Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de junio de 2014

A FESTA QUE NON FOI E PODE ACABAR NOS XULGADOS




Benito González tiña preparada unha longa noite postelectoral.
Comida e bebida e foguetes. A nova corre por Cambados coma un regueiro de pólvora, nunca mellor dito.
Un parte de incidencias na oficina da policia municipal do que sucedeu no pósito cambadés sobre entre as 4 ou 5 da mañan do sábado para o domingo .A incidencia xa esta no concello e segundo fontes que compartiron a nova connosco, ese parte xa foi pasado a instancias superiores, supoñemos que as mans do alcalde. 
Parece ser que no salón de actos da confraría alguén veu o que había alí, comida bebidas e incluso fogos, coa irresponsabilidade e neglixencia de ter nun lugar sen as medidas necesarias de seguridade para gardar ese material pirotécnico. Todo esto organizado polo grupo, suponse que foi derrotado nas eleccións na confraría de Cambados.

Haberá que agardar que se tomen as medidas necesarias para que os autores deste feito sexan castigados de maneira contundente e caia sobre eles o peso da lei.
Todo foi descuberto polas presas dos organizadores da "festa" que desmontaron todo o chiringuito tan apurados que esqueceron cerrar a verxa da confraría e varios particulares avisaron do feito a policía local.

PATÉTICAS DECLARACIÓNS DE BENITO GONZÁLEZ





Patéticas declaracións do presidente da Federación Galega de Confrarías e patron maior de Cambados, Benito González, que tralos resultados non repetirá, achacaba "ó cambio xeracional e á situación económica a viraxe de rumbo en históricos pósitos galegos". 
Ou sexa facer as cousas mal ou estar máis tempo nos xulgados que na propia confraría non inflúe nas votacións?.
Pois nos, coma a maioría da xente do mar de Cambados creemos que sí.
Resultado contundente en Cambados, os opositores a Benito González se fixeron con 20 das 24 vocalías e o propio presidente das confrarías galegas non logrou ser elixido, polo que deberá abandonar tamén o seu cargo á fronte da federación autonómica.

O MEDIO MARATÓN O GROVE-CAMBADOS DESLIGADO DA DEPUTACIÓN






Fora anunciada como a proba estrela do primeiro Tour Running Rías Baixas, pero finalmente non estará incluída no circuíto de carreiras populares impulsado pola Deputación Provincial.
O medio maratón entre O Grove e Cambados si se celebrará, ou esa é a intención dos organizadores, pero farao de xeito independente. Así o confirmou o servizo de Deportes da Deputación, institución que aposta por esta carreira como elemento de promoción da zona.
Con aspectos aínda por perfilar para a súa primeira edición, que unirá ambas as dúas localidades percorrendo a costa da ría de Arousa, pénsase no día 28 de setembro como data para a súa celebración.
O lugar do medio maratón no Running Rías Baixas ocuparao o XLI Trofeo Pedestrismo Concello de Cangas o día 7 de decembro, cunha proba de 10 quilómetros que chegará ata Aldán.



28 de junio de 2014

TRANSCORRE SEN INCIDENCIAS A XORNADA ELECTORAL





As dez desta mañán comezaronn as votacións para renova-los órganos reitores das confrarías de pescadores en Galicia.
Son case trece mil os traballadores que están chamados ás urnas nas primeiras eleccións unificadas do sector.

A de hoxe é a primeira fase duns comicios que se desenvolverán en tres etapas. Este sábado serán escollidas as xuntas electorais e os patróns maiores de cada confraría. Despois celebraránse votacións nas tres federacións provinciais e finalmente escollerase ao presidente da Federación de Confrarías de Galicia.

 A conselleira do Mar, Rosa Quintana, apuntou que ata o de agora "non se ten detectada ningnha incidencia". "Tódalas mesas están constituídas, agardo esa normalidade o resto do día", engadiu.

Quintana lembrou tamén que esta é "a primeira vez en Galicia que sesenta e tres confrarías se presentan as eleccións o mesmo día".




UNHA CHARLA PROPIA DA CAVERNA TDTPARTY




Parece mentira que unha asociación como AVILEGEN que se destaca na loita contra a violencia de xénero, contra as denuncias falsas de mulleres "supostamente" violentadas por homes e contra a violencia tamén contra os homes poida estar colaborando en charlas nas @s contertuli@s sexan máis que nada hooligans. 
Que xente que asiste a esas charlas  saia de alí asqueado e cabreado polas barbaridades, falacias e mentiras que escoita non é normal. Unha charla que en realidade parece sacada da caverna tertuliana de extinta Intereconomía ou 13TV, e na que se dí que non é necesaria unha lei para previr esta lacra que tantas víctimas e tanto sufrimento causan. Unha charla na que se dí que o machismo nunca existeu nas sociedades tradicionais e que foron os movementos progresistas os que inventaron o machismo e o patriarcado. En fin.... auténtico noxo o que alí se dixo. 

Agardemos que tanto AVILEGEN coma firma de avogados Miguélez e Asociados non sigan a liña destes contertulios, polo ben da loita contra a violencia de xénero en calquera das suas vertientes.



27 de junio de 2014

MAÑÁN ELECCIONS NAS CONFRARÍAS GALEGAS






Candidatura opositora
Mañá sábado 28 de xuño 63 confrarías participarán por primeira vez nun proceso electoral único e simultáneo, no que preto de 13.000 empresarios e traballadores do mar poderán votar aos vogais que conformarán a xunta xeral e que os representarán os vindeiros catro anos.
Trátase do primeiro paso dun proceso electoral que se desenvolverá en tres partes. Trala proclamación electoral provisional das persoas que formarán parte da xunta electoral e os vogais das xuntas directivas das agrupacións sectoriais, terán lugar as eleccións nas 3 federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.
Candidatura continuísta
Desenvolvemento do proceso
As votacións darán comezo simultaneamente ás 10:00 horas, permanecendo abertas as comisións electorais un mínimo de 4 horas e un máximo de 8 horas -ben ininterrompidamente ou cun receso intermedio- segundo o estableza o plan electoral de cada confraría aprobado e ratificado polo servizo de Apoio e Relacións coas Organizacións Sectoriais da Secretaria Xeral do Mar.


No que respecta a Cambados as augas baixan revoltas, a candidata Teresa Bugallo denunciou que a sua propaganda electoral fora retirada de varios puntos por persoas vinculadas a actual directiva presidida polo imputado Benito "Pelea" González, e que se presenta a reelección. Aparte destas duas candidaturas hay outra que se presenta como a alternativa ao oscurantismo, mangoneo e miles de trapalladas, segundo eles mesmos, que acontecen na confraría de Cambados.
Teresa Bugallo
Na campaña electoral de Cambados entraron a favor da candidatura continuísta, a Xunta con visita da conselleira incluída ou a prensa local segundo as denuncias da candidatura de rexeneración.
Mañán os 606 socios da confraría decidirán por un futuro continuísta e cheo de oscuridade ou por un troco na maneira de traballar pola xente do mar.









ACCIDENTE SEN GRAVES DANOS EN CAMBADOS





Un pequeno accidente de táfico en Cambados saldouse con tan so danos materiais en dous vehículos hoxe en Cambados concretamente en Cobas de Lobos, Vilariño. O choque, segundo a información de Protección Civil de Cambados tivo lugar nunha pista estreita desta parroquia cambadesa.

O ALCALDE MINTE CON RESPECTO AO CUARTEL DA GARDA CIVIL





Un dos rogos e preguntas presentados onte no Pleno do Concello de Cambados, surxiu a raíz dunha pregunta presentada no Pleno de Decembro, non contestada, que se levou como queixa ó Valedor do Pobo. O Concello contestou esta pregunta ó chegar o requerimento deste órgano, dicindo que o Cuartel non se arranxou porque debido á herdanza recibida, non hai cartos. (A resposta na foto de abaixo).
Esta resposta foi recibida polo grupo socialista o 2 de maio.
Tras elo fíxose esta pregunta no Senado en Madrid por parte dunha senadora socialista.



O comunicado ó Concello da decisión da Garda Civil de construir un novo cuartel na localidade prodúcese o 23 de febreiro de 2007.

O Concello de Cambados tarda un ano e dous meses en presentar o Proxecto básico e 5 meses máis en presentar o Proxecto de execución.
Dous meses despois a Garda Civil devolve o proxecto para correccións. O Concello de Cambados tarda 10 meses en facer as correccións.

4 meses despois a Garda Civil reclama o proxecto en CD. 7 meses despois chega o cd no Servicio de Acuartelamiento ( estamos falando do 3 de agosto do 2010).

Ano 2011 cambio no goberno central, mandato de Mariano Rajoy, durante todo este ano non se recibe nada referente ó arranxo do Cuartel nin por parte do Concello nin por parte do Goberno central.

Ata o 17 de xaneiro do ano 2012, dous anos despois, non se recibe na Dirección Xeral o escrito do arquitecto municipal, dicindo básicamente q o proxecto é irrealizable, un mes despois, transmítese ó Concello a necesidade de actualizar o proxecto.

A última actuación foi o 20 de abril de 2012 e di textualmente “se remite al Ayuntamiento de Cambados memoria de necesidades para el acuartelamiento”.

Ata día de hoxe, dous anos despois, o Goberno non ten constancia de máis comunicación referentes a este tema.

Surxen moitas dudas, sobre todo a de porqué os senadores do partido popular votaron en contra da enmenda para o arranxo do cuartel, e a de porqué ó Concello de Cambados desistiu  nas súas actuacións.
A resposta escrita da Alcaldía ás preguntas feitas por este grupo no Pleno de decembro de que o goberno do PSOE en épocas de bonanza esqueceu dita actuación e que o goberno actual ten que facer fronte á herdanza recibida xa non é válida no momento en que se pon de manifesto que é este Concello o que foi retrasando anos esta obra. En concreto, desde que se comezaron as actuacións,  7.  
7anos de retraso.
No próximo Pleno, os socialistas voltarán a presentar  de novo estas preguntas por escrito.





26 de junio de 2014

O CONCELLO DE CAMBADOS NON DA MARCHA ATRÁS






Denunciábamos onte as poucas luces deste goberno municipal de Cambados para organizar actos. Tendo a maravillosa praza de Fefiñáns para celebrar alí o desfile de moda de Eva Soto e posterior concerto de María do Ceo seguen empeñados en facelo no patio de armas do palacio de Fefiñáns.
Acotar a cultura non é unha boa idea.
Agora aumentan de 400 a 600 as cadeiras para poder ver ambos eventos. Seguirán a quedarse cortos e ademáis canto máis xente  máis incómodo será para os asistentes, polo reducido espazo. A verdade seguimos a non entender nada.









MARTIN CODAX ACADA UN NOVO PREMIO





A adega cambadesa "Martin Codax" ven de recibir un novo premio. 
Trátase dun dos Premios ao éxito empresarial, que concede a revista Actualidad Económica. 
Con este premio recoñécese a Martín Codax pola súa estratexia internacional, o que representa “un claro expoñente do inmenso esforzo realizado pola industria vitivinícola galega nos últimos anos e que levou a un notable crecemento das exportacións dos viños galegos”.
Xunto a adega cambadesa tamén foron outorgados polo
xurado e os lectores de Actualidad Económica o premio de Mellor Empresario a Ángel Martínez Varela da empresa Fandicosta; o de Mellor Traxectoria Empresarial a Televés; o de Mellor Iniciativa Empresarial, a ampliación da sede de Inditex; o premio de Innovación á Universidade de Vigo; o Premio Revelación á empresa Quescrem: e o Premio á Creación de Emprego a Hijos de Rivera.




OS PREFERENTISTAS ABANDONAN AS PROTESTAS PERO NON A LOITA





Tras case dous anos de mobilizacións continuas, as plataformas de afectados polas participacións preferentes e débeda subordinada do Salnés e Marín-Pontevedra decidiron abandonar as protestas.
Toman esta decisión tras as últimas devolucións de fondos aos seus integrantes, que permitiu, que a maioría recuperaron o seu diñeiro ou están a punto de facelo.

Moitos dos afectados de ambas as dúas organizacións cobraran xa mediante o sistema de arbitraxe que puxo en marcha a Administración. Non obstante, tras a chegada da nova dirección de Novagalicia Banco, os casos fóronse resolvendo a través de acordos que foron alcanzando directamente nos últimos meses coa entidade financeira.
Trátase dunha medida similar á adoptada recentemente por outras plataformas similares como as de Val-Miñor, O Morrazo e A Coruña.
 O logro supón que os máis de 300 integrantes da plataforma de Pontevedra-Marín recuperaron de 9 a 10 millóns de euros e os ao redor de 250 prexudicados do Salnés, entre 8 e 9 millóns. Nesta última plataforma quedan tres afectados pendentes de resolucións xudiciais.
Plataforma de afectados de O Salnés
 Nesta nova etapa centraranse tamén en reclamar que se retiren as sancións impostas a afectados pola súa participación en distinto tipo de profestas. En toda Galicia se impuxeron sancións por un total de 20.000 euros, das que ningunha afecta aos membros de Marín e Pontevedra. Si hai un preferentista do Salnés con dúas multas agora recorridas.

Agora estas plataformas van a constituise en asociacións para poder presentar as demandas ante a Audiencia Nacional contra os "responsables de esta estafa".




CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO EN CAMBADOS





Cambados acollerá mañá a tarde unha charla sobre Violencia de xénero, co gallo do décimo aniversario da entrada en vigor da lei que regulamenta os delictos vencellados a esta lacra social.
A violencia de xénero será obxecto de debate unha vez máis pero desde unha perspectiva multidireccional. A charla será mañá venres ás sete da tarde en ExpoSalnés en Cambados. A ponencia correrá a cargo de tres mulleres: a educadora infantil María del Carmen Prado Esteban; a médico Beatriz Piñeiro e a avogada Beatriz Rodríguez. A entrada a este acto é de balde e non é preciso anotarse previamente. Esta iniciativa está organizada pola firma de avogados Miguélez e Asociados e colaboran o Concello de Cambados e de AVILEGEN, a Asociación de Víctimas da Lei de Violencia de Xénero.



 

25 de junio de 2014

CRUCE DE DENUNCIAS ENTRE A VÍCTIMA E O AUTOR DO ATROPELO DE MEIS





O suposto autor dun atropelo en Meis esta fin de semana quedou en liberdade con cargos. Un veciño dese concello quedara ferido tras ser atropelado, supostamente de xeito intencionado, por un vehículo nunha área de servizo. Saíra da cafetería cun grupo de persoas cando o coche foi contra el, e despois fuxiu do lugar. Os acompañantes da vítima identificaron o condutor como un veciño de Cambados.
Agora é o cambadés que denunciou que tres persoas o atacaran ao saír da cafetería e foi cando escapando atropelou ao veciño de Meis.
Todo apunta adisputas anteriores entre ambos individuos, sobre todo durante a festa do Viño Tinto en Barrantes a segunda fin de semán deste mes.





CONCELLOS EMPREGAN MAQUINARIA SEN ESTAR AO DIA





Ben sabido é que nestes as cousas están mal para moitos cidadáns e tamén para empresas e organismos oficiais.
Tan mal está para algúns concellos que empregan maquinaria sen estar ao dia.
Sen estar ao corrente na documentación nin a ITV e polo tanto a Garda Civil tivo que precintala. Trátase dunha retroexcavadora que agora mesmo debe estar agochada nun dos galpóns que ten ese concello.
Supoñemos que ao carecer de documentación carecía tamén de seguro.
Botmos as mans a cabeza cando escoitamos que alguén conduce un coche ou calquer outro vehículo sin ter os papeis en regra, e os concellos coma sempre dando exemplo.
Desvelar conversas privadas non está ben, pero neste caso creemos que debemos de contar o que nos contan fontes propias dese concello.E seguirémolo a facer mentra creamos que a información é importante.



O ALCALDE DE O GROVE É MÁIS LISTO QUE ARAGUNDE






A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro realizou unha presentación na cidade xermana de Hamburgo dirixida a operadores turísticos e prensa especializada sobre a oferta turística de Galicia.
Ademáis a presentación do destino Galicia contou tamén coa participación do alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez García, que avanzou a celebración da LI Edición da Festa do Marisco, que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional. Deste xeito, promoveuse a singular gastronomía galega en xeral e da festa do Marisco grovense en particular. 
Aragunde, alcalde de Cambados, non aproveitou a ocasión de promocionar a festa do Albariño, unha das festas máis importantes e veteranas de Galicia i España.
Sobre todo sabedores de que Alemaña é, despois de Portugal, o segundo mercado internacional máis importante para a comunidade galega e supón o 12% do total de viaxeiros estranxeiros e o 10,5% das pernotas internacionais rexistrados nos establecementos hoteleiros da comunidade.




24 de junio de 2014

CULTURA NO CAMIÑO MUDA A CULTURA CON INVITACIÓN





O vindeiro venres o patio de armas do pazo de Fefiñáns, unha vez rematado o desfile de Eva Soto, acollerá unha actuación da cantante María do Ceo que  poderán contemplar en directo unhas 400 persoas, situadas a ambos lados da pasarela de moda. As invitacións para asistir ó evento pódense adquirir no departamento de Cultura do Concello. 
Esta actuación está encadrada nos actos promovidos desde a Xunta baixo o título "CULTURA NO CAMIÑO".
Resulta cando menos curioso que a cultura en Cambados se acote so a 400 persoas. O marco é fermoso pero a praza de Fefiñáns, e non imos descubrir a pólvora, é o lugar dende hai anos no que se fan concertos promovidos desde o Concello ou outras institucións públicas. Máis capacidade, cultura máis espallada.
Ao ser un lugar acotado, xente con rapaces que non teñen o aguante dun adulto,  non poderán ver a María do Ceo aínda que so sexan dez minutos. 
Así entende por cultura o sr alcalde de Cambados.
Pero o mesmo vai para o desfile.
Non pode ser que un desfile coma este no que dunha vez por todas a Eva Soto faráselle o recoñecemento na sua terra e os que non coñecen os seus deseños podan coñecelos se faga so para unhas 400 persoas.
Un problema engadido..... os que non queiran quedarse ao concerto tralo desfile de moda negan a posibilidade de poder disfrutar de María do Ceo a outras persoas?
Outro problema é que os medios presentes o dia da presentación destes actos non pregunta o porqué de que se fagan nesta localización e non noutra. O alcalde tampouco o di e na web do concello tampouco. Cecáis haxa unha razón de peso e nos criticando a ineptitude e o mal manexo da situación.



CONCERTO DE FALTRIQUEIRA EN CAMBADOS




Este VENRES temos unha cita ineludible co folclore galego!!!
Si o anterior concerto era de rock, na praza de Alfredo Brañas dan un xiro ao folclore tradicional coa presenza de Faltriqueira.


Tarde - Noite no marco da Praza Alfredo Brañas...
Organizado por A Leria. O Baloca Bar e Brothers.
Non faltarán Gaitas, pandeiretas, chourizo muiñeiras e alalás a partir das 22:30

E as 00:00 hora meiga, arranque do concerto de FALTRIQUEIRA, tres rapazas chegadas dende pontedeume que vos darán de cantar Tooooda a semana

GAITEIR@S, PANDEREITEIR@S, DANZANTES E BAILARINS quedades Tod@s convidad@s!




A PRESENZA DE LADY GAGA RONDARÁ NO DESFILE DE EVA SOTO






Varios modelos elixidos pola cantante Lady Gaga para a gravación do seu próximo vídeoclip formarán parte do primeiro desfile individual que a deseñadora Eva Soto Conde vai presentar en Cambados este venres, a partir das 22 horas, no histórico marco do patio de armas do pazo de Fefiñáns.
Eva Soto estivo acompañada polo alcalde, Luis Aragunde, e polo presidente do consello regulador da DO Rías Baixas, Juan Gil Araújo, na presentación dun evento novidoso que vai contar cunha pasarela de 22 metros, pola cal desfilarán modelos de Cambados.
O desfile leva por título Diálogo con el Arte e vai amosar diversos detalles alusivos ó mundo do viño en prol da denominación de orixe Rías Baixas. En total, a xove deseñadora ten previsto presentar 30 vestidos para muller, de dúas coleccións distintas (algunhas xa presentadas na Mercedes Fashion Week), e outros cinco modelos de papel para nenos da súa colección infantil.
A deseñadora Eva Soto é unha das artistas emerxentes que está levando o nome de Cambados por todo o mundo e que deste xeito convértese en embaixadora do seu pobo e da súa terra, gracias ós éxitos que obtén nas pasarelas nacionais e internacionais.






OS TRABALLADORES DA PISCINA NON SON RECIBIDOS POR ARAGUNDE





As instalacións da piscina municipal están a ser explotadas, desde hai anos, pola empresa “Gimnasios Pazos SA”; empresa que estivo a incumprir o contrato (concesión á 15 anos) ao non facerse cargo do correspondente pago de facturas de Fenosa e de Gas Natural estipulado en dito documento. Así mesmo semella que a razón deste continuado incumprimento foi debido ao excesivo gasto enerxético das instalación municipais pola deficiente planificación desta infraestrutura (insuficiente illamento da cuberta que implica constantes  perdas de enerxía e, polo tanto, perda de cartos). Que xa o anterior alcalde prometera, no seu momento, a realización de obras de cambio de cuberta que resolverían  as deficiencias descritas pero, a día de hoxe, a pesar das continuas promesas realizadas desde o concello para solucionar esta problemática, as instalacións encóntranse, cada vez, nun estado máis precario para ofrecer un bo servizo aos preto de 400 usuarios/as actuais. Que a empresa concesionaria conta actualmente  con 17 traballadores/as pertencentes maioritariamente ao noso concello e que teñen unha idade media duns trinta anos (dato de gran importancia, pois o paro entre a mocidade do concello e da comarca está a ser realmente elevado) e que lles adebeda, a dia de hoxe, a mensualidade de maio, polo que están a pasar por un momento moi complicado e de gran incertidume laboral e persoal, razón pola que o BNG non entende porque a Alcaldía,  aínda non recibiu aos representantes sindicais dos traballadores/as da piscina despois de habelo solicitado ata en tres ocasións. 

Tendo en conta todo esto os Nacionalistas formulan as seguintes cuestións:
1.- Ten coñecemento o concello da precaria situación na que se encontran os traballadores/as da empresa concesionaria da piscina municipal?
2.- Cal é, a día de hoxe,  a situación da empresa concesionaria con respecto á xestión da piscina municipal ? Existe a posibilidade de que durante este ano se produza o peche das instalacións da piscina municipal?
3.- O concello leva anos facéndose cargo de facturas de electricidade e calefacción da piscina que lle correspondían á empresa concesionaria, polo que preguntamos se contemplaría  facerse cargo do funcionamento desta instalación municipal no caso de que “Gimnasios Pazos SA”, deixe de facelo?
4.- En que data agarda a Alcaldía que se realice o prometido arranxo da cuberta da piscina municipal?
5.- Cando vai recibir o Alcalde aos representantes sindicais dos traballadores/as?





23 de junio de 2014

ESTA NOITE É MEIGA. MAÑÁN É SAN XOÁN






Moitos galegos cumpriremos esta noite cos rituais propios da noite de san Xoán. Saltar a cacharela, bañarse no mar ou lavar a cara coa auga que se fai cunha mestura de plantas son algúns dos máis coñecidos dunha tradición tan vella coma a propia memoria.
Esta noite conta con numerosos ritos e lendas propias. Todos como actos purificadores e que espantan o mal. Saltar as cacharelas, lavarse coa auga feita coas herbas de San Xoán, bañarse no mar, quedarse cun tizón do lume ou facer falcatruadas son algunhas das que marca a tradición.

Son ritos asociados ao lume, propios dos humanos dende tempo inmemorial e que o cristianismo adoptou para facelos propios. 


Espantar os meigallos en San Xoán con sardiñas frescas pode saír algo caro. A que colleron á mañá vai a 14 euros; a da noite, a 12 e a do sábado a 10 euros.
Así o comentaban esta mañán nas prazas de abastos de varios puntos de Galicia.

O cerco non traballou esta noite, si pequenas embarcacións que traballan ó xeito. A escaseza segue sendo a tendencia pero a que hai é bastante boa. Nunha semana a sardiña duplicou o prezo. Sardiña escasa e cara para espantar o meigallo un ano máis.







A XUNTA FAILLE A CAMPAÑA A BENITO GONZÁLEZ (Sierta Pena)





Casualidade ou non?
Non está prohibido facer anuncios de obras en campaña electoral?
Ou esta prohibición non vale para as eleccións as confrarías?
Ou estas prohibicións non van co PP?
Recordemos que o actual alcalde de Cambados xa foi denunciado ante a s xuntas electorais de zona,  en varias ocasións por visitar obras en tempo de campaña.
Sabemos que o imputadom patrón maior de Cambados goza do favor da Xunta pero esto é demasiado. 
Non podían agardar unha semana a que pasaran as eleccións nos pósitos galegos?
A Consellería do Medio Rural e do Mar inviste un total de 1,3 millóns de euros na construción dunha nova nave de descarga de moluscos no porto de Tragove, en Cambados. A titular deste departamento, Rosa Quintana, visitou esta mañá as obras, que teñen unha duración estimada de 10 meses, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.

O novo edificio consta dunha planta baixa que aporta unha superficie de uso de 840,77 metros cadrados. Este espazo, localizado nunha parcela paralela á da actual lonxa de Tragove, inclúe unha sala de poxa, dúas salas de decomisos, almacéns e cámaras de fresco e de conxelado, entre outras funcionalidades. As estancias completaranse con servizos básicos como aseos. 




CARTOS PARA OS POLÍGONOS PERO NON PARA CREAR EMPREGO


Axudar a arranxar polígonos industriais sen vida, a quen beneficia. Seguramente as obras serán contratadas a empresas amigas. 
Non sería mellor axudar a empresas que queiran establecerse en estos parques que arranxar o que está case en desuso?.
Un total de 53 concellos --64 proxectos-- serán beneficiarios de axudas da Xunta de Galicia por valor de 4,2 millóns de euros para mellorar as infraestructuras de parques empresariais.
 

O director xeral de Enerxía e Minas, Anxo Bernardo Tahoces, destacou o "éxito" da convocatoria, debido a que se comprometeu a cantidade dispoñible "na súa integridad".
Ademais, resaltou que seis consistorios --Cambados e Ribadumia, en Pontevedra; Cabanas e Fene, na Coruña e Ou Carballiño e Maside, en Ourense-- acudiron á mesma de forma "agrupada", o que lles permite unha intensidade maior da subvención (ata do 95% do investimento) e un importe límite tamén máis elevado (de 180.000 euros). Para o resto de municipios, a axuda chega ao 80% do investido e o tope da cantidade percibida é de 120.000 euros.



BUSCAN A UN CAMBADÉS POLO ATROPELO DE MEIS






A Garda Civil busca ao condutor dun vehículo que atropelou un mozo na estación de servizo da Autovía do Salnés, en Meis, na madrugada deste domingo.
As forzas de seguridade intentan esclarecer as circunstancias do suceso, se ben segundo as primeiras indagacións podería tratarse dun atropelo intencionado desencadeado por unha discusión, tras a cal o conductor fuxiu.
O atropelo produciuse minutos antes das 7:00 da mañá cando o mozo que resultou ferido saía da cafetaría da estación de servizo para subir ao seu coche.
Todo aconteceu moi rápido. No lugar había bastantes testemuñas, xa que esta cafetería abre as 24 horas e nas noites da fin de semana é un punto de encontro para a xente da zona. Non tiveron tempo nin de apuntar a matrícula pero si de recoñecer o condutor, un veciño de Cambados que dúas horas antes estivera tamén dentro do bar pedindo un bocadillo.
A vítima foi trasladada ao hospital Montecelo de Pontevedra e permanece estable.




21 de junio de 2014

PROCLAMADAS AS CANDIDATURAS AS ELECCIÓNS NAS CONFRARÍAS GALEGAS





Un total de 1.614 traballadores e 1.054 empresarios do sector do mar concorren como candidatos a vogais das xuntas xerais das 63 confrarías de pescadores de Galicia nas eleccións para a renovación dos seus órganos reitores, que se celebrarán o 28 de xuño. Cumprida esta fase de proclamación de candidaturas definitivas deu comezo xa a campaña electoral, que se prolongará ata o 26 de xuño incluído, sendo o 27 de xuño a xornada de reflexión.
Unha vez electos os vogais da xunta xeral, tomarán posesión dos seus cargos na súa sesión constitutiva, que terá lugar na sede da confraría no prazo máximo de cinco días desde a súa proclamación definitiva. Neste primeiro pleno da sesión constitutiva da xunta xeral, iniciarase o procedemento para elixir o patrón/a maior, vicepatróns/as maiores e vogais do cabido.
Elección dos patróns e vicepatróns
Os membros da xunta xeral elixirán por maioría simple en primeira volta ao patrón ou patroa maior entre os candidatos presentados. Para o caso de empate repetiranse as votacións en segunda volta e de manterse o empate resolverase a favor do de maior antigüidade na confraría e no caso de persistir o empate, a favor do de maior idade. A continuación e no mesmo acto, a xunta xeral elixirá de entre os seus membros os vicepatróns maiores primeiro e segundo e os vogais do cabido, respectando a paridade e proporcionalidade que se estableceu para a xunta xeral.

Todos estes pasos veñen explicados na normativa de convocatoria de eleccións, publicada no Diario Oficial de Galicia do 5 de maio de 2014 e que regula todo o proceso electoral nas confrarías de pescadores e establece o proceso a seguir en cada momento, detallando todos os pasos para elixir o patrón maior e os membros do cabido. Tal e como establece esta normativa, os comicios desenvolveranse en 3 partes. En primeiro lugar realizaranse as eleccións nas 63 confrarías de pescadores de Galicia, despois celebraranse as votacións nas 3 federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.



A XUNTA ADXUDICA AS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DO SANEAMENTO DO SACO DE FEFIÑÁNS





A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de adxudicar á empresa Petrolama Veiga, S.L. as obras da Fase I de recollida de verteduras do Saco de Fefiñáns, no concello de Cambados, por un valor de 82.451,74 euros.
Co cumprimento deste trámite dáse un paso máis nos traballos de saneamento que Augas de Galicia está a desenvolver nos concellos galegos para garantir o bo estado ecolóxico das rías galegas co fin de acadar o correcto desenvolvemento da produción marisqueira.
As obras da Fase I consistirán en afrontar o saneamento dunha rúa paralela á estrada autonómica PO-549 (Vilagarcía de Arousa- Cambados) e cuxo sistema de sumidoiros verte directamente sen tratamento sobre un dos dous regatos que chegan ao fondo do saco.
Trátase da rúa do Pombal onde se mellorará o saneamento cambiando 120 metros de colectores e instalando unha pequena estación de bombeo no punto baixo da zona no río Corvillón para recoller as augas residuais das vivendas desa rúa para impulsalas e poder conectalas á rede de saneamento actualmente existente.
Saneamento Integral do Saco de Fefiñáns: Fase II
O proxecto de Saneamento Integral do Saco de Fefiñáns, valorado en máis de 1 millón de euros, definiuse a partir do Plan de saneamento local da Ría de Arousa, que estudou co máximo detalle o funcionamento das redes de saneamento para atallar as súas problemáticas, especialmente en tempo de chuvia. No caso do saco de Fefiñáns, e ademais do saneamento da rúa Pombal que se inclúe na fase I, cómpre resolver verteduras directas e indirectas que hoxe en día se producen ao saco pola actual configuración da rede de saneamento.Na fase II recóllense as verteduras no contorno da avenida de Vilagarcía executando unha rede separativa de colectores de PVC e unha nova estación de bombeo integrada nun tanque de tormentas no Pombal. Este tanque, ou depósito de retención de augas unitarias, constará de canal de entrada, unha cámara principal de laminación e un pozo de bombeo. Finalmente, na Cabana proxéctase a execución dun novo colector que precisará da execución de varios treitos con perforación horizontal dirixida.

A Fase II do proxecto de Saneamento Integral do Saco de Fefiñáns foi adxudicada o pasado luns 16 de xuño á empresa Espina Obras Hidráulica, S.A. por un valor de máis de 980.000 euros, polo que nesta semana déronse os pasos administrativos definitivos para a mellora da calidade das augas da zona.




NOVAS VÍCTIMAS DA DICTADURA EN CAMBADOS




Onte pola tarde os veciños e hoxe pola mañán os comerciantes atopáronse coa sorpresa de ter cortada ao tráfico a rúa Isabel II. 
Sen previo aviso o concello de Cambados pechou de forma temporal, ou así o supoñemos pola maneira, a rúa Isabel II co consabido enfado de algúns veciños e comerciantes. Incluso unha furgoneta con material de obra para a remodelación dun dos "dazasete" locais que se atopan no entorno desa rúa(segundo Aragunde e Tourís) que se dipoñía a acceder a ela tivo que facer maniobras prohibidas para achegarse a dito local. 
Recordemos que esa rúa ía ser cerrada ao tráfico hai un par de meses, para o cal foron dispostas varios sinais, e nunha decisión de última hora todo mudou. Agora coa oposición de algúns veciños que necesitan, por idade ou enfermidade e de comerciantes aos que o que máis lles molesta é a forma de facer as cousas o concello decide unilateralmente cortala.
Sabida é a forma de traballar desde o concello i esta é outra das moitas demostracións da dictadura a que está sometido Cambados.



A NOVA PRAZA DE ABASTOS XA TEN FINANCIAMENTO


Un convenio a tres bandas entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Cambados permitirá afrontar un dos proxectos que se executarán no municipio nos últimos anos. Trátase das obras de remodelación da Praza de Abastos e a Lonxa Vella de Cambados. Contan cun presuposto de 3,6 millóns de euros.
A autorización para a firma deste convenio deuna este venres o Consello de Ministros. O 60% deste diñeiro, un total de 2.160.000 euros, achegarao o Ministerio de Fomento; mentres que Xunta de Galicia (648.000 euros) e o Concello de Cambados (792.000 euros) completarán o financiamento.
A mellora das condicións da praza, cun edificio funcional e operativo, ampliará e modernizará os servizos, o que redundará en beneficio das 70 vendedoras e dos clientes que a elixen para as súas compras. Ademais, suporá un impulso para o sector do mar que vende unha alta porcentaxe das súas capturas na praza cambadesa.



20 de junio de 2014

AS OBRAS DO MAGARIÑOS CHEGAN AO PARLAMENTO GALEGO




As obras da pista do colexio Magariños chegan ao Parlamento galego en vista das pésimas e contradictorias explicacións de Luís Aragunde.

Montserrat Prado Cores e Cosme Pombo Rodríguez, deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG) formularon a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, relativa á situación provocada polo retraso na realización das obras de mellora no CEIP Antonio Magariños de Cambados.
No mes de agosto do ano 2012 informouse por parte da Xunta de Galiza
sobre as obras que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria tiña planificado realizar no CEIP, Antonio Magariños de Cambados.
Tanto no Portal Educativo da Xunta de Galiza como en distintos medios de
comunicación, apareceron informacións sobre as obras que estaban planificadas
realizar nese curso escolar.
Naquel momento, a Consellería informaba da existencia dunha partida
para o arranxo das instalacións deportivas, principalmente, para a mellora da pista deportiva cuberta. Esta información foi refrendada polo Conselleiro nunha visita ao centro educativo.
En febreiro de 2013, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria na contestación a unha pregunta realizada polo BNG, sobre a non
conclusión das obras e as datas previstas para a súa realización, non foi quen de
facer ningunha concreción, nin por suposto dar unha data, limitándose a dicir que “as obras de mellora darán comezo en función da dispoñibilidade orzamentaria”.
En novembro de 2013 volveron facerlle promesas á comunidade educativa
do colexio Magariños nunha reunión, na que estaban presentes o Xefe Territorial
e o propio Delegado da Xunta en Pontevedra José Manuel Cores Tourís, que
cualificou de prioritarias as actuacións que había que realizar, comprometéndose
a facer unha valoración económica e técnica das intervencións precisas, e feita a
mesma a manter unha reunión.

Mais a realidade é que sete meses despois desta reunión e case dous anos despois das promesas realizadas, están sen completarse as obras prometidas, a pesar da catalogación destas obras como prioritarias e de que “teoricamente” hai varios anos que tiña orzamento, obras que seguen sendo urxentes, porque cando chove non é posible realizar actividades de educación física polo perigo que supón, para a integridade física do alumnado.
Para desagrado do BNG e da comunidade educativa do CEIP Magariños,
estes días aparecía unha información nos medios de comunicación na que se
dicía que o proxecto non está rematado e polo tanto moi pouco probábel que as
obras se poidan realizar antes de rematado o verán.
Este desagrado convértese en estupor coas declaracións feitas polo alcalde
do concello de Cambados, Luis Aragunde, que ven de asegurar con rotundidade o comezo “inminente das obras” desmintindo a información dos responsábeis da
Xunta en Pontevedra que admiten que o proxecto no está rematado.
Para o BNG resulta escandaloso o engano sistemático do PP á comunidade educativa do CEIP Magariños, tanto desde o Concello coma desde a
Xunta, e lamentamos que estean instalados na política de propaganda e non na de cumprir os compromisos, especialmente lamentamos esta actitude porque
estamos a falar da calidade educativa d@s nen@s e da súa seguridade.

Por estas razóns formulan as seguintes preguntas para a súa resposta
escrita:
-En que data se van acometer as obras de mellora prometidas polo
Conselleiro, polo Delegado da Xunta na provincia de Pontevedra e polo Alcalde
do Concello de Cambados no ano 2012?
-Vanse iniciar as obras “inminentemente” como anuncia o alcalde, ou está
sen rematar o proxecto como manifestan responsábeis da Xunta en Pontevedra?
-Cales son as razóns para que a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria non teña realizadas as obras prometidas desde hai case 2 anos no CEIP Magariños de Cambados?
-Tense realizado por parte da Consellería algunha comunicación @s
responsábeis do centro educativo a respecto da previsión de inicio das obras?