Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de mayo de 2014

O BNG PREGUNTA POLA RPT DO CONCELLO DE CAMBADOS






O BNG pregunta nunha nota de prensa emitida hoxe, que desde a implantación da actual RPT (Relación de Postos de Traballo) do concello de Cambados, o BNG estivo en contra deste documento porque considera que se tratou de implantar un modelo que se elaborou primando os intereses políticos sobre as necesidades reais do noso concello. Ademais, co actual modelo en funcionamento, o goberno municipal leva anos utilizando as partidas económicas dos postos  vacantes da plantilla de traballadores para calquera finalidade que lle poida ir xurdindo ao longo do ano, o que para o BNG significa unha clara demostración da falta de planificación dos consecutivos orzamentos, deste últimos anos, do concello de cambados. Como o BNG é coñecedor de que o pasado día 6 de maio tivo lugar unha reunión cos representantes dos traballadores/as municipais para tratar o tema da proposta da próxima RPT, que actualmente está a elaborar unha empresa e que en dita reunión o concello comprometeuse a entregarlle aos representantes dos traballadores/as, nun curto prazo de tempo, o documento borrador da nova RPT.

Polo tanto solicita que ao grupo municipal do BNG, como integrante da corporación municipal, se lle entregue igualmente caos representantes dos traballadores/as, unha copia do documento borrador da nova proposta de RPT para o concello de Cambados.

Ademais solicita, igualmente, que sexan contestadas as seguintes preguntas:
1.- Que empresa ou persoal elaborou, no seu momento, a actual RPT municipal? Cal foi o custo da elaboración dese documento?
2.- Que empresa está a elaborar o novo documento de RPT para o concello? Cando será facilitado o novo borrador de RPT aos representantes dos traballadores/as? Que custo terá este novo documento?



VOLVEN "OS XOVES DE CÓDAX" MÁIS SOLIDARIOS





Os “Xoves de Códax” volven á adega cambadesa. Martín Códax presentou a terceira edición do seu ciclo de concertos, que este ano chega con tinguidura solidaria.

Martín Códax volará encher de música os xoves do verán.
A súa terraza volverá servir de escenario para “Os Xoves de Códax”, que na súa terceira edición chega cheo de novidades. Ademais dun cartel no que se mesturan diferentes estilos, o ciclo será este ano máis solidario.
As entradas terán un custo de cinco euros, e os concertos arrancarán o vindeiro 3 de xullo, con Kepa Junquera e Xabier Díaz como os encargados de abrir a tempada.
Narf, Iria Peña, Santiago Auserón e Sés ou The Lákazans, son outros dos nomes que porán banda sonora aos xoves de xullo e agosto. 







OUTROS DOUS CAMBADESES NO CONCURSO DE TURVEGAL






Luís Gómez volve a participar no concurso de fotografía que promove TURVEGAL, e como outras veces queremos darlle un pequeno impulso desde CORES DE CAMBADOS.
Así o comunicou no seu perfíl de facebook: Estimados amigos de facebook onte a noite colgaron a foto coa que participo neste segundo concurso de Turvegal os que queirades votar recordar que tendes que abrir a foto e darlle a me gusta.

Xa sabedes entrar no facebook de TURVEGAL e picar "me gusta" na foto de Luís.

Lembrade que hai outro cambadés participando. Si non o apoiastes antes podedes facelo de igual xeito. Buscades pola foto deste outro cambadés, Carmelo Rey Abal, e facedes igual.


Fai uns intres enterámonos dunterceiro participante cambadés neste concurso e non íamos a deixar de apoialo. Trátase de Benito Montero Aragunde. 
Coma nas anteriores e sinxelo darlle a "me gusta".


 

ASAMBLEA DE "PODEMOS" NA COMARCA DE AROUSA




Podemos Cambados invítanos a asamblea comarcal de Arousa i explica o seu proxecto.

Podemos Cambados é unha asociación que nace ó abrigo da iniciativa Podemos, coa intención de crear un círculo de Podemos no concello.

Podemos Cambados xorde da situación política actual, onde un marco de déficit democrático, e falta de interese na política por parte da cidadanía, entendemos que foi clave para chegar ó panorama actual:

  • Corrupción estendida nas estruturas de poder.
  • Desaparición da separación de poderes.
  • Crise económica.
  • Déficit democrático.
O obxectivo da asociación é contribuír a mellorar a situación mediante accións concretas:

  • Fomento do debate político
  • Asembleas
  • Publicacións
  • Seguimento da política local

Situación actual


Neste momento nos atopamos na fase de nos constituír como asociación, traballo que implica crear uns estatutos e definir ben os nosos obxectivos.

A participación é o fundamental. Se estás interesado en aportar co teu tempo e colaborar nas actividades, asiste ás asambleas, e colabora nos grupos de traballo.

Por iso vos convidamos este Sábados ás 12:30, en La Malquerida, en Vilagarcía de Arousa a nosa Asamblea Comarcal.











NON ENTENDO COMO VIVINDO EN CAMBADOS...............................





Non entendo como vivindo en Cambados, hai xente que non se quere enterar de todas as cousas que pasan no pobo.
Non entendo como vivindo en Cambados, haxa xente que pretenda mofarse dun blog e reirlle as gracias a certos xornais.
Non entendo como vivindo en Cambados, haxa xente que se fai eco das novas dos xornais e non se faga eco do que publican outras persoas con base e criterio.
Non entendo como vivindo en Cambados i escribindo para a maior parte dos cambadeses, os que votaron do PP de Aragunde, non informen da espantada de varios membros dese partido cara VOX.
Non entendo como vivindo en Cambados se promocionen libros de xente de fora e os de autores locais nin se mencionen.
Non entendo como vivindo en Cambados algúns teñan a percepción de estar no paraíso e outros queiran de verdade facer de Cambados algo mellor do que temos.
Non entendo que depende da familiaridade do artista se promocionen unhas exposicións e outra queden pouco menos que no olvido.
Non entendo como vivindo en Cambados non dean quitado a venda dos ollos.
O que si entendo é que non hai peor xordo que o que non quere oir, nin peor cego que o que non quere ver.
Tamén entendo como di o refrán que "polo pan baila o can" i esa cecáis sexa a chave de todo.

E realidade si entendo o porqué, pero non acabo de explicarmo.



29 de mayo de 2014

A TOXINA CERRA TODOS OS POLÍGONOS BATEERIROS





O 2013 foi realmente duro para o sector bateeiro galego pero este ano as previsións non auguran mellores resultados. Co paso dos días aumenta a desesperación entre os traballadores do mar.

Preocupación entre o sector bateeiro galego pola chegada da toxina amnésica as rías galegas que se xunta coas biotoxinas do xénero lipofílico que estaban presentes desde finais do mes de marzo. A situación dos polígonos empeora por momentos para desesperación dos mexilloeiros que se ven obrigados a pechar a maior parte das bateas. Temen que se volva repetir a situación do ano pasado. No conxunto de Galicia permanecen pechados 45 de 50 polígonos. Deses 5 que permanecen abertos, 4 pertencen á ría de Arousa. Solo se pode extraer mexillón de dous polígonos de Vilagarcía, un de Cambados e outro da Pobra.


O resto das estruturas arousanas, un total de 18, están pechadas o que supón 2.200 bateas inoperativas. Na ría de Muros-Noia máis do mesmo. Os seus 4 polígonos mexilloeiros, con 118 bateas, teñen prohibida a extracción. E na ría de Pontevedra teñen os seus 8 polígonos clausurados practicamente desde finais de marzo. Os danos xa se perciben claramente no sector. Xa se poden ver desabastecidos os mercados e cocedoiros, depuradoras e conserveiras sen funcionar a pleno rendemento . No sector temen que este episodio tóxico poida prolongarse no tempo aínda que esta última toxina, a amnésica, tende a desaparecer máis rápido das augas e permitir polo tanto a reactivación actividade.






AMPLIAMOS A DENUNCIA DE "A TI MEU CAMBADOS"




En varias ocasións tanto "CORES DE CAMBADOS" coma "A TI MEU CAMBADOS" denunciamos o estado de abandono no que se atopa a zona de Beleco, as  rúas Caamaño Bournacell e Beleco e a praza feita na confluencia das duas rúas.
 
Onte por enésima vez "A TI MEU CAMBADOS", publicaba o estado no que se atopa dita zona e o uso, presuntamente irregular, de terreos para obras privadas.
A todo esto tamén temos que denunciar que rematadas as obras a zona parece unha escombreira restos de losas tiradas, restos do asflatado e un monte de terra máis digno dun lugar abandonado que dun espazo onde deberían poder xogar os rapaces e disfrutar todos.
Aparte, sinalar que as canalizacións abertas para soterrar os tubos que se meteron non tardarán en afundirse posto que foron mal rematadas. Como di alguén que coñezo: "en España non se sabe traballar".
Resulta que despois de meter od tubos tapáronnos cun pĺástico, botando enriba terra para rematar aplicando unha pequena capa de asfalto.
O lóxico sería que despois dos tubos se botara unha capa de formigón, terra e o asfalto.



SORTEADAS AS PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS DA DEPUTACIÓN.






A sala de prensa da Deputación de Pontevedra acolleu hoxe, desde das 10:00 h, o sorteo das prazas nos campamentos da Lanzada e nos polideportivos de Príncipe Felipe.

Deste sorteo, que será aberto, sairán os 2.500 nenos e nenas da provincia de Pontevedra que neste ano se beneficiarán das dúas iniciativas que a Administración provincial organiza cun dobre obxectivo: ofrecer unha oportunidade de lecer en compañía de nenos e nenas da mesma idade e con múltiples e variadas actividades e, por outra banda, contribuír a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais.
O éxito destas iniciativas queda patente no elevado número de solicitudes que se presentaron, tanto para os xa arraigados campamentos da Lanzada, con varias décadas de historia; como para os máis recentes campamentos polideportivos de Príncipe Felipe.
Por culpa de non por filtros pasará coma en anos anteriores. Rapaces e rapazas que nunca foron quedarán fora e outros que xa viviron a experiencia voltarán a poder ir. 
Somentes a pe de rúa pódese escoitar a cantidade de pais que se queixan da maneira de sortear as prazas.
Para os da Lanzada foron 3.235 as solicitudes presentadas (aínda que 36 tiveron que ser rexeitadas por non cumprir os requisitos esixidos), para un total de 2.200 prazas, polo que preto de 1000 nenos quedarán fora, moitos deles xa nunca poderán disfrutar dos campamentos por idade ou polo cansanzo dos pais que o tentan unha e outra vez sen éxito.


Sr. Louzán e compañía para o ano que ven trate de facer algo con máis sentido e tratar de favorecer a todos por igual.

Nas 48 horas seguintes á realización do sorteo estarán dispoñibles para a súa descarga os recibos de pagamento na web da DEPUTACIÓN. Os pais recibirán unha SMS coas claves para poder acceder a eles. No caso de que dous ou máis irmáns lograsen a praza disporán de recibos individuais para o pagamento das prazas de cada neno.

Cando estean dispoñibles os recibos deberá introducir o ID e a CLAVE que recibirá no SMS e descargar o recibo de pagamento correspondente.

O pagamento poderase realizar en calquera sucursal, mediante a banca electrónica e nos caixeiros habilitados de Novagalicia Banco presentando o recibo impreso (as dúas follas). A través da súa páxina de internet (http://www.novagaliciabanco.es/es/Banca-a-distancia/Pago-de-recibos) poderase pagar con tarxeta sen necesidade de ser cliente da entidade, introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo (non se trata dunha autoliquidación). 

Datas límite de pago 7 de xuño para A Lanzada e 14 para o Príncipe Felipe.
No caso de non facer efectivo o pagamento no prazo establecido no recibo, perderá o dereito á praza obtida e pasará esta a ser ocupada por un suplente.



CAMBADOS UNIRÁ LITERATURA E ALBARIÑO






A Universidade de Santiago, o Concello de Cambados e tres importantes adegas do Salnés únense para conectar os seus viños con algúns dos talentos máis senlleiros da zona: Valle-Inclán, Cabanillas, Camba e Cunqueiro.


Catro dos talentos máis importantes do Salnés revivirán en Cambados ao lado dunha copa de viño.
Os días 6, 13 e 20 de xuño, o Parador de Cambados acollerá tres xornadas que fan unha proposta máis que interesante.  Nestas xornadas facerase un repaso da obra de Valle-Inclán e Cabanillas, regado con viños de Condes de Albarei e Pazo Baión.
Os caldos do Pazo de Fefiñáns serán os que acompañen a xornada dedicada a Julio Camba, mentres que os de Martín Códax farán o propio con Cunqueiro.

As tres sesións son totalmente gratuítas, e contan cun aforo de 50 persoas. Para asistir, é imprescindible inscribirse previamente na Oficina de Turismo de Cambados.


UN PXOM SOBREDIMENSINADO E IRREAL





Pouco aprende o PP do pasado

Segundo información aparecida nos medios de comunicación, semella que o  PXOM de Cambados encóntrase na última fase do proceso de avaliación ambiental e, polo tanto, á espera de que a Xunta se pronuncie sobre a súa aprobación. Hai oito meses que o BNG presentou as suxestións ambientais correspondentes e agarda que a Administración as teña en conta para mellorar o documento.

Recordemos que nas eleccións municipais do 2.007, o PXOM foi un dos temas de  debate polo retraso na súa aprobación, e semella que nos comicios municipais do 2.015 seguirá sendo  tema de debate, o que demostra a pouca vontade política do PP para rematar un documento que é de vital importancia para o desenvolvemento urbanístico do concello de Cambados. Seguimos a rexernos por unhas normas urbanísticas (NNSS) que na maioría dos casos están obsoletas e non poden atender as necesidades actuais do concello.

Parece que o principal desacordo coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, con respecto a este  anteproxecto de PXOM, radica no referido ás previsións deste plan  respecto do posible crecemento residencial, xa que o concello estima, para  Cambados, 1.150 novas vivendas de aquí ao 2024. Por suposto, no anteproxecto, non teñen en conta as actuais vivendas baleiras, en gran parte debidas ao pouco rigor mostrado polo PP no desenvolvemento urbanístico do concello. O PP de Cambados foi un colaborador do desenfreo urbanístico nos anos da bonanza económica en lugar de garantir o desenvolvemento urbanístico racional e sostible de Cambados. A consecuencia desa mala xestión municipal móstrase hoxe en forma dun gran número de casas e pisos baleiros, é por iso que non entendemos a esaxerada proposta residencial que fai o PP no  anteproxecto. Nun momento onde Galiza está a perder poboación (por certo, grazas ás políticas do PP) e sobran pisos e casas baleiras, o PP rexeita a realidade e fai unha proposta de crecemento residencial fora lugar. Está claro que seguen sen pensar no desenvolvemento racional de Cambados e plantexando propostas que  dan prioridade á capacidade de negocio sobre as necesidades reais e o sentido común.

Por certo, o PP xa nos ten acostumados ás non propostas sobredimensionadas e interesadas, con consecuencias que logo pagamos todos/as. Así  están a modificar  a actual e sobredimensionada  RPT (Relación de Postos de Traballo) do concello porque cando a fixeron, hai anos, non tiveron en conta que viven nun concello de, a penas, 14.000 habitantes. Xeitos de gobernar que mostran unha clara falta de previsión, falta de realismo e a prepotencia dun partido político que máis se cre dono ca representante democrático do concello.


28 de mayo de 2014

EMPRESAS DIFERENTES, MESMOS PROPIETARIOS





Que cousas máis rara, os mesmos que compraron Alimentos AROSA , os mesmos que DILAPARON a subvencion de 500.000.000 pts que recibiron da Xunta para conservar os postos de traballo de alimentos AROSA (que acabou por cerrar), os mesmos aos que agora a Xunta reclámalles a devolucion da subvencion?. Os mesmos que quixeron construír na fábrica de Otero e levar por diante as casas e hortas dos veciños colindantes 
Grupo, hai que engadir, moi amigo do poder.
E agora son os mesmos que volven comprar o terreo. Pouco sabemos de leis , pero creo que a fiscalia anticorrupcion deberia botar unha ollada . 

A información que hoxe aparece en "LA VOZ DE GALICIA" otorga a propiedade da antigua fábrica de Otero na Alameda de San Tomé aos mesmos ou parte deles, que xa tiveran a titularidade dos terreos e que foi embargada polos bancos. Eso sí o administrador único desta nova empresa non é mesmo que o da anterior, mantendo o anonimato do resto de socios.

AQUÍ podedes ver o informe financieiro da empresa.




OUTRA CHAPUZADA MÁIS



O concello de Cambados pretende pechar ao tráfico, ocasionalmente, o caleixón que vai dende a avenida da Coruña ata a praza de Fefiñáns por detrás, na rua san Benito.
Así se desprende polos traballos que esta mañán fixeron operarios do concello que colocaron tres pezas metálicas (foto de arriba) nas que irán embutidos outros tantos pivotes. 
É o mesmo sistema empregado para cerrar a praza das Rodas co consabido malestar de veciños das rúas colindantes. Coma sempre sen encomendarse nin a Deus nin aos santos fan o que lles peta. 
Algún veciño que foi quen nos dou o aviso di non entender nada e que postos a pechar deberían pechar toda a praza de Fefiñáns que sería o lóxico e o máis axeitado. Algo que denunciou CORES DE CAMBADOS hai escasamente unha semana.








A PERIODISTA BÈATRICE D`ERCEVILLE VISITA GALICIA







A xornalista francesa Béatrice D`Erceville, do semanario Tour Hebdo, un dos medios de comunicación especializados en turismo máis influintes de Francia, visita esta semana a Comunidade galega, nunha viaxe organizada por Turismo de Galicia e a Oficina de Turismo de España en París, co obxecto de recadar información sobre o máis salientable da oferta turística galega e realizar un traballo xornalístico sobre o destino Galicia.
D`Erceville chegou onte a Vigo procedente de París e, logo de realizar un tour turístico pola cidade olívica, realizará unha visita ás Rías Baixas que a levará a coñecer o castelo de Soutomaior, incluído na Ruta da Camelia, a cidade de Pontevedra e a súa ría, A Lanzada e o Pazo da Saleta.
Para mañá xoves está previsto que a xornalista visite A Toxa, Cambados, unha adega da Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas, así como a cidade de Santiago de Compostela.
Pazos da camelia
O día 30 de maio, Béatrice D`Erceville visitará o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, e logo desprazarase ata A Estrada para coñecer o Pazo de Oca, ambos os dous incluídos na Ruta da Camelia.
O sábado, 31 de maio a xornalista do semanario Tour Hebdo estará na Coruña para coñecer os principais recursos da cidade herculina.
Logo, trasladarase a Lugo onde visitará a Muralla e o Museo provincial, así como a catedral e as rúas do centro da cidade.
Na súa viaxe a Galicia, D`Erceville achegarase tamén á cidade de Ourense, para coñecer o seu casco histórico e a oferta termal da cidade, así como a vila de Allariz, na que ao longo destes días se celebra o Festival Internacional de Xardíns.
O día 2 de xuño, a xornalista francesa visitará as comarcas do Carballiño e O Ribeiro: o Mosteiro de San Clodio, o Castro de San Cibrán de Las e unha adega da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro.
Por último, xa o día 3 de xuño, Béatrice D`Erceville achegarase a Tui, A Guarda e Baiona, con visitas ao Monte de Santa Tegra e ao recinto fortificado de Monterreal e o centro histórico de Baiona.



"NEJOSITO" OU "LEJÍAS" CAL DOS DOUS VOTOU A VOX?



Hai uns dias saltaba A bomba as redes sociais publicada en "A TI MEU CAMBADOS". Un ex alcalde popular de Cambados amosaba a papeleta doutro partido cando ía a votar o pasado domingo nas eleccións europeas do 25M.


Moitos estivéchedes dando á cabeza para saber de quen se trataba. Vistas as pistas dadas polo mencionado blog (ex-alcalde, con cargo na Xunta no seu dia), so quedan dous posibles "candidatos".

Un deles sería Antonio Pillado Montero "Nejosito" que cumpre cos dous requisitos, pero segundo nos informan vota en Pontevedra, cidade na que hai anos que reside, polo que nos parece menos viable que o outro candidato.
Ese outro é Santiago Tirado Serén "Lejías". Coincide co anterior nos dous puntos esenciais. Pero ademáis vota en Corbillón, polo que é moito máis visible e ademáis a súa non foi a mellor saída da alcaldía nin dos postos para os que foi asignado despois de deixar o bastón de mando a "Sandokán" Tourís.

Aparte de ser un home demasiado serio i esixente, non contaba co carisma suficiente, dixeron no seu dia os máximos dirixentes do seu partido, para os traballadores do concello, ter a Tirado de xefe os incomodaba bastante.

Esixía que cumpliran a "raja tabla" co seu traballo e non permitía certos desmáns que agora son permitidos. Como anécdota contar como na primeira Escola Taller que tivo Cambados, el mesmo presentouse para reprobar a falla de interese e deixadez dos alumnos.

Despois de deixar a alcaldía pasou a ser delegado da Xunta, pero sin atribucións das que agora teñen estes cargos. Logo pasou a ser Xerente do Consorcio de Bombeiros do Salnés, en onde o sucedeu outro exalcalde do PP, e de aí pasou a exercer de mestre ata a súa xubilación.


Todos estos postos foron asignados para telo contento despois de como fora "expulsado" da alcaldía e mesmo do partido. No partido hai tempo que non conta para nada e leva anos sen ir aos congresos locais.


Por todo isto e algo máis debemos pensar que foi Tirado quen votou a Vox nestas europeas e non foi o único dos pesos pesados do pasado do PP.





O PP NEGA AOS CIDADÁNS A TARXETA SOCIAL PORQUE A PIDEN OS SOCIALISTAS








O PP INCUMPLE AS SUAS PROPIAS LEIS.
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE O GOBERNO GALEGO CONVERTEU A LEI GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS EN “PAPEL MOLLADO”.

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou onte á Xunta de converter a Lei Galega de Servizos Sociais, aprobada en 2008, en “papel mollado”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista para que a Xunta poña en marcha a tarxeta social galega, logo de que o PP anunciara o seu rexeitamento.

Gallego lembrou que a posta en marcha de dita tarxeta é unha obriga establecida por aquela Lei e que o goberno galego tiña que tela habilitado antes de seis anos, para rematar coa dispersión de procedementos para os usuarios e usuarias de servizos sociais e que evitaría a estigmatización social destes cidadáns e cidadás.

A proposta socialista reclamaba así o cumprimento dunha medida destinada a favorecer a percepción dos beneficios programados polas distintas administracións, para todas as persoas con dereito de acceso aos servizos sociais, aos beneficios da Lei de autonomía persoal e ás persoas con discapacidade.

Explicou que esta tarxeta daría por exemplo acceso aos dereitos das persoas con discapacidade, o recoñecemento das deducións do sistema tributario ou taxas municipais, transporte público, tarxeta de aparcamento, formación ocupacional ou vivenda, entre outros. Permitiría en definitiva identificar a tódalas persoas diante das institucións e dar acceso ao seu expediente social básico.




FESTIVAL FIGHEIRA DO MECO





Programa 2014: O festival A Figheira do Meco regresará por quinto ano consecutivo á vila de O Grove o sábado 7 de Xuño. O lugar da Siradella acollerá as actuacións de cinco grupos musicais que deleitarán ao público coa súa mellor música autóctona. Comezará a partir das 22.30 horas e a entrada será gratuita para todos os públicos.
Os grupos participantes nesta edición son os seguintes:


-Desterrados
-Folkolikos
-Brutal
-Kacohk
-Herr Container 

 Coma sempre a entrada é de balde, haberá postos de comida, bebida, artesanía e merchandise.
O 7 de Xuño, non faltedes!!

27 de mayo de 2014

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA RUTA DO VIÑO RIAS BAIXAS




Este fin de semana, o sábado 31 de maio e o domingo 1 de xuño a Ruta do Viño Rías Baixas abrirá as súas portas para que veciños e visitantes poidan descubrir o inmenso patrimonio enoturístico que atesoura esta Ruta, xunto coas outras catro que participan nesta iniciativa impulsada pola Axencia Galega de Turismo.
Ademais da posibilidade de visitar bodegas durante todo o día, os visitantes poderán gozar de menús especiais e actividades paralelas. Ademais, e como gran novidade nesta edición, a Ruta do Viño pon a disposición de todos os interesados unha flota de autobuses que de xeito gratuíta trasladarán aos participantes ata as bodegas que abrirán as súas portas ese día para gozar e degustar o patrimonio destas terras durante o fin de semana. As saídas serán desde Pontevedra, Vigo e Santiago e as reservas poden facerse a través do correo info@rutadelvinoriasbaixas.com ou no teléfono 986 091 088.
 

FESTA EN TORRADO ESTE VENRES




Este vindeiro venres 30 de MAIO, a partires das 17:00hrs celebrarase no Parque de Torrado a festa fin de actividades escolares das bibliotecas que organiza o Concello de Cambados.
Haberá obradoiros para os pequenos e o espectáculo "A historia de Martín" de ANIMARTgalicia.

TEATRO MUSICAL PARA FAMILIAS. RECOMENDADO PARA PÍCAROS/AS DE ENTRE 3 E 12 ANOS. VOCES EN DIRECTO.
"A Historia de Martín" conta a historia dun neno de 6 anos con hiperactividad, dos seus problemas no colexio e na súa casa. Un bo día atopará un lápiz máxico (a motivación) que cambiará a súa vida e a do mundo enteiro.

AUTOR: Miguel Strada
ACTORES: Miguel Strada e Xiada Sanlés.





SUBE O NÚMERO DE FAMILIAS EN RISCO DE POBREZA








A poboación que vive por debaixo do limiar da pobreza sitúase no 17,2% en Galicia, segundo a Enquisa de Condicións de Vida que publica hoxe o Instituto Nacional de Estatística.
As comunidades de Castela-A Mancha e Estremadura son as que rexistran maiores taxas de pobreza, por riba do 30%.
Achéganse a esa porcentaxe Andalucía e Canarias.
A enquisa, con datos definitivos do ano pasado, reflicte que un 20,4% dos españois vive en risco de pobreza fronte ó case 21% que o facía en 2012.

Ese descenso non responde a unha mellora da situación, senón que, ó diminuíren os ingresos da poboación, tamén o fai o límite que marca o risco de pobreza.









O ELECTORADO DO PP QUEDOU NA CASA







"O noso electorado decidiu, quedando na casa, darnos un toque de atención e o PP acusa recibo desta mensaxe: que nos temos que poñer a traballar e recuperar a confianza. Non vale gañar eleccións, perdemos voto e desde a vitoria electoral é necesario facer estas reflexións". Foi a reflexión feita este luns por Alfonso Rueda, número dous do PPdeG.
Algo que nos parece bastante raro. Tendo en conta que o electorado do PP sempre é dos que se mobiliza, por mal que o faga o partido. Tamén pode ser que realmente conte con menos votantes fieis e que os aumentos rexistrados en anteriores eleccións sexan máis castigo a outros partidos (sobre todo ao PSOE), que voto ideolóxico.
Unha reflexión real na que recoñeceu o que puido comprobar todo o mundo, que o PPdeG sufriu unha importante baixada de votos nun dos seus viveiros electorais. Aínda con todo, tanto Rueda como Alberto Núñez Feijóo sacaron peito e comparando eses resultados como mellores que os que acadou o PP no conxunto do Estado. 

Sen embargo, nin Feijóo nin Rueda deixaron escapar a oportunidade para criticar o resto dos partidos con representación en Galicia. Cecáis para que a ferida non fose tan grave, indicaron que o resto de forza galegas tiveran tamén un retroceso. "O PSdeG constata un descenso importante sen ser a forza política de goberno en España nin en Galicia, así como tampouco na maioría de municipios", dixo Rueda.
De AGE indicou que, a pesares de ser a "gran sorpresa" nas pasadas autonómicas, "perdeu case a metade dos seus votantes" e, na súa opinión, quen manifestou o seu desencanto nesas eleccións votando a AGE "agora fano votando a Podemos".
En canto ao BNG, lembrou que se sitúa como a quinta forza en votos en Galicia, nuns "niveis descoñecidos" para esa formación e partindo "dun chan baixo" nas pasadas europeas, polo que dixo que é "difícil entender a satisfacción de Vence".
Esto último habería que preguntarllo tamén as directivas do PP a nivel galego e de España, pois a pesares do gran retroceso ámbalas duas sacan peito.
O gráfico de abaixo bota por terra parte das afirmacións de Rueda e Feijóo.

A abstención non é desculpa e quen máis baixou porcentualmente foi o PP. O PSOE incluso subeu as suas porcentaxes en Lugo e Pontevedra con respecto as autonómicas do 2012. E a baixada doutras forzas non é equiparable a do PP.








O ÚNICO QUE GANA O 25M É PODEMOS





Galicia dá un xiro á esquerda e o Partido Popular obtén o peor resultado dos últimos 25 anos.
Todos críamos que a participación ía baixar, e mantívose en Galicia i en España, e o PSdeG consolídase como a segunda forza política na nosa autonomía, pero perdendo un feixe de votos.
España votou á esquerda, pero de forma insuficiente como para poder governar sin pactos muntipartidistas, que ao fin e ao cabo resultan estériles e complicados. 

Aínda sendo resultados en xeral bos para a esquerda, non son uns resultados e que non satisfan plenamente, pero cos datos destas votacións  ábrese unha vía para traballar e construír un proxecto novo de esquerda pero máis unida. Formacións como "Podemos", a gran triunfadora da noite electoral, ou "Vox" ou outras nacidas do descontento teñen difícil presentarse nas locais e autonómicas e os seus votos van ser o obxectivo das formacións de esquerda, no caso de "Vox", irán con seguridade para a dereita.

Quédalle moito traballo por diante aos partidos políticos, facer unha lectura crítica e construtiva dos resultados obtidos polo todos, nunhas eleccións nas que ademais xurden novas forzas políticas non é sixelo.

Quedan 2 anos para as autonómicas e un ano para as locais e por diante un traballo duro para dar a volta a os resultados do domingo.




O MAL TEMPO NON NOS ABANDONA






Volven as chuvias e permanecerán ata o venres debido á chegada dun sistema frontal, que ofrecerá un aumento progresivo das nubes dende o oeste e das chuvias, que comezarán polo litoral para ir estendéndose cara ao interior ao longo deste martes 27.
Segundo informa MeteoGalicia, as temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. As máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.
Durante a xornada do mércores 28 está previsto que os ceos continúen cunha ampla presenza de nubes e chuvias suaves. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro ascenso. A situación non variará durante o xoves, sempre segundo MeteoGalicia, con ceos parcialmente anubrados durante a mañá e máis cubertos con chuvias leves durante a tarde, con precipitacións máis persistentes no litoral atlántico.

O venres será un día de transición en que aínda estarán presentes nubes e chuvias de carácter suave que irán desaparecendo ao longo da xornada. Para o sábado e o domingo agárdanse dúas xornadas de tempo seco e soleado.





Fonte e imaxes: MeteoGalicia


 

26 de mayo de 2014

SEMINARIO DE DEFENSA PERSOAL FEMENINA






 
Esta é a mellor ocasión para aprender a aplicar sinxelas técnicas de defensa persoal en caso de necesitalo: seminario gratuito de defensa persoal feminina, este de maio pola tarde. Esta especialmente orientado ás mulleres pero os homes tamén poden participar.

É gratuito e esta dirixido por dous  profesionais de judo, Andres Senin e Rosi Serantes.
 Sábado 31
O seminario terá lugar no Ximnasio Vital Sport de Cambados na avda de Vilariño a partir das 17:00hrs.







TREIXADURA PROTAGONISTA DA NOVA FASE DE CONCERTOS QUE ORGANIZA A DEPUTACIÓN





Os concertos impulsados pola Deputación de Pontevedra con destacados músicos e grupos reiniciaránse o vindeiro día 31 en Redondela coa actuación de Treixadura.


O Circuito de Actuacións levará a Luis Emilio Batallán o vindeiro 13 de xullo a Lalín e o 17 de agosto a Caldas de Reis.
Ardebullo actuará en Pontecaldelas o 1 de setembro e tamén en A Estrada e Ponteareas en datas aínda por determinar.
Treixadura, pola súa banda, actuará, ademais de en Redondela o vindeiro 31 de maio, en Barrantes (o 6 de xuño), A Estrada (o 26 de xuño), Vilanova de Arousa (o 8 de agosto) e A Cañiza (o 14 de agosto).
Gustavo Almeida ofrecerá un concerto no Museo de Pontevedra o 8 de agosto.

Menú do Día (Budiño, o actor Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila) estarán en Marín o 7 de setembro, en Lalín o 19 dese mes e en Porriño nunha data aínda por concretar.
Roi Casal actuará en Sabucedo (A Estrada) o 4 de xullo e en Sanxenxo o 24 de agosto. A fadista María do Ceo ofrecerá tamén un concerto en Vilanova de Arousa o 10 de agosto. E Oscar Ibáñez actuará en Mos o 21 de xuño, en Moraña o 27 de xullo e en  Lalín o 12 de setembro.


LISTAS ABERTAS NAS ELECCIÓNS DAS CONFRARÍAS





O vindeiro 28 de xuño 13.000 profesionais da pesca, o marisqueo e os recursos específicos, das 63 confrarías de pescadores de Galicia, están convocados a renovar os órganos de goberno dos pósitos polo sistema de listas abertas.
A xunta xeral de cada cabido pode estar formada por entre 12 e 24 vogais, dependendo do número de membros de cada confraría.
Unha xunta electoral única para toda Galicia velará pola correcta coordinación do proceso electoral, ademais encargarase de resolver todas as consultas e os recursos que se presenten.

Esta xunta electoral estará formada por membros da Consellería de Medio Rural e Mar e das comisións electorais, a razón dunha para cada confraría.
Unha vez que se renoven os órganos reitores das confrarías procederase a reformar as federacións provinciais e constituír a dirección da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Ao día seguinte das votacións "a comisión electoral proclamará provisionalmente as persoas que formarán parte da xunta xeral e os vogais das xuntas directivas das agrupacións sectoriais".
Unha vez finalizado o prazo de presentación de recursos administrativos, será no primeiro pleno que celebre a sesión constitutiva da xunta xeral cando se inicie o procedemento para elixir o patrón maior, vicepatróns e vogais de cada cabildo.






INTERVENTOR = POSTO DE TRABALLO?





Onte foi dia de eleccións, para algúns, e para outros foi dia de lamer cus.
Visto os  apoderados, interventores e chupatintas varios (non todos os que estaban pero si todos os que o son) do PP fachendosos de selo, vállame Deus que non vou ser eu que lle diga o contrario.
De todos eles, i eran uns cuantos, a maioría por non decir todos, están relacionados con postos de traballo no concello. Si non é agora mesmo é a semán pasada, o mes pasado ou hai tres.
Pero ímonos centrar nuns casos que a min particularmente me chaman a atención.
O primeiro ten que ver con unha rapaza, funcionaria pero non do concello de Cambados que tras criticar ao colectivo de mestras de certo colexio de Cambados, a cuxa ANPA pertenceu o administrador deste blog, por facer folgas e protestar contra os recortes en educación, ao lle chegar a hora dos recortes ao seu sector, non había reunión no colexio ou fora onde esta rapaza non puxera a cair dun burro ao PP de Rajoy e Feijóo. Chamándolles de todo, menos bonito.
Pois ben onte  tivo a desfachatez de ser unha  dos moitos e moitas interventores do PP, supoñemos para que a sua parella non lle  falle o seu posto de traballo no concello.
Outro caso e o do que traballa no concello pero non se sabe de qué, agás en periodo electoral. Nese periodo reparte papeletas do partido en horas de traballo. Ou sexa que os cambadeses páganlle por traballar para o PP.
O resto do ano está a soportar a súa xefa inmediata, algo que que require moitísima paciencia, según nos confirmaron no seu dia traballadores dese departamento.

E así poderíamos seguir polo tanto como vedes se queres ter untaballo no concello xa sabedes que facer.