Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de julio de 2014

A FESTA DO ALBARIÑO HORA A HORA, DIA A DIA ....VENRES





VENRES 1 AGOSTO

Comeza a xornada de festa con alboradas a cargo dun grupo de gaitas e de 11.00 a 13.30 horas, e de 18.00 a 20.30 horas terá lugar o Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, no Salón de Congresos e Esposiciones José Peña, a entrada será 15/persoa.


 Ás 13.00 horas, actuación da charanga Os Jaláticos no Paso da Calzada.
Pola tarde, ás 17.00 horas no Museo Etnográfico e do Viño, celebraranse as Xornadas Técnicas do Albariño, coa participación de diferentes expertos en cultivos, elaboración e comercialización do viño, e ás 20.30 horas, percusión e ritmos a cargo de Omar Percussion Group no Paseo da Calzada.


A partir das 22.00 horas na Praza do Concello, verbena popular coa actuación das orquestas Yuckatán e Camelot, e ás 23.00 horas, na Praza de Fenfiñáns, Concerto do Albariño coa actuación en directo de LA M.O.D.A e Kiko Veneno.




 

SOCIALISTAS DE CAMBADOS CONTRA O DESPILFARRO DO XANTAR






  Ano tras ano os socialistas de Cambados veñen amosando o desacordo co despilfarro de cartos que se produce co motivo do Xantar do Albariño, no que o PP invita a amigos, simpatizantes, militantes, cargos políticos, interventores e apoderados do PP,  nun alarde presuntuoso de boa situación económica e entenden que de compensación de votos.
Así o volve a por de manifesto nun nota de prensa a portavoz do grupo socialista, Fátima Abal.   Parece un despilfarro sempre, pero este momento, no que moitas familias de Cambados están a pasar unha situación tan difícil, na que en moitos casos non poden chegar a fin de mes debido a alta tasa de paro e as subidas de tasas e impostos municipais, parécelles, ademáis, unha burla cara a eles.
Son moitas as familias que en Cambados están cobrando a RISGA, un número ademáis moi alto se o comparamos con outros Concellos veciños en proporción coa poboación. Están a pasar auténticas dificultades todos os meses polo que lles parece unha auténtica esperpenticidade, que sexamos os cambadeses os que nos teñamos que facer cargo dos pratos da enchenta que se come e se bebe ese día.

  Prosegue a nota dos socialistas....“Se o Partido Popular de Cambados quere facer un Xantar, que o faga, pero con cargo ó Partido Popular, non ós cambadeses. Que non se parapete na Festa do Albariño para facer un banquete que lles saia gratis e que pagamos todos. Que non poñan de excusa  ó bipartito nin ó goberno de Zapatero. A mala xestión do goberno de Aragunde fai que situacións tan esperpénticas como as que se viven ano tras ano no domingo do Albariño en Cambados, sigan manténdose a pesar da situación que vivimos“.
  O PSOE de Cambados recibíu dúas das tres invitacións que nos correspondían, invitacións que por suposto rexeitamos, porque a nosa conciencia non nos permitiría disfrutar dese Xantar cando coñecemos a tantas familias cambadesas que o están a pasar tan mal sobre todo agora no verán, cando os seus fillos non poden comer no comedor escolar. No noso Concello, non se habilitaron, como se fixo noutros, comedores escolares para aqueles nenos e nenas que durante o verán non poden facer unha comida diaria nin se amplía a partida de emerxencia social dos Servizos Sociais do Concello.
  Pola contra, o Alcalde, prefire que se produza a imaxe tan dantesca, de ver a tanta xente comendo e bebendo á costa dos cartos de todos e todas os veciños e veciñas de Cambados, cando moitos deles non poden pagar os seus recibos nin dar de comer ós seus propios fillos e teñen que recibir axudas como a RISGA ou percibir alimentos proporcionados por Amigos de Galicia ou por Cáritas.



DEZ ERROS NA FESTA DO ALBARIÑO (III)



Por terceiro ano consecutivo......Un artigo que non é para desprestixiar a Festa en sí, senón para denunciar o carácter sectario da organización.

Este artigo, con algunhas variacións, xa foi publicado en anos anteriores. Despois de todo este tempo as cousas non variaron nada ou case nada.
Por este motivo volvo a publicalo e veremos si despois das festas sigo errado ou o alcalde e máis o Capítulo Serenísimo volven a darme a razón.


A continuación ímos relatar o que para nos son dez erros que se cometen durante a Festa do Albariño. De seguro algúns de vos teredes en mente algún outro e borraríades algún dos que citamos. Cada un ten a súa opinión pero seguro que en algo coicidiremos.


1º Publicar un libro que inclúe todas as festas de Cambados así como actividades que non teñen que ver co viño como si todo fose Festa do Albariño.

2º Non facer un concerto con grupos de Cambados ou polo menos que o fagan coma teloneiros para impulsar a os novos valores.

3º Correxido o tempo no que a carpa gastronómica establécese na Calzada, agora so falta que se lle saque rendemento, pois non sube o prezo desde hai dous anos.

4º Non facer un pregón para todos e limitalo a quen vai ao Xantar de Confraternidade. O pregón ten que ser para todos.

5º Facer da Festa unha convención do Partido Popular, governe quen governe en Santiago ou Madrid.

6º A cerimonia de Investidura de Cabaleiros e Damas do Albariño tamén debería ser pública e non limitala ao Patio de Armas do Palacio que é tan bonito como pequeño.

7º Converter a Festa nun mercado persa, encher Cambados de chiringitos non e mellor forma de publicitarse, ademáis de converter a nosa vila nun caos circulatorio. Sen alternativas

8º En anos anteriores...Inaugurar a Festa un dia máis tarde que a apertura dos stands, ou ao revés, non parece moi lóxico. Por certo, o ano pasado so abreu unha caseta i era a dun concelleiro do PP. (Este ano non foi así)

9º Decir que se traen grupos para os concertos que demanda a xuventude, cando so este ano ou en anteriores, en enquisas ou nas redes sociais, pedíase e un grupo, con moito apoio, en concreto a “Heredeiros da Crús”. Van os xóvenes a o Concello a falar co alcalde para pedirlle este ou aquel grupo?

10º Non facer un concurso para o diseño do cartel anunciador como fai anos, que serviría para promocionar a artistas xóvenes facendo unha exposición con todos os carteis presentados.

A FESTA DO ALBARIÑO HORA A HORA, DIA A DIA.....XOVES





XOVES 31 XULLO

LXII FESTA DO VIÑO ALBARIÑO
Alborada a cargo de grupos de gaitas.
11.00-13.30h//18.00-20.30h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello
Regulador da D.O. Rías Baixas, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña.
15€/persoa.


11.30h Na biblioteca Casa dos Fraga, Obradoiro de elaboración de galletas con albariño para nenos. 


20.30h No Paseo da Calzada percusión e ritmos na rúa a cargo de Omar Percussion Group.


21.00h Espectáculo de rúa Action Clown na Praza de Alfredo Brañas, dentro do Proxecto Música con D.O., co patrocinio da Secretaría de Estado de Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
22.30h Na Praza do Concello, actuación das orquestras INTERNACIONAL D ́TACÓN e DJ STUDIO 21.


22.30h Na Praza de Fefiñáns, XVII Gala do Albariño onde se fará entrega dos premios nos eidos de Cultura e Artes Plásticas, Empresarial, Deportes, Atención Social, Xornalismo e Comunicación Social.
 

23.00h Concerto do Albariño coa actuación dos artistas
CAFÉ QUIJANO e EDURNE .


30 de julio de 2014

VARIEDADE E AMIGUISMO NA FOLLAS DE PRATA DESTE ANO (COMA SEMPRE)




Quédanlle poucos medios afíns aos que poder galardoar coa sua correspondente Follas de Prata, ao Concello de Cambados, que este ano o galardón corresponde a televisión do Grupo "la Voz", VTelevisión, pola sua labor como impulsor do sector do viño da  D.O. Rias Baixas.

Nesta edición da Festa do Albariño, o Concello de Cambados tamén galardonará ao Seprona, á Asociación de Placeras de Cambados, á diseñadora Eva Soto Conde e ao futbolista cambadés Agustín Pastoriza «Pibe», que actualmente xoga no Betis. Todos eles merecentes de tal distinción.

 A gala, que se celebrará mañá xoves no Plaza de Fefiñáns a partir das 22.30 horas, incluirá as actuacións de Café Quijano e Edurne.



CONCENTRACIÓN DE TRABALLADORES E USUARIOS DA PISCINA MUNICIPAL






Dazasete traballadores que levan 3 meses sen cobrar e centos de usuarios afectados pola problemática situación da piscina municipal de Cambados.

Parte de eles aproveitaron este mércores a inauguración da Festa do Albariño para dar unha maior visibilidade ao seu problema laboral, uns e persoal os outros. Baixo o berro "menos festa e máis traballo", o persoal e usuarios das instalacións seguiron ás autoridades polo seu tradicional percorrido polos stands situados no Paseo da Calzada.
O empresario non se reune cos traballadores e o alcalde busca "solucións" sen contar cos traballadores. Este mércores ante as presións o alcalde accedeu a falar cos traballadores.
Circulan rumores de que a mesma empresa podería voltar a facerse cargo da concesión con outro NIF algo que a C.I.G. califica de "escandaloso".

Info e imaxes: C.I.G.


MÁIS QUEIXAS SOBRE O ENCHUFISMO EN CAMBADOS





Un amigo lector fainos chegar unha queixa e facer público o que fixo o Concello coas contratacións de persoal para incendios forestais.
Reproducimos literalmente a sua denuncia, tal e como nos foi transmitida.




" Bos días,gustaríame que se lle pediran explicacións o grupo de Goberno do Concello de Cambados, polas supostas contratacións feitas a dedo dos reténs de incendios forestáis. Estes comenzaron a traballar o día 28 de xullo. As entrevistas feitas no Concello foron un auténtico paripé, xa que as listas dos escollidos foron feitas días antes, palabras dun amigo meu, moi vinculado ó concello. Os selecionados foron por ser fillos de.....como pasa a maioría das veces. Entrou xente sen formación ningunha nin experiencia, e deixouse fora a persoas como nalgún caso, Garda de Campo de Profesión, con experiencia en incendios e amplia formación a través da Xunta de Galicia. É unha vergonza que te fagan perder o tempo, para formar parte dun circo que o concello xustifica xa que a administración lle esixe entrevistar os "candidatos". Cada vez da máis noxo este páis".

Estas son as verbas do noso lector que veñen a refrendar o que é un "segredo a voces" e que sistemáticamente vense sucedendo neste Concello cada vez que hai contratacións.






OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS COS TRABALLADORES E USUARIOS DA PISCINA







O pasado luns os socialistas de Cambados mantiveron unha reunión cos traballadores da piscina, na que explicaban a situación tan dura que están a vivir xa que levan tres meses sen cobrar os seus salarios.
Imaxe; La Voz de Galicia
  No día de hoxe, os socialistas estiveron cos traballadores e usuarios da piscina a pé de rúa na concentración que se levou a cabo diante da porta do Concello momentos antes da inauguración da Festa do Albariño, portando carteis como “Piscina. Solución xa“  e “Levamos tres meses sen cobrar“

  Como xa manifestou  por escrito no Concello hai uns meses Xuventudes Socialistas de Cambados, os socialistas queren que sexa o Concello o que leve a xestión da piscina.
  “Os Concellos deben ser  “prestadores de servicios“ para o pobo, para iso están os Concellos, para prestar servizos ós cidadáns, non para gañar cartos a costa deles. Non é de recibo que cando unha cousa non da beneficios se queira privatizar, esta é a maneira que ten de pensar o PP, todo aquelo que non proporciona un beneficio, e só é prestación de servicio, ten que ser privatizado. Así nolo están a demostrar con todo o que están a facer en Sanidade, Educación, Rexistros Civís, Servizos de Augas...“
  Os socialistas de Cambados están de parte dos trraballadores da piscina que teñen que facer fronte ós seus gastos, a pesares de levar tres meses traballando gratis. O propietario da empresa, tampouco da a cara e o Concello de Cambados en lugar de esixir responsabilidades, e poñerse de parte dos traballadores, o que fai e anunciar en prensa a axudicación a unha empresa mentres non se leva a cabo a concesión. Cousa que non foi comunicada ós propios traballadores nin representantes destes e polo tanto asunto éste que da lugar a moitas dúbidas e a moitos interrogantes.

  No próximo Pleno que se celebrará no mes de agosto, os Socialistas defenderán unha vez máis que a xestión sexa levada a cabo polo Concello de Cambados e preguntarán para que de xeito pormenorizado se explique cómo se vai solucionar este problema e cómo se vai axudar ós empregados, tamén se preguntará que é o que vai pasar se ningunha empresa se fai cargo da piscina.
As consecuencias do peche da psicina, nese caso, serían totalmente nefastas para todo o noso pobo.


INFORMACIÓN DA CONCENTRACIÓN DE MOTOS VELLAS EN CAMBADOS






Os que vaiades participar xa podedes descargar a folla de preinscripción AQUÍ
Programa 2014: O domingo 24 de Agosto, os afeicionados ás motos gozarán de motos de antes de 1970 na praza de Fefiñanes en Cambados, onde os que queiran participar necesitarán a preinscripción obligatoria. Ás 11.00 horas sairán da praza para realizar un percorrido polas rúas do Salnés.

 Un ano mais , e con este , xa vai pola 17ª edición , xa está preparado  o cartel anunciando a Concentración do Club Motos Vellas do Salnes 2014 .
O reglamento como é habitual , non muda :
- Só admítense motos cuxo modelo de fabricación sexa anterior ao 1970 .
- A PREINSCRIPCION é OBLIGATORIA (sobre todo se tendes pensado quedarvos a xantar , as prazas no restaurante son limitadas)
- As motocicletas estarán en posesión de toda a súa documentación en regra (Seguro , ITV.....).


Seguiremos informando en vindeiros dias.


Info: MOTOS VELLAS DO SALNES

A FESTA DO ALBARIÑO HORA A HORA, DIA A DIA ....MÉRCORES





Mércores 30 de Xullo

Comezan as festas no municipio de Cambados con alboradas a cargo dun grupo de gaitas e ás 13.00 horas no Paseo dá Calzada terá lugar a inauguración da LXII Edición dá Festa do Viño Albariño. 
Ás 13.15 horas abriranse os stands para a degustación dos caldos.
Pola tarde a partir das 20.30 horas nos Xardíns do

Pazo de Torrado haberá teatro infantil, "Os tres porquiños". Ás 22.30 horas na Praza do Concello dará comezo a  verbena a cargo das orquestas Israel e Acirema e ás 23.00 horas, na Praza de Fefiñáns, Concerto do Albariño con Iván Ferreiro e Delafé y las Flores Azules.



29 de julio de 2014

CAMBADOS LOITA POR SER O POBO MÁIS BONITO DE GALICIA



Mondoñedo (Lugo), O Cebreiro, Combarro (Pontevedra) ou Cambados son algúns dos candidatos a converterse no pobo máis bonito de Galicia 2014.
Nestes intres Cambados vai na primeira posición.

¡Vota polos teus favoritos! Tes de prazo ata o 10 de outubro deste ano para facelo. Ao término dese día, os tres que vaian primeiros pasarán á final, onde se enfrontarán con todos os demais pobos españois e loitarán por ser o mellor do país.

Podedes votar aqui



 


HISTORIA DA FESTA DO ALBARIÑO



Mañán comeza a LXII e polo tanto é ben facer un repaso pola festa enogastronómica máis antiga e importante de Galicia.


A historia da Festa do Albariño empeza nos anos 50, cando nunha reunión de amigos, entre os que se atopaban Bernardino Quintanilla, Ernesto Zárate, Manuel Silva, José Rodiño e Francisco Fernández Aguiño, o primeiro, posuidor dunha pequena viña en Tragove, retou ao terrateniente Zárate, propietario dunha gran plantación en Padrenda, a comprobar cal era o mellor albariño. Acordaron convocar un concurso(máis ben unha aposta) no que cada colleiteiro presentase o seu viño para acreditar quen tiña o mellor..

A primeira cea-concurso celebrouse con carácter privado, no ano 1953, na leira de Anxo Botana Gómez. Presentáronse nove adegueiros, e medio centenar de albariñenses constituíron con solemnidad o xurado da primeira Cata Prima, a cal selecciona os caldos que merecerán clasificarse para superar o rigor do xurado da Cata Postrera, onde saíu premiado únicamente José Rodiño Oubiña quen, cun magnífico Albariño do predio de Carballás, sorprendeu aos seus competidores. Ao ano seguinte obtivo a vitoria Zárate, do mesmo xeito que nas dúas convocatorias seguintes, sempre con Quintanilla de segundo.


Durante os primeiros anos, a festa celebrouse na leira da casa de Anxo Botana, fillo político de D. Ramón Cabanillas. A festa acollía cada vez a máis adeptos e a leira de Botana quedouse pequena polo que se decidiu trasladar a celebración primeiro aos xardíns do pazo de Ulloa e posteriormente ao pazo de Bazán, hoxe Parador Nacional do Albariño, para asentarse definitivamente desde os primeiros anos do século XXI nos xardíns do pazo Torrado.

Ao principio, a festa coincidía coa romaría da Pastora, pero nos anos 60 decidiuse trasladala ao primeiro domingo de agosto, porque a finais de mes adoitaba facer mal tempo. Os alcaldes colaboraban a título particular, porque o concurso era unha comida de amigos onde escritores e intelectuais enxalzaban as calidades do viño.
Na década dos 60, a festa deixou o ámbito privado e abriuse á participación do pobo, producíndose entón unha renovación con desfiles de carros, catas públicas na Calzada e pregón en Fefiñáns, ademais das verbenas, deportes e folclore en xeral.

En 1965, Manuel Fraga Iribarne, recentemente nomeado ministro de Información e Turismo, presidiu os actos que conseguiron unha ampla repercusión na prensa da época. Ao ano seguinte restaurouse o pazo de Bazán converténdose en Parador Nacional do Albariño. O por aquel entón alcalde, Joaquín Fole, condecorou a Fraga coa primeira Folla de Ouro.

No ano 1977, declárase por vez primeira Festa de Interese Turístico, con motivo das súas vodas de Prata, declaración ratificada en setembro de 1990 cando se lle outorga o título de Festa de Interese Turístico Nacional, conforme ás esixencias da nova lei.
Na decada dos noventa nace tamén o Himno do Albariño, composto por Xosé Lois Foxo, director da Real Banda da Diputación de Ourense. Os peñistas do Albariño enchen de colorido as rúas durante a semana grande, coas súas camisetas, que deixan o seu selo sarcástico con lemas sobre o viño e a festa.

En 1996 Cambados ingresa en Acevín (Asociación Española de Cidades do Viño) e Recevín (a súa equivalente europea). No mesmo ano, inaugúrase a Ruta do Viño, hoxe en día consolidada como unha das rutas máis visitadas por aqueles que se achegan a Cambados.

Segundo escribiu Plácido Castro "Non hai en todo o ano galego día tan sinalado, no terreo puramente humano, como o da Festa do Albariño en Cambados".
Fonte: Concello de Cambados e Google

ACCIDENTE EN VILARIÑO





Un autobús de Monbus cargado de pasaxeiros viuse involucrado nun accidente múltiple acontecido na vía rápida do Salnés, no tramo comprendido entre a rotonda de Vilariño e a de Barrantes.
Non houbo danos persoais.
Segundo informou Protección Civil de Cambados o suceso tivo lugar ás 16:00 horas na VG-4.3. á altura do quilómetro 3, pouco despois da gasolineira de Vilariño.
A veciña de Cambados, C.I.A. de 64 anos, invadiu o carril contrario co Audi que conducía, golpeando no lateral ao autobús que circulaba polo carril contrario. Un terceiro vehículo, marca Saab foi alcanzado por unha moldura que se soltou do autobús.
Ata o punto desprazáronse Protección Civil de Cambados, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia medicalizada do 061, con persoal do Punto de Atención Continuada (PAC) de Cambados a bordo que trasladou á condutora do Audi ao presentar un cadro de ansiedade.



O PP OBSTACULIZA A LABOR DA OPOSICIÓN






O grupo municipal do PsdeG-PSOE de Cambados manifesta que o Concello obstaculiza a labor da oposición negándolle o dereito á información.


A portavoz socialista, Fátima Abal, presentou no rexistro do concello unha solicitude para a entrega semanal dunha copia dos rexistros de entrada e saída do concello, á cal teñen dereito os grupos municipais para poder realizar as labores de oposición. Sen embargo, dende o concello non responderon a dita solicitude, motivo polo cal a portavoz socialista volveu a solicitar, ata en catro ocasións, o acceso a dita información. A resposta foi a mesma as catro veces: o Concello non contestou ás solicitudes.

Segundo Fátima Abal: "Estas trabas evidencian que o Concello de Cambados, en lugar de mirar por tódolos seus veciños como é o seu deber, limítase a gobernar só para eles mesmos. Este é o xeito de facer política do PP, ignorar deliberadamente a aqueles que non pensan coma eles. Esquecen que a  Corporación Municipal está formada polos 17 concelleiros que a compoñen, non só polos do equipo
de goberno, senón tamén polos da oposición."

Ademáis, sinala que este comportamento xa se ven producindo dende fai moito tempo: "é un continuo desprezo aos representantes de moitos cambadeses, xa que non informan de nada do que fan, non convidan aos representantes da oposición aos actos oficiais, e négannos o dereito á información. Este, dende logo, non é o comportamento que se espera dun goberno democrático."

Pero os socialistas van máis alá, xa que se preguntan cal é o motivo desta falta de transparencia: "este reiterado silencio fai que nos preguntemos se o equipo de Aragunde ten algo que ocultarlle aos veciños e veciñas de Cambados. Se non teñen nada que ocultar, non se explica que non compartan a información cunha parte da corporación que representa a tantos cambadeses e cambadesas."

É por esto que Fátima Abal xa anunciou que non pensan desistir ata lograr que o concello, tal e como é a súa obriga, lles entregue a información do rexistro. "Acabamos de presentar unha reclamación ante o Valedor do Pobo, xa que parece que a única forma de que o Concello faga o seu traballo é recurrindo a instancias superiores. Ésta é a cuarta vez que tempos que acudir ó Valedor para que desde o Concello cumplan coa súa obriga de informar”



28 de julio de 2014

TAL DIA COMA HOXE.....



A BANDA DE MÚSICA DE MEAÑO CAMPEONA DO MUNDO

Hai exáctamente un ano a Banda Unión Musical de Meaño,  conseguía o primeiro premio "World Music Contest de Kerkrade", considerado un auténtico mundial de bandas de música e que reúne cada catro anos a unha selección de 200 bandas de todo o mundo.
Competía en primeira división xunto con 19 formacións de distintas nacionalidades e obtivo tras a súa actuación unha puntuación de 96,25 sobre 100. En segundo lugar a Old Harmony Eijsden do Países Baixos, con 95,75 puntos, e en terceiro lugar Harmonieorkest de Volksgalm de Belgica con 94,75.
A Banda Unión Musical de Meaño convertíase así na primeira banda galega en conseguir este posto de tan prestixioso mundial. A devandita banda, encabezado pola directiva e os 92 compoñentes desta agrupación, partira cara a terras holandesas o martes 23 de xullo do 2013, cargados de ilusión, pero feitos un mangado de nervios debido á gran responsabilidade que supoñía para estes músicos participar nunha competición bandística de tan alto nivel.

Así volo contamos en A BANDA DE MÚSICA DE MEAÑO CAMPEONA DO MUNDO





EMPEZAN AS OBRAS DE SANEAMENTO DO SACO DE FEFIÑÁNS






A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou esta mañá o inicio das obras e aclarou que estes beneficios xa se notarán este mesmo ano, xa que en tres meses estarán rematadas as obras que eliminarán os vertidos sen depurar dun colector de saneamento que non está conectado á rede de depuradora. Augas de Galicia destina máis dun millón de euros para a execución do conxunto dos traballos.

Trátase dos traballos incluídos na primeira fase e consisten en afrontar o saneamento da rúa Pombal, paralela á estrada autonómica PO-549 (Vilagarcía de Arousa- Cambados) e cuxo sistema de sumidoiros verte directamente sen tratamento sobre un dos dous regatos que chegan ao fondo do saco.
Con estes traballos mellorarase o saneamento cambiando 120 metros de colectores e instalando unha pequena estación de bombeo no punto baixo da zona no río Corvillón para recoller as augas residuais das vivendas desa rúa para impulsalas e poder conectalas á rede de saneamento actualmente existente.
Vázquez Mourelle recordou que o proxecto de Saneamento Integral do Saco de Fefiñáns, valorado en máis de 1 millón de euros, definiuse a partir do Plan de saneamento local da Ría de Arousa, no que estudaron con detalle o funcionamento das redes de saneamento para atallar as súas problemáticas, especialmente en tempo de chuvia.
Explicou que nestes puntos do concello de Cambados, no saco de Fefiñáns e na rúa Pombal, cómpre resolver verteduras directas e indirectas que hoxe en día se producen ao saco pola actual configuración da rede de saneamento.



A TALA DE CORBILLÓN OBRA DE FENOSA






Varios veciños pediron no concello de Cambados  unha explicacion do que estaba sucedendo no paseo maritimo do estanque en Corbillon sobre os árbores que se cortaron en terreo publico e despois de varias chamadas de tlf de parte do concello a explicación dada é bastante lóxica: as árbores cortounas Fenosa, por que por alí pasa unha liña de alta tensión e segundo as leis eles teñen obligación de que a parte da baixo da liña estea despexada de árbores, pero que non se preucupen os veciños de esa zona que xa se acabou coa tala de árbores. 
Unha explicación lóxica tendo en conta os riscos que a falla de limpeza pode acarrexar.

ASÍ QUE XA O SABEDES SI TEDES UNHA LIÑA DE ALTA TENSION NA VOSA FINCA E TENDES ALGÚNS FRUTAIS    ¡¡¡COIDADO QUE FENOSA APARTE DE PODERCHE CORTAR A LUZ POR IMPAGO TAMEN CHE PODE CORTAR OS FRUTALES SEGUN A LEI.!!!

Aquí podes ver a nova publicada os sábado pasado.



Fonte: Unión Vecinal Cambadesa


 

26 de julio de 2014

ESTA É A GALICIA REAL, NON A QUE QUERE MOSTRAR FEIJÓO




A perda en terras galegas é constante I é que no segundo trimestre rexistráronse 600 baixas de traballadores por conta propia.
Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados polo INE reflicten que Galicia é a Comunidade Autónoma que sofre a maior caída de traballadores por conta propia no último ano (segundo trimestre 2014 en relación ao segundo trimestre de 2013). Esta sangría cífrase en 18.700 autónomos menos (-7,9%), catro veces superior á media española que rexistra 52.200 autónomos menos no mesmo período (-1,7%).
Para a Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores, UATAE, estes datos son preocupantes e é que as cifras tampouco son positivas neste segundo trimestre ao rexistrarse 600 baixas en relación ao trimestre anterior.


Este último estudo ratifica que Galicia vén soportando unha forte caída tanto en términos trimestrales como anuais, situando ao número de traballadores por conta propia en 218.300 neste segundo trimestre do ano.
Para Maria del Carmen Rodríguez, Coordinadora de UATAE Galicia, "estes datos supoñen un xerro de auga fría en relación ás expectativas de aumento do traballo por conta propia que indicaban os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social".


Para Rodríguez, "é preocupante a sangría anual que está sufrindo a Comunidade galega, superior á do pasado ano, cando as expectativas económicas eran peores que as actuais". Engade, ademais, que "é especialmente rechamante que a EPA reflicta unha caída tan importante en Galicia situándoa na Comunidade con maior perda anual relativa de autónomos". A Coordinadora de UATAE Galicia insiste en que "é moi significativo que, en relación ao trimestre anterior, na Comunidade pérdanse autónomos mentres aumentan no conxunto de España".



HOXE TOMAN POSESIÓN OS PATRÓNS MAIORES GALEGOS



Hoxe accederán ó seu cargo os patróns e patroas maiores elixidos en 62 das 63 confrarías de pescadores de Galicia, tralas eleccións unificadas en todo o país que se celebraran a finais do mes de xuño.
33 patróns repiten no cargo e 29 confrarías incorporan caras novas.

O pasado xoves foron proclamados definitivamenteo os patróns maiores elixidos no total de confrarías galegas, agás no caso de Raxó, en Pontevedra, onde se tiveron que repetir as eleccións porque os resultados foron impugnados.

Do total de 62 patróns, 13 son mulleres e cinco delas repiten responsabilidade.

Os patróns maiores inauguran hoxe o seu mandato, que terá unha duración de catro anos.





TALA INDISCRIMINADA DE ÁRBORES EN CORBILLÓN




Tala indiscriminada de árbores nao paseo marítimo de A Seca en Corbillón.
Unha persoa adicouse a talar dias pasados os árbores da súa finca e non contento con iso, cortou varios exemplares que non estaban na sua propiedade. A propiedade está delimitada por postes de cemento como se pode apreciar nas fotos. 
Conta este veciño con permiso para talar estes
árbores? Son especies protexidas?.
Veciños de Corbillón alertaron ao concello sobre os feitos, a resposta foi que non tiñan constancia da tala e que mandarían a alguén a comprobar os feitos. 
Onte venres como festivo que era non se acercou ninguén, segundo os propios veciños. 
Continuaremos informando do que aconteza.

Imaxes: UNIÓN Vecinal Cambadesa



Máis info aquí

24 de julio de 2014

O CONCELLO NON SE FARÁ CARGO DA PISCINA MUNICIPAL





O Concello de Cambados dá por segura a rescisión do contrato da actual adxudicataria da piscina municipal. O impago aos traballadores é para Aragunde motivo dabondo para quitarlle a concesión, aínda que para iso é mester cumprir os prazos legais estipulados. 

Con todo, ten dereito a presentar alegacións, como de feito xa fixo. O Alcalde asegura que este é un tema prioritario para o goberno local. A súa idea é cancelar a concesión e, ó día seguinte de que se faga efectiva, poñer outra empresa no sitio que xestione momentaneamente as instalacións namentres outras empresas non se presenten a concurso; mediante un procedemento negociado sen publicidade. O Concello tentará que os traballadores cobren xa desde este momento de transición, posto que entenden que o seu traballo está a ser o axeitado e eles non teñen a culpa dos problemas económicos que sufre a empresa. O que si se nega o Concello cambadés é a asumir directamente a xestión da piscina, nin sequera de xeito provisorio.

HIPÓCRITAS



                                   HIPÓCRITAS!!!!!

Hipócritas por darlle unha medalla as víctimas e non crear unha comisión de investigación.
Hipócritas por negar a entrada ao acto as familias das víctimas disconformes con esa medalla.
Hipócritas por evitar falar do esencial: "neste dia non toca..." dixo o sr. Presidente.
Hipócritas por querer ser protagonista con declaracións institucionais falsas e demagóxicas.

                                    



LUÍS ARAGUNDE PIDE O APOIO QUE NEGA A OUTROS





O alcalde de Cambados remitirá nos próximos días unha carta a todos os colectivos e asociacións do municipio para pedirlle o seu apoio na defensa do partido xudicial, que podería desaparecer si se cumpre o borrador da reforma que manexa o Ministerio de Xustiza. O alcalde de Cambados, como outros rexedores de cabeceiras de partidos xudiciais que fai uns días consensuaron coa Diputación de Pontevedra un escrito en contra de devandita reforma, pide que se manteñan os servizos actuais no anteproyecto co que traballa Gallardón.

Esta é a nova que se pode ler nos xornais de hoxe...........

Sin querer criticar a loita deste home, pois redunda no beneficio de todos os cambadeses e o resto dos veciños ca comarca. Esta petición é ao igual que o manifesto da semaán pasada de Louzán, de cara a galería, penso eu. 
Agora ven a pedir apoio, o mesmo apoio que el lle da ao BNG ou ao PSOE ou outras formacións políticas diferentes a sua, cando protestan contra a mesma lei.
O mesmo apoio que el lle presta aos parados cambadeses? ....A todos....
O mesmo apoio que lle da  aos alumnos do Magariños e dos outros colexios cambadeses?
O mesmo que lle da aos veciñ@s do pobo sexan do partido que sexan?
E poderíamos seguir pero xa vos sabedes.......


A BASE DO CAMBADOS SEGUIRÁ UN ANO MÁIS COA MESMA DIRECCIÓN



 Nun breve comunicado na sua páxina de facebook o equipo director da base do Club Juventud de Cambados confirma a sua continuidades un ano máis, para ledicia de todos, pais, nais, titores, xogadores, monitores e directiva do primeiro equipo os pequenos flecos que quedaban por arranxar foron solucionados.
Aquí podes ler o comunicado.


 "A Dirección de Fútbol Base do C.J. Cambados informa que o contrato de xestión do fútbol base foi renovado por un ano máis, Introducindo a novidade de que se fará equipo XUVENIL, co cal gestionaremos desde a categoría Prebenjamín a Xuvenil. Os monitores estamos moi agradecidos a todos os xogadores, patrocinadores, pais etc... que formaron parte este ano do fútbol base e queremos seguir contando con eles, Todos xuntos facedes posible que isto SIGA ADIANTE. MOITAS GRAZAS."
Desde hoxe mesmo estamos traballando na próxima tempada.

GRAZAS AO CLUB POR DARNOS A OPORTUNIDADE E CONFIAR UN ANO MAIS EN NÓS.




23 de julio de 2014

O PARADOR DE CAMBADOS E YAYO DAPORTA COLABORAN NO MENÚ DO PEREGRINO





Un total de 12 establecementos da rede de Paradores teñen a disposición dos seus clientes o Menú Peregrino, de Asís a Compostela, unha iniciativa gastronómica na que a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, e Paradores colaboran no marco dos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.
Os Paradores de Bielsa, Olite, Santo Domingo de la Calzada, Lerma, Cervera de Pisuerga, Benavente e León, ademais dos galegos de Santo Estevo de Ribas de Sil, Baiona, Cambados, Ribadeo e o Hostal dos Reis Católicos en Santiago contan con este menú elaborado con receitas de oito restauradores galegos distinguidos coa Estrella Michelin.

Así, oito restaurantes galegos con Estrella Michelín elaboraron as receitas que conforman este Menú Peregrino, de Asís a Compostela. Os restaurantes son:
-A ESTACIÓN (Cambre - A Coruña). Beatriz Sotelo y Xoán Crujeiras
-ÁRBORE DA VEIRA (A Coruña). Luis Veira
-AS GARZAS (Malpica de Bergantiños - A Coruña). Fernando Agrasar
-CASA SOLLA (Poio - Pontevedra). Pepe Solla
-CULLER DE PAU (O Grove -Pontevedra). Javier Olleros
-RETIRO DA COSTIÑA (Santa Comba - A Coruña). Manuel Costiña
-PEPE VIEIRA CAMIÑO DA SERPE (Poio - Pontevedra). Xosé Cannas
-YAYO DAPORTA (Cambados - Pontevedra).Yayo Daporta



PRIMEIRO ACTO DE FÁTIMA ABAL COMA CANDIDATA DOS SOCIALISTAS





O primeiro acto como candidata a alcaldía de Fátima Abal  será hoxe, en Exposalnés ás 21.00 horas. 

O motivo será a creación dunha Plataforma en defensa do Partido xudicial de Cambados, a ela os socialistas cambadeses convidaron aos representantes dos traballadores do xulgado, os procuradores, avogados, representantes socialistas dos municipios pertencentes ó Partido xudicial de Cambados e os portavoces do BNG e do PP, para que de forma unánime se apoie o mantemento do noso xulgado.