBATES A UN FRANCÉS (ERWANN RENNOU) DE WAZARI E UN ALEMÁN (ULRICH DIETZE) DE IPPON, CONSEGUINDO ASÍ PODER DISPUTAR A MEDALLA DE BRONCE. O COMBATE PARA A DISPUTA DE MEDALLA DE BRONCE FOI CONTRA UN SUIZO (MAEL CHATAGNY), ANDRÉS ÍA GAÑANDO E DOMINANDO O COMBATE PERO UN ERRO FÍXOLLE PERDER A MEDALLA POR TAN SÓ UN SHIDO (SANCIÓN ARBITRAL).



O BNG PIDE UNHA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN POLO ASUNTO DA POKEMON EN CAMBADOS






O BNG expón ante o concello o seguinte: Onte nun xornal aparecía a noticia de que dentro da operación xudicial coñecida como “Pokemon”, a  Vixilancia Aduaneira interveu os ordenadores da empresa “Aquagest” onde encontrou información, en forma de correos electrónicos, sobre prácticas de enchufismo e recomendación  que vinculan á mencionada empresa co concello de Cambados, entre outros nos que a empresa ten a concesión da auga. E que ditos correos revelan peticións de alcaldes, entre eles o de Cambados entre os anos 2008 e 2013, para colocar na empresa a persoas coñecidas, do seu entorno ou da súa familia (segundo afirma o referido xornal). Como queira que o “enchufismo” é unha práctica inaceptable na Administración Pública pero tamén cando esa Administración privatiza un servizo esixindo como contrapartida a colocación de determinado persoal na empresa, é polo que cremos que o concello de Cambados debe facer todo o posible por aclarar canto antes esta acusación levando á máxima transparencia á súa recente xestión.
Esta é a razón pola que o BNG, ao igual que fixo no mes de marzo do ano 2013 cando desde un medio de comunicación se vinculaba nunha investigación xudicial ao concello de Cambados, máis concretamente ao exalcalde e Delegado Territorial, José Manuel Cores Tourís, por supostos cobros ilegais de comisións a cambio de concesión de obras no noso concello, solicita igualmente nesta ocasión a creación dunha Comisión de Investigación a nivel municipal para aclarar estes novos feitos delictivos. Vivimos nuns momentos onde a cidadanía está a mostrar unha gran desconfianza da xestión pública de determinados cargos; desconfianza que se xustifica en casos como os referidos neste escrito, polo que compre unha maior transparencia para evitar e aclarar os casos de corrupción, e contundencia para cos representantes políticos que están enganando a unha defraudada cidadanía. Por iso, os veciños e veciñas de Cambados, agradeceríanlle que desde o Concello se mostrara unha posición clara e contundente contra este tipo de actuacións e que se  manifestara a vontade política necesaria para trata de aclarar, urxentemente, este asunto.

Como representante da cidadanía ten vostede na súa man, novamente, a obriga de non defraudala, polo que debe actuar veloz e eficazmente na aclaración e resolución deste caso que está, ademais, a transmitir unha imaxe negativa dun importante representante  do seu partido político.



Por todo esto o BNG solicita, que o concello  constitúa, urxentemente, unha Comisión de Investigación na que estean presentes membros de todos os grupos políticos que forman parte da corporación municipal, de xeito que con ela se transmita  a mensaxe contundente á cidadanía de que desde a alcaldía do Concello de Cambados se fará todo o posible por aclarar e solucionar, con rapidez,  este caso.

28 de septiembre de 2014

VICTORIA DO CAMBADOS ANTE O SALVATERRA




O Juventud de Cambados consigueu a sua segunda victoria da tempada. Partido moi igualado aínda que algo superior o equipo local. 
Un solitario gol de Unai de paenalti no minuto 38 do encontro desnivelou a contenda. O Salvaterra gozou de duas ocasións seguidas no minuto 60 pero a defensa local e o porteiro evitaron o empate. No minuto 70 o Cambados tivo a ocasión para sentenciar pero pelota non quixo entrar.


 Na foto de abaixo podemos ver a Alfonso Cordal cos integrantes do equipo. Cordal é o  propietario da web  www.estratosferico.com que ademais dunha cantidade de catro cifras que o presidente da entidade deportiva, Sergio González Millán, non quixo concretar, inclúe que a actriz porno española María Lapiedra pase a ser a imaxe publicitaria do Cambados. Con tal fin, en próximas datas a artista farase unha sesión de fotografías lucindo a equipación oficial do conxunto cambadés.

CAMBADOS SALPICADO POLA POKEMON




A intervención por parte de Vixilancia Aduanera dos ordenadores da sé da empresa Aquagest e do Concello de Santiago revelan que a práctica do enchufismo e a recomendación é unha práctica común na vida municipal, pero tamén a outros niveis da Administración. Aínda que esta conclusión xa era evidente noutras investigacións da Pokémon, a conta de correo electrónico da empresa que ostenta a concesión do auga en distintos concellos desvela os indisimulados intentos de polo menos quince alcaldes por intentar colocar na empresa a persoas coñecidas, da súa contorna, ou ata da súa familia, entre o 2008 e o 2013. Os correos electrónicos presentes no sumario reflicten peticións deste tipo, directas ou indirectas, dos alcaldes de Ourense, Barbadás, Ou Carballiño, Santiago, Cambados, Val do Dubra, Xinzo, A Pobra, Ou Piñeiro, Arzúa, Bergondo, Neda, Oroso, Ortigueira ou Ribadeo. Cando non é o alcalde o peticionario son os tenentes de alcalde (Sada ou Santiago) ou ata funcionarios relevantes (Rianxo, Pontevedra ou Carballo).     






27 de septiembre de 2014

12 DETIDOS POR ROUBOS NA COMARCA DO SALNÉS





A Garda Civil detivo aos 12 presuntos autores de máis de 30 roubos con forza en vivendas, establecementos comerciais, colexios e nos depósitos de combustible de numerosos camións nos municipios de Cambados, Meis, Ribadumia, Meaño e O Grove, na comarca pontevedresa de O Salnés.

Os detidos son J.J.B.C., 28 anos veciño de Meis;

R.P.R., 21 anos veciño de Meis; C.A.C., 24 anos veciño de Meis; M.P.T., 32 anos veciño de Meaño; Ou.B.P., 43 anos veciño de O Grove; D.M.T., 33 anos veciño de Meis; M.S.M., 24 anos veciño de Ribadumia; M.V.P., 44 anos veciño de Meis; F.H.M., 26 anos veciño de Soutomaior; M.M.A., 47 anos veciño de Vilagarcía de Arousa; A.R.A., 47 anos veciño de Portas e M.R.L.G., 49 anos veciña de Portas.

Todos eles contan con antecedentes policiais e unha vez tomadas as oportunas declaracións quedaron en liberdade coa obrigación de presentarse nos Xulgados de Instrución de Cambados cando  sexan requiridos. As investigacións continúan, polo que a Garda Civil non descarta a imputación de máis roubos aos detidos.

Estas detencións son froito das investigacións que compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Cambados viñan realizando desde o principio deste ano, segundo explica nun comunicado.

Este grupo de delincuentes non se especializou nun tipo concreto de roubos e variaban os seus obxectivos en función das garantías de éxito, indica a Garda Civil. "Cometían os roubos en lugares coñecidos, próximos ás zonas onde vivían, e para iso adoitaban vixiar a zona previamente para recoñecer o terreo ao detalle e así evitar sorpresas durante a comisión do delito", engade.  



A maiores, procedeuse á imputación de A.T.A., de 64 anos de idade e veciña de Vilagarcía de Arousa; de A.L.C., de 33 e veciño de Meis e de CM.G.D., de 27 e con domicilio en Marín, como presuntos autores dun delito de receptación. A Garda Civil non descarta novas imputacións por este mesmo delito.




CORTES NA AUTOVÍA DO SALNÉS POLO PINTADO DAS MARCAS VIARIAS





 A Xunta de Galicia levará a cabo dende o vindeiro luns, 29 de setembro, o repintado das marcas viarias da autovía AG-41, Autovía do Salnés. Estas tarefas incluirán o tramo comprendido entre a peaxe da AP9 e o novo enlace de Curro, no que tamén se debuxarán de novo as marcas de arcén.
Para repintar as liñas do eixo e beiravías da, así coma dos símbolos e frechas de ambas calzadas, é necesario executar cortes de carril alternativos. Nun primeiro momento, se procederá a cortar o carril rápido, co fin de repintar a liña de eixe, borde esquerdo e símbolos, para posteriormente cambiar o corte ao carril dereito e repintar o borde dereito e símbolos, deixando en todo momento habilitado un carril por sentido para a circulación.
A previsión da Consellería é que estes traballos se prolonguen por un período de tres semáns, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Mentres que nas dúas primeiras semáns, as tarefas se centrarán no tronco, a semana do 13 de outubro se procederá ao repintado do cebrado entre o tronco e os ramais.




MÁIS DE 400 VECIÑOS ENGANADOS POLO CONCELLO?



Cando adiantamos en Cambados Noticias, o "bombazo" ninguén agardaba que se tratara de algo tan importante nas economías de centos de cambadeses.

Moitos veciños, máis de 400 ao parecer, están exentos de pagar a urbana so 

con presentar un escrito no concello. Esto é o que se desprende da información 

facilitada por ASEC, a asesoría cambadesa situada na rúa San Francisco.

Todas as que saen en violeta, no plano que podedes ver, serían asbeneficiadas. 

Xente do Concello nada máis enterarse da nova quedou nun estado de 

perplexidade da que aínda a dia de hoxe non se dou recuperado.


Trátase de que as vivendas que teñen proteccion integral estan exentas de 

pagar a urbana por estar nun conxunto historico, pero unha exencion rogada, 

se o contribuinte non o solicita non se aplica, e claro aqui so o solicitaron media 

ducia de vivendas, o resto de vivendas pagan sen sabelo e son moitas.

No seguinte texto podedes comprobar que todo do que nos informa ASEC, é 

certo.



Zona de Fefiñáns
Asimismo, previa solicitud, estarán exentos: a) Los bienes inmuebles que se destinen a la enseñanza por centros docentes 

acogidos, total o parcialmente, al régimen de concierto educativo, en cuanto a 

la superficie afectada a la enseñanza concertada.

Esta exención deberá ser compensada por la Administración competente. b) Los declarados expresa e individualizadamente monumento o jardín histórico 

de interés cultural, mediante real decreto en la forma establecida por el artículo 


Cambados Centro
9 de la Ley 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español, e 

inscritos en el registro general a que se refiere su artículo 12 como integrantes 

del Patrimonio Histórico Español, así como los comprendidos en las 

disposiciones adicionales primera, segunda y quinta de dicha Ley.

Esta exención no alcanzará a cualesquiera clases de bienes urbanos ubicados 

dentro del perímetro delimitativo de las zonas arqueológicas y sitios y 

conjuntos históricos, globalmente integrados en ellos, sino, exclusivamente, a 

los que reúnan las siguientes condiciones:
Zona San Tomé

En zonas arqueológicas, los incluidos como objeto de especial protección en el 

instrumento de planeamiento urbanístico a que se refiere el artículo 20 de la 

Ley 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español.
En sitios o conjuntos históricos, los que cuenten con una antigüedad igual o 

superior a cincuenta años y estén incluidos en el catálogo previsto en el Real 

Decreto 2159/1978, de 23 de junio, por el que se aprueba el Reglamento de 

planeamiento para el desarrollo y aplicación de la Ley sobre Régimen del Suelo 

y Ordenación Urbana, como objeto de protección integral en los términos 

previstos en el artículo 21 de la Ley 16/1985, de 25 de junio. No estarán exentos los bienes inmuebles a que se refiere esta letra b) cuando 

estén afectos a explotaciones económicas, salvo que les resulte de aplicación 

alguno de los supuestos de exención previstos en la Ley 49/2002, de 23 de 

diciembre, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los 

incentivos fiscales al mecenazgo, o que la sujeción al impuesto a título de 

contribuyente recaiga sobre el Estado, las Comunidades Autónomas o las 

entidades locales, o sobre organismos autónomos del Estado o entidades de 

derecho público de análogo carácter de las Comunidades Autónomas y de las 

entidades locales.

Esto todo é extrapolabel a calquer outro concello nas mesma situación.

Ante esto so cabe facer as seguintes preguntas.

Está o Concello para so, recaudar cartos ou para defender aos veciños?

Porque unha vez sabido o tema queren cobrar por expedir uns 

certificados, cando antes parece ser eran gratuítos?

Haberá golpe de estado como hai anos para botar fora a esta xente?

Sufragará alguén a revolta en caso de producirse?


Máis información na asesoría ASEC ou aquí

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS PIDEN FACILIDADES CIRCULATORIAS PARA OS VECIÑOS DE STA. MARIÑA.





Desde o día 2 de Decembro de 2014 a Av/ Pastora en Cambados é de dirección única.
Por este feito existen varios veciños afectados por esta nova normativa, sobre todo os posuidores de vehículos agrarios e os propios residentes, posto que teñen que dar unha gran volta para acudir ás súas fincas e ás súas casas.
Os veciños solicitan,a pesares de ser dirección única, a salvedade de que os residentes e propietarios das fincas poidan seguir accedendo por esa mesma avenida como sempre o fixeron.

Dadas estas circunstancias os socialistas de Cambados solicitan:
1.-Que se lles conceda permiso ou autorización ós veciños propietarios das fincas para voltar ás súas casas sen ter que ir coa maquinaria agraria pola estrada xeral.
2.-Que se lles conceda igual permiso ou autorización ós veciños residentes.

3.-Que este escrito sexa contestado como a normativa vixente o establece, e que os propios veciños sexan tamén contestados ós seus escritos como o Valedor do Pobo neste caso concreto, recomendou tamén a este Concello.



O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO POLAS OBRAS NOS CENTROS DOCENTES DE CAMBADOS





Montserrat Prado Cores e Cosme Pombo Rodríguez, deputada e deputado 
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG), formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, e oral en comisión, relativa á situación de dous centros educativos no concello de Cambados.

Nestes días están saído nos medios de comunicación diversas noticias sobre retrasos en obras a realizar en dous centros educativos do concello de Cambados, o IES Ramón Cabanillas e o CEP Antonio Magariños, obras que provocan unha grande incomodidade ás comunidades educativas dos devanditos centros públicos e unha modificación no funcionamentos normal das actividades lectivas.
As obras dos dous centros foron anunciadas repetidas veces por diversos responsábeis do Partido Popular, alcalde, delegado territorial, xefe territorial de 
educación, presidente da deputación, etc..., coa presenza propagandística e mediática coa que adoitan adornar os anuncios de obras, inauguracións ou outro tipo de actuacións ou futuras actuacións que se consideran positivas, chegándose incluso a anunciar, promesas que sempre foron seguidas de retrasos e máis retrasos até chegar á situación actual na que no mellor dos casos, se estas obras se chegan a rematar, o alumnado de ambos centros terá que convivir con elas cando houbo tempo paraacometelasou cando menos para inicialas nos meses do verán coas aulas baleiras.
O pasado martes na páxina web institucional da Consellería de Educación 
publícase unha nota na que se chega a acusar a profesorado dun deses centros escolares, o CEP Antonio Magariños de ser responsábel de que o alumnado non tivera actividades de educación física cando é sabido pola administración e por toda a comunidade educativa do Centro, o perigo que supoñía e sigue supoñendo para o alumnado e para o profesorado realizar educación física nas condicións nas que están as instalacións.
O Partido Popular esta cruzando liñas vermellas, ao usar a páxina web 
institucional da Consellaría como si se tratara do “seu medio de información privado” para omitir opinión e non información, e para atreverse a responsabilizar ao profesorado do que é a Consellaría a única responsábel. Opinión porque a afirmación que alí se fai de que “o patio cuberto reunía as condicións de seguridade” non está avalada por ningún informe nin comunicación aos responsábeis do Centro de que isto era así.


Polas razóns expostas formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta
escrita:
1. Cal é a previsión de remate das obras que está previsto acometer no 
CEP Antonio Magariños e no IES Ramón Cabanillas?
2. En que situación están as obras de ambos centros a día de hoxe?
3. Que medidas están previstas ou están xa en execución para que a 
actividade escolar se vexa afectada o mínimo polas obras garantindo que o alumnado 
reciba as ensinanzas correspondentes?
4. Dispón a Consellaría algún informe técnico que avale a afirmación feita 
na web oficial da mesma a respecto do CEP Magariños de que “o patio cuberto reunía as condicións de seguridade ”? De ser así, en que data se realizou o mesmo?
5. Comunicóuselle @s responsábeis do CEP Magariños en algún momento 
que a Consellaría se responsabilizaba do que puidera suceder coa seguridade d@s nen@s xa que “o patio cuberto reunía as condicións de seguridade ”?






POR DEREITO CELEBRA HOXE O 5º FESTIVAL DE COMETAS






A praia de O Bao, na Illa de Arousa, volve esta tarde a encherse de cometas, que voarán cargadas de solidariedade para facer visible a situación pola que atravesan as familias con nenos autistas. A cita, organizada pola asociación Por Dereito en colaboración co Concello, está prevista para as 17,30 horas, e será a quinta ocasión na que utilizan o voo das cometa para reivindicar unha visibilidad que as administracións néganlles de xeito constante.

Cuca Dasilva, presidenta do colectivo, presentou xunto a concelleira da Illa Dolores Folgar 
onte a iniciativa no Concello da Illa de Arousa.  
Desde hai tres anos, o Festival dás Cometas inclúe a lectura dun manifesto por parte dunha das familias asociadas a Por Dereito. Nesta ocasión, a elixida é unha familia de Vigo que vai centrar o seu discurso no "lado escuro, aquel que deixa aos nosos fillos en total desamparo por parte das administracións e da invisibilidad á que estamos sometidos".


O PRESIDENTE DAS CONFRARÍAS DE PONTEVEDRA NON MOVE FICHA.





O recén elixido presidente da Federación Provincial de Confrarías da Coruña, o patrón maior de Muros, Daniel Formoso, anunciou que dende a entidade velarase pola defensa dos intereses da flota do xeito afectada polo plan de xestión de capturas para a sardiña imposto dende Madrid. Daniel Formoso aposta, como tamén o fai o xeito, porque se estableza unha diferenciación deste tipo de flota artesanal coa do cerco, e se lles permita seguir traballando.
Onde está o da federación pontevedresa?
Cumpriranse os augurios dos máis pesimistas que desconfiaban do labor de  José Antonio Gómez. Agardemos que pronto se una ao seu homólogo da Coruña para loitar e defender ao sector, pois de non ser así demostraría que as críticas recibidas non era fruto do rencor senon da realidade.

26 de septiembre de 2014

O GRUPO CON DE XIDO VISITA MURCIA




O grupo folclórico Con De Xido de Cambados  está visitando Murcia estes días invitados pola Peña Huertana "El Corrental", que celebra a súa Semana Cultural. A Concelleira de Políticas de Igualdade e Cooperación ao Desenvolvemento, Alicia Barqueiro, ofreceu unha recepción aos membros da peÑa Huertana e o grupo galego. A Edil faloulles da extensa tradición folclórica do municipio e animou aos mozos a continuar con esta actividade.



A CAMPAÑA DE LIBRE MARISQUEO NA RIA DE AROUSA AMENAZADA





Non hai marisco nos Lombos do Ulla; con esta nova, comezarán o mércores a campaña de libre marisqueo os mariscadores da Arousa. Os patróns maiores dos dous lados da Ría reuníronse en Carril con técnicos da Consellería do Mar para intentar coñecer a orixe da alta mortandade do berberecho, e tamén da ameixa deste banco.
O próximo mércores reábrese a campaña marisqueira nos bancos de libre marisqueo da Ría de Arousa; principalmente nos Lombos do Ulla, aínda que tamén hai quen se achega ó Bohído ou a Cabío. Pero este ano as expectativas son peores que nunca tralos informes dos científicos nos que revelan unha alta mortaldade de bivalvos. Reuníronse na delegación da Consellería do Mar en Carril os patróns da Arousa que se amosan altamente preocupados por esta situación. Os técnicos do departamento autonómico sinalaron o virus da marteilia como principal axente mortal do berberecho; unha explicación que non xustifica a morte tamén das ameixas. Moitos mariñeiros culpan as obras do AVE desta mortandade. Para paliar os efectos desta situación e tamén para limpar os fondos, os patróns maiores propuxeron ó Executivo Autonómico volver a traballar o “relojito”.
Aseguran que fixeron unhas análises na Universidade nas que se reflicten contido de chumbo moi por debaixo do permitido; o que faría deste bilvalvo un bó complemento para facer o xornal do día. Queren que a Consellería realice as súas propias análises, que de seren positivas, levarían a unha apertura desta especie. Estes patróns volverán a reunirse con técnicos de Mar a vindeira semana, unha vez que comproben sobre o terreo o estado deste banco marisqueiro dos Lombos do Ulla.


Información Canalriasbaixas