Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de marzo de 2014

SEMÁN CHEA DE ACTIVIDADES



O 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil, celebraráse un contacontos ideado polos nenos que asisten á actividade de animación á lectura; despois terá lugar un taller de monicreques e outro de elaboración de galletas.


Con motivo da celebración do Día do Libro Infantil e do Día do Libro, faranse  tres sesións dunha hora cada unha para un máximo de 15 rapaces, a partir de 10 anos de idade.  Efectuaranse na Biblioteca Casa dos Fraga os venres 4, 11 e 25 de abril, de 18.00 a 19.00 horas. A actividade é gratuíta, pero é necesaria a inscrición previa, dado o tope de prazas permitido.

A todo esto hai que engadir os actos a celebrar co motivo do dia da concienciacióndo Autismo que é o dia 2 de abril (ver máis información aquí) e a actuación do MAGO TETO a beneficio de POR DEREITO.

SOLICITAN QUITAR O NOME DE FRAGA A UNHA SALA DO CONGRESO





Mentras en Cambados deféndese a capa i espada a Manuel Fraga......
O Congreso dos Deputados recibiu unha solicitude para desposuír a Ramón Serrano Súñer, exministro e cuñado de Francisco Franco, e a Manuel Fraga Iribarne, tamén ministro na ditadura e posteriormente un dos 'pais' da Constitución, das medallas que lles recoñecen como membros históricos da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.

Esta reclamación chegou á Cámara Baixa a través da súa Comisión de Peticións, segundo consta no último informe aprobado por este órgano.
A iniciativa leva a firma de Cristina Calandre Hoenigsfeld, que colabora con asociacións para a recuperación da Memoria Histórica e das vítimas do nazismo, entre as que se atopan parte dos seus antepasados maternos, polacos de orixe xudía.
 

Fai uns meses Calandre remitiu ao Congreso unha petición solicitando que se quitase o nome de Manuel Fraga Iribarne a unha das salas da Cámara Baixa (en 2012 intentou o mesmo no Senado pero o seu reclamación non foi atendida). Agora mandou novos datos incidiendo na súa demanda e, ademais, engadiu a relativa á Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.
Calandre suscita que se retire a Fraga e Serrano Súñer, ambos xa falecidos, as medallas que se outorgan aos membros desa institución porque considera unha "ignominia" que formen parte da mesma dúas exministros de Franco "fascistas", "antisemitas" e "racistas".
De Serrano Súñer (que  casou cunha irmá de Carmen Polo, esposa de Franco e estivo á fronte de varios ministerios como Interior e Asuntos Exteriores nos primeiros anos da ditadura), recorda a súa amizade co director da Gestapo Heinrich Himmler e que promulgou normas antisemitas. Respecto de Fraga, Calandre, refire o pregón que pronunciou en 1971 na Semana Santa de Zamora no que arremetía contra os xudeus.

CONVOCADO O CERTAME DE ESCULTURA ASOREY






A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora co I Certame de Escultura Francisco Asorey para “favorecer a creatividade dos artistas novos no ámbito das artes plásticas e de poñer en valor a obra e a figura de Asorey”. Así o afirmou o secretario xeral de Cultura na presentación da iniciativa, que tivo lugar hoxe en Cambados, concello natal do escultor.
Acompañado polo alcalde de Cambados, Luis Aragunde; polo presidente de honra e a presidenta da Asociación Cultural Francisco Asorey, José Manuel Asorey e Carmen Asorey, respectivamente; e polos membros da comisión organizadora Manolo Paz e Carlos Valle, o secretario xeral de Cultura destacou “o interese da Consellería por contribuír coa difusión do legado de Asorey, así como por afondar no recoñecemento dun dos piares artísticos da nosa cultura”, coincidindo coa celebración do 125.º aniversario do seu nacemento.


Con este obxectivo, a Consellería de Cultura e Educación asinará este ano un convenio de colaboración co Concello de Cambados “que nos permitirá seguir dando novos pasos nesta consecución, con iniciativas coma este certame de escultura, para recordar e honrar o ilustre cambadés que abriu un camiño de creatividade e renovación da arte escultórica”.
Un certame para os novos talentos
Promovido pola Asociación Cultural Francisco Asorey co apoio da Xunta de Galicia, dos concellos de Santiago de Compostela e de Cambados, da Deputación de Pontevedra e de La Caixa, o certame está dirixido a artistas novos galegos ou residentes en Galicia. Para participar, cada artista deberá presentar unha única obra escultórica da que sexa autor, de temática libre, inédita e orixinal, realizada en calquera material (pedra, madeira, escaiola, barro, ferro, aceiro, etc.). A inscrición realizarase na páxina web www.franciscoasorey.es entre o 28 de marzo e do 15 de xuño, ambos os dous incluídos.
O premio do certame escultórico está dotado coa cantidade de 6.000 euros e a súa concesión implica tamén a exposición de obras do gañador ou gañadora durante un mes nuha sala de exposicións coa posibilidade de venda. Concederanse, así mesmo, dous accésits. O xurado estará integrado por personalidades relevantes do mundo artístico e cultural e a súa composición darse a coñecer o próximo 2 de xullo en Cambados, coincidindo co día no que se dará a coñecer o gañador ou gañadora.

ARAGUNDE SUSTITÚE A TOURIS NA PRESIDENCIA DO PP DE CAMBADOS





Sabido é por todos que o PP está a celebrar os seus congresos locais en Galicia, e como non podía ser doutro xeito tamén ao de Cambados lle chegou a hora de "renovar" cargos. 
A segunda fin de semán de abril celebrarase o congreso do Partido Popular de Cambados pola tarde. 
Máis dunha década levan sen renovar os seus órganos directivos da agrupación local de Cambados.  Luís Aragunde, o alcalde, tomará o relevo a José Manuel Cores Tourís, delegado da Xunta en Pontevedra e exregidor.

A comisión organizadora do congreso que se celebrará o 13 de abril en Cambados proclamou a Luís Aragunde como único candidato a liderar ao PP na localidade. O actual referente do PP cambadeses cumpriu con facilidade o trámite de presentar polo menos cincuenta apoios para validar as súas aspiracións a presidir á formación.


Unha vez efectuadas as comprobacións oportunas e ratificadas as firmas entregadas, a comisión organizadora do congreso decidiu proclamar a Aragunde e abrir unha nova fase neste proceso congresual. Así as cousas, antes do día 10 o xa único candidato oficial terá que presentar os avales pertinentes para formalizar a lista que presente para o comité de dirección e o comité executivo do PP de Cambados.




28 de marzo de 2014

A HORA DO PLANETA NON VAI CON ARAGUNDE






As Xuventudes Socialistas de Cambados presentaron a semana pasada, concretamente o día 21, un escrito no rexistro do Concello solicitando ao mesmo que se sume á iniciativa ‘’A Hora do Planeta’’ impulsada por WWF e apoiada por moitas organizacións ecoloxistas.
Unha semana despois, e un día antes de que a iniciativa se leve a cabo, non obtivemos resposta do Concello de Cambados á nosa proposta, o que supón que o equipo de goberno local non ten en conta as propostas de asociacións da nosa vila.

O Secretario Xeral das XSG Cambados, Ismael Agra, afirmou que ‘’Luis Aragunde volve a mostrar a súa cara antidemocrática ao non responder ás propostas presentadas polas Xuventudes Socialistas de Cambados’’. Ademais, asegurou ‘’A Hora do Planeta conta co apoio por todo o mundo, asemade co apoio de Concellos de España e de Galicia’’. Tamén: ‘’Cambados volve quedar á marxe na realización de actos cunha repercusión importante pola negativa do goberno local’’.


Por outra parte, Ismael Agra concluíu dicindo que ‘’é unha mágoa que o goberno local ignore as propostas de colectivos que presentan as súas iniciativas, tendo en conta que nin o PP nin as Novas Xeracións teñen propostas para a vila’’.

ESTE DOMINGO CAMBIA A HORA







Este domingo prodúcese o cambio de hora do verán.
Ás dúas da madrugada deste 29 de marzo haberá que adianta-los reloxos unha hora.
Este cambio horario suporá un aforro aproximado do 5% da enerxía que se gasta, segundo as estimacións do Instituto para a Diversificación. Equivale a uns 300 millóns de euros.
Nos fogares o aforro estimado en luz co cambio de hora é de seis euros.
O cambio horario comezou durante a primeira guerra mundial para aforrar carbón, malia que empezou a xeneralizarse en 1974 a raíz da primeira crise do petróleo.
Así que este domingo durará unha hora menos. Ás dúas da madrugada adiantarémo-los reloxos ás tres. 





CONVOCATORIA DE 28 BOLSAS EN OFICINAS DE TURISMO




Con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a
Xunta de Goberno da deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o 21 de febreiro do ano
2014, acordou aprobar a convocatoria de 28 bolsas para a realización de labores de información turística
nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra, que se rexerá segundo as seguintes: 
B A S E S
PRIMEIRA. OBXECTO
Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 28 bolsas de práctica laboral destinadas a diplomados, graduados e técnicos de turismo, coa finalidade de promover e completar a súa formación nas oficinas
de turismo municipais da provincia de Pontevedra que se detallan a continuación, nos seguintes termos: 


 eventi.es
• 12 BOLSAS DE SEIS MESES DE DURACIÓN para os Concellos de Baiona, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía de Arousa.

• 16 BOLSAS DE TRES MESES DE DURACIÓN para os Concellos de A Illa de Arousa, Bueu, Cuntis, Caldas de Reis, A Estrada, Gondomar, Marín, Oia, Poio, Pontecaldelas, Soutomaior e Vilanova de Arousa.

Máis información BOPP




HOXE E MAÑÁN UN ANACO DE GALICIA ESTARÁ EN MADRID






O director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, e o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, presentaron onte o programa de actividades que se desenvolverán hoxe venres e o sábado no mercado madrileño de San Antón, un dos recintos comerciais máis populares da cidade, onde se amosará a excelencia dos produtos gastronómicos galegos mediante showcookings, degustacións ou demostracións en directo.
Na rolda de prensa, na que tamén estiveron presentes o premio nacional de gastronomía Kike Piñeiro e o barista Óscar de Toro, Alfonso Cabaleiro sinalou que accións coma esta son “fundamentais” na procura dos obxectivos de Galicia Galicidade, marca de garantía para certificar os produtos galegos de calidade e para promocionalos fóra da comunidade galega. Ademais sinalou que na actualidade Galicia Calidade está dando pasos para consolidarse como unha marca multisectorial que camiñe cara a promoción de todos os sectores galegos. José Ramón Ónega incidiu en que Galicia Calidade é o certificado de calidade diferenciada de Galicia, con máis de 300 produtos de máis de 50 empresas certificadas.
Maís información e detalles do evento na nosa anterior entrada .... http://cxusto.blogspot.com.es/2014/03/arousans-en-chueca-madrid.html


A RAPAZA CAMBADESA DETIDA EN MADRID NON É UNHA TERRORISTA





Despois de varios dias, CORES DE CAMBADOS descubreu (con un 99% de seguridade) a identidade da rapaza detida en Madrid durante as "MARCHAS POLA DIGNIDADE". Imos manter o anonimato da rapaza e diremos que ten algo máis de 20 anos, pasa longas tempadas en Madrid e procede dunha coñecida familia do noso povo. A familia, traballadores incansables, ten varios negocios. Por respeto a eles non imos dar o nome nin sequera as iniciais. Pero coñecendo a familia e polos datos que puidemos recabar, a rapaza non é independentista, nin terrorista, nin nada do que nos queren facer crer dende o Ministerio de Interior nin os medios de información (propaganda diría eu) máis fascista do pais. Simplemente unha cidadá comprometida e que loita para que os seus dereitos sexan respetados e non recortados. Xunto a rapaza atopábase outro rapaz que non foi detido pero si identificado, segundo a nosa información.

Como ben recoñeceu onte o Ministro de Interior non houbo por parte dese Ministerio e dos mandos policiais unha boa planificación do operativo que debía vixiar e controlar o trancurrir da Marcha. Cando xente do governo recoñece algo así podémonos imaxinar como foi todo.  UN CAOS ORGANIZATIVO por parte deles. 



O B.N.G. ACUSA AO CONCELLO DE DAR MENOS BECAS E CASE A ESCONDIDAS






Nos últimos tres anos, como consecuencia da crise económica e das políticas neoliberais aplicadas,  o poder adquisitivo das familias caeu 10´5 puntos e, á vez que sucedía isto, o desemprego non deixou de aumentar. Esta situación afectou seriamente á economía familiar, de xeito que cada día, as familias, teñen máis dificultades para cubrir as súas necesidades básicas diarias. Así mesmo, estas dificultades vense incrementadas ata límites insostibles cada vez que unha familia debe enfrontarse con gastos extras como, por exemplo, a compra de libros de texto e material escolar a comezos de cada curso.
Ademais comprobamos como no ensino obrigatorio (educación primaria e secundaria) pasouse, en poucos anos, dun sistema gratuíto de préstamo de libros de texto para todo o alumnado a un sistema que desprotexe á gran maioría dos alumnos/as, tendo que asumir as familias o gasto tanto para a adquisición de material escolar coma de  uso de comedor (que tamén diminuíu  a súa  cobertura pública nestes últimos anos), nun momento no que a economía familiar pasa por unha situación tremendamente delicada.
O BNG leva anos solicitando que a concello bote unha man ás familias, aumentando a cantidade e cobertura das bolsas de ensino. Nesta liña, o concello de Cambados publica, periodicamente no mes de agosto, no BOP de Pontevedra, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de ensino, as cales inclúen exclusivamente, axudas económicas  a estudantes que cursen estudios universitarios ou ciclos formativos de grao superior  fora da comarca, non tendo en conta ningún tipo de axudas para o ensino primario, ESO, bacharelato, ou ciclos formativos de grao medio.
Resulta difícil comprender, por exemplo, porque un alumno/a que estude un Ciclo Superior fora da comarca pode acceder a unha axuda municipal para transporte e non existan este tipo de axudas para o alumnado que cursa Ciclos Medios fora da comarca, cando van a ter os mesmos gastos ca os do superior.

Ademais hai que ter en conta que a compra de libros de texto e material escolar que deben afrontar os pais e nais  ao comezo do curso, supón un gran esforzo económico para moitas familias cambadesas; esforzo que podería suavizarse con algún tipo de axudas por parte do concello.
No pleno ordinario  de agosto de 2013, o alcalde afirmou que tería en conta a proposta do BNG de incrementar as bolsas de ensino, mais sen aclarar en que consistiría esa modificación. Por esa razón o BNG, no mes de setembro de 2013, solicitou que se convocara a Comisión Informativa de Educación para que os representantes dos diferentes grupos políticos  fixeran  as súas propostas  para a ampliación e adecuación das bolsas de ensino á realidade social actual; aínda que a día de hoxe, o BNG, non recibiu resposta algunha a esa petición.

Por todo iso, o grupo municipal do BNG, solicita do Pleno da corporación municipal a adopción do seguinte


ACORDO
Instar ao Concello de Cambados a:


1.- Incrementar a partida orzamentaria municipal destinada a bolsas de ensino.
2.- Aumentar a cobertura de bolsas de ensino aos seguintes  niveis educativos:
  • Educación Primaria  (finalidade da axuda: material escolar e comedor)
  • ESO e Bacharelato (finalidade da axuda: material escolar)
  • Ciclos de Formación Profesional de Grao Medio (finalidade da axuda: transporte)
3.- Manter as actuais axudas por transporte aos Ciclos de Formación Profesional de Grao Superior e Universidade.


4.- Adiantar a publicación das bolsas de ensino, no BOP, ao mes de xuño.


5.- Dar promoción e publicidade á existencia das bolsas de ensino municipais a través de diferentes canles: Web Concello, prensa, direccións e secretarías dos centros de ensino, anpas …




27 de marzo de 2014

ACTIVIDADES DE VERÁN PARA XÓVENES DE 18-30ANOS



A OMIX de Cambados da conta da convocatoria  de prazas para actividades de moz@s de 18 a 30 anos

ACTIVIDADES
Conecta con Galicia


Programa rotatorio de convivencia entre participantes galegos e da Galicia exterior, coa finalidade de lles dar a coñecer a realidade galega de xeito lúdico a través de experiencias nas que eles sexan os protagonistas. 
ACTIVIDADES DA 1ª QUENDA
Cultura e camiño. Coñecemento do patrimonio histórico cultural da zona de Lugo. Percorrido de etapas do Camiño de Santiago (Camiño Francés), ata Compostela.
O mar de Galicia. Coñecemento do medio mariño a través das actividades relacionadas co mar. 
Aloxamento:
Días 1.º ao 6.º: Residencia Xuvenil LUG II (Lugo).
Días 7.º ao 12.º: Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo). 


CÓDIGOS  
QUENDAS
COTA  
271001
1 – 12 xullo
120 €
Teléfonos
982 294 251 - 982 294 923
Fax
982 294 339
Correo
 
ACTIVIDADES DA 2.ª QUENDA
Cultura e camiño. Coñecemento do patrimonio histórico cultural da zona de Ourense. Percorrido de etapas do Camiño de Santiago (Vía da Prata ou Sanabrés) ata Compostela.
O mar de Galicia. Coñecemento do medio mariño a través das actividades relacionadas co mar. 
Aloxamento:
Días 1.º ao 6.º: Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense).
Días 7.º ao 12.º: Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo).

CÓDIGOS  
QUENDAS
COTA  
321001
15 – 26 xullo
120 €
 
Teléfonos
988 386 120 - 988 386 116
Fax
988 386 119
Correo

Travesía Náutica Xacobea
Esta travesía rememora a peregrinación de San Francisco de Asís e a Traslatio do apóstolo a Santiago de Compostela por mar e, posteriormente, ata Santiago de Compostela por terra.
O obxectivo do programa será unir distintas vilas de portos coa tradición Xacobea, mediante o desenvolvemento e a educación de todas aquelas persoas con ganas de coñecer e achegarse ao mar.

Dentro das actividades que se van desenvolver durante a travesía, participarase en distintos labores integrándose na tripulación, con monitores e mariños expertos que ensinarán procedementos e as distintas tarefas que se levan a cabo nunha embarcación de vela de grande eslora: faladoiros sobre temas de actualidade marítimos, aparellos, seguridade marítima, meteoroloxía, nodería, navegación nocturna, manobra, cociña etc.
Percorrido
Saída do porto de Ribadeo baixando ata as Rías Baixas, pasando por Ortigueira, Ares, Camariñas, Portosín e Cabo de Cruz.
Recolleranse os/as tripulantes en catamarán e realizarán a suba do río Ulla ata Padrón para realizar o último tramo da peregrinación ata Santiago de Compostela, onde se celebrará unha misa do peregrino.
Entregarase un pasaporte Náutico para selar nos distintos portos e dúas certificacións da Peregrinación: a Compostela (outorgada pola catedral de Santiago) e a Cotolaya (outorgada pola Orde Franciscana), a aquelas persoas que realizasen un mínimo de 90 milla náuticas e rematen a travesía.
 
Aloxamento
Goleta Nieves
Non inclúe o traslado ata o porto de saída nin as comidas en terra.
 
Condicións de participación:
Os/As persoas participantes comprométense a respectar as normas e instrucións da organización no transcurso da travesía e poderán ser expulsados/as do programa no caso de incumprilas.


CÓDIGOS  
QUENDAS
 COTA  
271002
6-10/12    xullo  
125 €
 
Instrucións para realizar o pagamento:
O pago farase mediante o impreso de taxa. Consulta aquí as instrucións.
 
Teléfonos  
982 294 251 - 982 294 923
Fax
982 294 339 
Correo

CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA MOZ@S MENORES DE 18 ANOS


A OMIX de Camabados da conta dos campamentos de verán para menores de 18 anos

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2014.
A participación na oferta da Campaña de verán 2014 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
Participantes
Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado para cada actividade.
Canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2014, cómpre destacar o seguinte:
Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es, polo procedemento xeral BS303A no caso de solicitude individual, ou BS303F no caso de solicitude múltiple.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 10 de abril de 2014.
Máis información no DOG do 26 de marzo de 2014




LOUZÁN VISITA CAMBADOS PARA FIRMAR O CONVENIO DA NOVA PRAZA DE ABASTOS



Despois de agardar anos, parece que a remodelación da Praza de Abastos de Cambados vai a ser remodelada.

Rafael Louzán reúneuse esta mañán co alcalde de Cambados, Luis Aragunde, para asinar o convenio de colaboración para a remodelación da praza de abastos.

Nese convenio a Deputación de Pontevedra destina 72.479 euros á redacción do proxecto básico e de execución das obras de remodelación e modernización da praza de abastos e da lonxa vella de Cambados.
a redacción do proxecto dálle continuidade ó Plan director de reordenación da zona portuaria de lonxa e mercados do porto de Cambados-Tragove, no que se definen as necesidades de mellora desta área e que xa no seu día foi licitado e adxudicado polo organismo provincial.
Unha vez establecido este plan director, o Concello de Cambados formalizou un protocolo co Ministerio de Fomento e a Consellería de Economía e Industria, para levar a cabo os traballos de remodelación e modernización da praza de abastos e da lonxa vella, mais o antedito protocolo non inclúe o financiamento da redacción do proxecto, do que agora se encargará a Deputación.

O proxecto deberá recoller os servizos actuais da praza de abastos e da lonxa vella, pero tamén fórmulas para dar resposta a todas aquelas necesidades e demandas que debe atender un mercado moderno.
A área comercial contará cun mercado de comercio polo miúdo tradicional, que concentre os postos que habitualmente veñen desenvolvendo alí a súa actividade, e un mercado de comercio por xunto complementario. Así mesmo, estará dotado dunha área de degustación e restauración que contemple unha dotación de establecementos e postos dedicados a produtos elaborados propios da zona.
Completarase cos servizos de consigna, sanitarios, servizo de gardería infantil –co fin de axudar a conciliar a vida familiar e laboral–, área de dirección e xerencia, quiosco, bar e servizo de venda de prensa, entre outros que se consideren oportunos.

A superficie estimada será de 3.200 m2, que se repartirán do seguinte xeito: 1.150 m2 para a área do mercado tradicional, 750 destinados a área de comerciantes por xunto, 800 para actividades complementarias e 500 para a área de servizos, accesos e comunicacións verticais.
O custo estimado destes traballos de remodelación e modernización ascende a uns 3.600.000 euros.




MANIFESTACIÓNS CONTRA A LOMCE





Os alumnos de Ensino Secundario e Bacharelato de toda España están chamados a manifestarse hoxe, segundo dia de folga en secundaria, en medio cento de cidades en defensa da educación pública e en contra da LOMCE e dos recortes.

En Galicia hai convocadas concentracións a mediodía en Vigo, Ferrol, Santiago, A Coruña e Lugo.
Concentracións en demanda dun "ensino público e de calidade para os fillos dos traballadores" e para volver reclamar a dimisión do ministro José Ignacio Wert. As mobilizacións terán lugar na segunda xornada da folga de 48 horas convocada polo Sindicato de Estudantes.





ESPECTÁCULO DO MAGO TETO A PROL DA ASOC. "POR DEREITO"





O auditorio da Xuventude acolle o domingo 6 de abril, a partir das 18:00 horas, un espectáculo de maxia a cargo do Mago Teto.

O domingo 6 de abril, ás 18.00 horas, no Auditorio Municipal de Cambados o Mago Teto amosará o seu novo espectáculo “As novas tolemaxias”, organizado por Tatana Teatro e a produtora Malo Será.  O prezo da entrada (6€) é a beneficio da Asociación "Por Dereito". Un euro de cada entrada será doado á asociación.
Xa se poden adquirir as entradas anticipadas na Oficina de Turismo (Paseo da Calzada, telf. 986 520 786).

 Con "As Novas Tolemaxias" o Mago Teto regresa á esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novedosos nos que toca todas as disciplinas da maxia, desde efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación?E sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque de humor canalla.



MASTERCHEF NAS RIAS BAIXAS




Si onte nos enterábamos da gravación dun programa de cociña en Cambados de Fox Internacional para Canal Viajar, hoxe toca o programa Masterchef de TVE, que recorre as Rias Baixas para gravar unha entrega da sua esgunda tempada. 
Shine Iberia, a produtora do programa, para esta nova edición, ademais do impresionante estudio e os tres xuíces implacables, os concursantes enfróntanse a novos retos e espectaculares exteriores, onde terán que cociñar en condicións adversas e servir aos padais máis esixentes. Aquí é onde encaixan as Rías Baixas.
O mexillón centrou o reto culinario dos cociñeiros que participan neste talent show. Para iso os concursantes tiveron que embarcar no barco Chapelo Segundo, de Alexandre Aguín, que ademais de concelleiro do Grove é bateeiro, e recoller este molusco en orixe, directamente das cordas. O percorrido pola vila meca incluíu unha visita ao Museo da Pesca e a Salgadura para gravar imaxes para o programa.

Obtida a materia prima tocou cociñar os mexillóns, para o que acudiron a Poio ata o restaurante de Pepe Vieira. Encargouse de supervisar o reto o estrela Michelín, Xosé Torres Cannas, que xa gañou algún premio polo seu elaborado "mexillón en escabeche de mandarina e nitro compota xeada de mazá".


26 de marzo de 2014

"POR DEREITO" CONVOCANOS PARA CAMPAÑA GLOBOS AZUIS





Un ano máis a "ASOCIACIÓN POR DEREITO"  convídanos a por globos azuis o 2 de abril nas fachadas dos nosos fogares,lugares de traballo, edificios públicos, escaparates...
Pouco custa económicamente falando, pero supón un paso importante para eles dar visibilidade a este gran descoñecido, o autismo.


É increible como ano tras ano este sinxelo xesto vai contaxiándose por toda a nosa xeografía, como aparecen globos azuis nos rincóns menos agardados, como maiores e pequechos colaboran neste evento. Fai catro anos había que explicarlle a todo o mundo por que e para que se poñían globos azuis, pero pouco a pouco esto está a mudar.
Son moitas as cousas que deben cambiar e agardan e loitan día a día para que suceda algo similar ao que está pasando coa campaña dos globos, agardan e desexan que algún día non teñan que explicar que é iso do ·"autismo", que cada persoa con autismo é único e diferente, que as características das persoas con autismo deben ser tidas en conta en tódolos aspectos da nosa sociedade: nas escolas, na vida en comunidade, no mundo laboral...que son persoas coma nós coas súas fortalezas e as súas debilidades, e que estas debilidades decrecen se damos os apoios necesarios,se empregamos cando o precisan sistemas alternativos de comunicación, se traballamos con eles e cos seus compañeiros habilidades sociais, se temos en conta a súa forma de percibir o mundo e facemos adpatacións onde son prescisas.

Os globos azuis son un pequeno paso, pero se non damos os pequenos pasos iniciais nunca chegaremos ao fin do camiño, e sin a axuda de todos vós eses pasos nunca se darán.


Grazas por apoialos, grazas por colaborar!!


Máis info aquí.





GAÑADORES DO SORTEO DO DIA DO PAI




Hoxe realizouse o sorteo dos 600 euros do Día do Pai,  de Cambados Zona Centro e os gañadores foron:
- Premio de 100 euros, para Verónica Resúa de Cambados pola súa compra en Ciclos Noya.

- Premio de 200 euros para Vicente Otero Rial de A Illa de Arousa gracias a Casa Mariñeira Lourdes.

- Premio de 300 euros para Carmen Falcón González de Cambados pola súa compra en Lolita.

Noraboa a todos eles.



TEATRO CARACOL ESTREA "BICHO" O DIA 1 DE ABRIL







A compañía cambadesa amateur de teatro Caracol porá en escea a partir do 1 de abril a obra "Bicho". Ata o día 11 dese mes pasarán polo salón de actos do IES Asorey os escolares de toda a comarca arousana que así o desexen.

O público xeral terá que esperar para ver a obra ata o domingo 6 de abril, onde están programadas dúas funcións en horario de 18:00 e 20:30 horas.

A compañía de teatro Caracol está formada por 20 persoas entre actores e equipo técnico. Eles son os responsables de facer realidade esta divertida obra na que o público será cómplice e partícipe dalgunhas das aventuras que vivirán estes disparatados e divertidos exploradores.
A directora da veterana compañía afeccionada de Cambados explica que "Bicho" está baseada nunha montaxe da compañía madrileña Illana Teatro, titulada "Zoo". "Vinlles na Mostra de Teatro de Ribadumia e parecéronme moi bos. Logo busquei máis cousas súas en Youtube e púxenme en contacto con eles", explica González.

"Bicho" é a historia de catro exploradores que se internan na selva en busca dun animal en perigo de extinción, e en canto penétranse nese espazo "pásalles de todo". "É unha obra para rirse desde que entras ata que sales do teatro", engade Olga González.

Ademais, dáse a particularidade de que os actores interactúan co público, de modo que "un día a obra pode durar unha hora e dez minutos, e outro día hora e media". Finalmente, Olga González avisa ao público de que "este ano rompemos con todo. Temos grandes sorpresas". Estes días os membros de Caracol -unha das compañías afeccionadas máis veteranas de O Salnés- ultiman os ensaios. O que xa está terminado é o exuberante decorado.
Unha anterior montaxe de CARACOL TEATRO


Xa estan a venta as entradas para o público en xeral da obra de teatro "BICHO" da compañia Caracol, podedes adquirilas en SANSATUR e CHINELAS.