Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de febrero de 2014

NADIE DA O QUE QUERE LOUZÁN POLAS POUSADAS





O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe declarar deserto o concurso aberto para outorgar a concesión da xestión das Pousadas do Salnés e iniciar un procedemento negociado para outorgalo. O acordo foi adoptado cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e o voto en contra do PSOE.
A mesa de contratación -formada polo interventor, o secretario, o xefe de Contratación e técnicos da Deputación- declarou deserto o procedemento aberto porque ningunha das tres empresas presentadas -a catalana STC Serveis Turistics, a canaria que opera en Galicia Mar Costas e a cambadesa? Millán Servicios- presentou as acreditacións económica, financeira e técnica esixidas.

Segundo explicou o presidente, Rafael Louzán, agora, como establece a lei, iníciase un procedemento negociado con esas tres empresas e con outras interesadas que reúnan a capacitación e
a solvencia económica establecida nos pregos, de 3 millóns de euros.


Pero como non todo vai ser malo Louzán conclúe afirmando que "máis alá das teimas persoais que algún poida ter, o proxecto das Pousadas foi aprobado polo Goberno Central, daquela nas mans do PSOE e, ata agora, xa conseguiu, polo menos, tres cousas: crear valor público para a Deputación
por máis de 17 millóns de euros; recuperar elementos patrimoniais e construír novas rutas de sendeirismo e turismo; ademais de favorecer un importante nicho de emprego durante varios anos".






PARA QUE MÁIS PARQUES SI DESPOIS OS ABANDONAN?








 
Si no centro de Cambados, onde pasan os operarios do concello e os policías locais os parques dan pena, estos novos que van a facer como quedarán? 
Por suposto que é bo que se fagan zonas recreativas e de lecer para os veciños pero non so hai que facer senón que hai que mantelas.

Partindo da base que as parroquias teñen os mesmos dereitos que o centro (algo que todo o mundo sabe que non se compre) non se pode negar os dereitos que os rapaces teñen a ter un lugar de esparcemento pero quenes serán os encargados de limpar estes espazos?.   
 
As fotos do Parque de Torrado e non son destes dias, xa teñen tempo pero poderían sacarse hoxe mesmo pois así permanecen. Desde que se quitaron as fotos nada do que se ve foi arranxado. No barrio de San Francisco hai unha zona de xogos que non se tocou desde que foi feita e así lle vai. E na Plaza de Beleco tres cuartos do mesmo.
Veciñ@s de Castrelo si queren ter uns parques limpos moito me temo que van ter que facer quendas de limpeza entre vostedes.
Torrado


O Concello ten previsto iniciar este ano as obras para instalar senllos parques infantís na parroquia de Castrelo, un situado na zona do Couto e outro, máis amplo, na zona do Adro, a carón do colexio público e da Igrexa parroquial.
Torrado
Estes parques contarán con columpios, equipos combinados de tobogán, balancíns, xogos de muelle, casiñas de xogo, tirolinas, carruseis, paneis informativos e valados nas áreas de xogo que o precisen. Ademais estarán adaptados á normativa europea como o resto dos parques ubicados en distintos puntos do municipio.
Estas novas instalacións contarán con superficies amortiguadoras de impactos, ademais de bordillo perimetral e recheo de áridos, que permitirán disfrutar ós nenos en condicións óptimas de esparexamento e seguridade.
O investimento previsto superará os 60.000 euros.



O CLIMA FAI MUDAR O PROGRAMA DO ANTROIDO CAMBADÉS







Debido as inclemencias metereolóxicas que se preveen o programa do Antroido sufre uns pequenos trocos.
A parte oficial arranca o sábado, 1 de marzo, o antroido en Cambados cunha gran festa infantil no parque de Torrado, ás 16.30 horas, con xogos músicais, inchables e obradoiros de maquillaxe e globoflexia. En caso de choiva trasladarase ao Salón J. Peña.
Xa o domingo de Entroido, 2 de marzo, o desfile das carrozas engalanadas , pasa para o martes 4. Ese dia a partir das 17.30 horas a praza do Concello vibrará coa música dos dj´s de Studio 21. De seguido, na mesma praza, reedítase o gran concurso de disfraces nas categorías de infantil e adultos con premios ó mellor disfraz individual de 100 euros, parella 150€ e grupo 250€.
(En caso de choiva este festival-concurso trasladaríase ó recinto do Salón de Congresos José Peña).

Seguiremos informando dia por dia.
As bases dos concursos pódelas consultar aquí.

APOIANDO A UN CAMBADÉS







Esta é a foto de Luís
O cambadés Luis Gomez participa no concurso fotográfico "O teu inverno" de TURVEGAL. Ata agora a sua foto leva 191 "me gusta" e todos os cambadeses deberíamos apoialo e así nolo pide na sua conta de facebook. Como so se pode votar unha vez todos deberíamos compartir para que consiga moitos máis <me gusta>.
Este é o chamamento que fai Luís: Hola amig@s empezamos este fin de semana en unha meritoria 3 posicion con 191 me gusta recordade que para votar tendes que abrir a foto e darlle a "me gusta" tendes hasta o 21 de marzo.


ATA O 20 DE MARZO ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR UNHA BECA ERASMUS






 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lembra que ata o vindeiro 20 de marzo, está aberta a convocatoria de axudas Erasmus 2013/14 que poderá beneficiar a case 1.500 estudantes.
As ditas bolsas están destinadas aos alumnos e alumnas matriculados nas universidades galegas e que estean a estudar fóra de España grazas ao Programa Comunitario de Mobilidade Erasmus. Cómpre apuntar que a consellería destinará para este fin un total de 1.300.000 euros, mantendo así o orzamento do curso pasado que xa se incrementara nun 30% con respecto das anteriores convocatorias.
Os interesados poderán acceder a toda a información que precisen para realizar a súa solicitude ata o 20 de marzo de 2014,http://www.edu.xunta.es/web/node/11775.


NOVAS MOBILIZACIÓNS DOS EMIGRANTES RETORNADOS



O vindeiro mércores 5 de Marzo os emigrantes retornados teñen pensado mobilizarse para entregarlle na Coruña as asinaturas conqueridas a Delegada Especial de Facenda.

Desde o seu muro de de facebook arengan así ao seus amigos.........
..............Benquerido@s compañeir@s, agardo que xá o quentiño do fogar esteades tod@s recuperad@s da MOLLADURA que nos deixóu o temporal desta mañá. 
Si seguimos firmes e somos constantes na nosa loita, estóu seguro que o noso esforzo se transformará en resultados positivos, para nós e se fará XUSTIZA.

PRÓXIMA BATALLA: MÉRCORES, DÍA 5 DE MARZO, ÁS 11h. DA MAÑÁ NA CORUÑA...MANIFESTACIÓN NACIONAL, PARA ENTREGARLLE A DELEGADA ESPECIAL DA FACENDA ESPAÑOLA MILES DE SINATURAS...que serán miles de razóns para que nos escoiten e para que paren de roubarnos. REBELÉMONOS!!!!!!!!!!!!!!!!! Apertas.








O NAUTICO DE SANXENXO. UN NOVO GAMONAL?








Aumenta a tensión en Sanxenxo por mor das obras do Náutico. Os enfrontamentos e agresións das dúas xornadas pasadas entre membros de SOS Panadeira e o club, levaron incluso á intervención da alcaldesa. Catalina González pediu a Portos de Galicia a paralización das obras para pór fin ós incidentes.
Catalina González quere pór fin á escalada de tensión que se está a vivir en Sanxenxo. A alcaldesa requiriu hoxe a Portos de Galicia que paralice as obras da construción dos pantaláns do Club Náutico, causantes dos enfrontamentos que se están a rexistrar na vila.
Diario de Arousa
Mentras tanto un Xulgado de Cambados abre dilixencias polas peleas como  informa "EL PAIS" con algún erro na localización do Xulgado.
O xulgado insta á Garda Civil de Sanxenxo a que "se garanta o acceso de material e persoal á obra do pantalán do Náutico de Sanxenxo".

Así mesmo, ordena aos axentes da Benemérita "identificar a todos aquelas persoas que mediante actos violentos, intimidatorios ou coactivos traten de impedir a execución das obras". Neste sentido, nun atestado ampliatorio terán que facer un resumo das actuacións levadas a cabo en relación a estragos, coaccións ou feitos similares nos que interveña, identificando aos responsables en cada un dos casos.
Segundo a rexedora, a situación xa é insostible e incluso pide á Subdelegación do Goberno en Pontevedra que poña os medios necesarios para garantir a seguridade de persoas e bens. E é que nas últimas dúas xornadas as protestas contra a instalación das plataformas remataron en violentos enfrontamentos.
Imaxen "El Pais"
Dende SOS Panadeira tamén son conscientes da escalada de violencia, e recoñecen que a situación non é a que desexan.
Iso si, sinalan ó persoal do Náutico como o culpable dos enfrontamentos dos últimos días.
Dende o Real Club Náutico tamén dan a súa versión. Negan por completo as acusacións da plataforma no referente ás liortas do pasado martes, e están estudar a posibilidade de presentar querelas contra os que, aseguran, calumnian ó Club.


BOLSAS DE TURISMO E PRACTICAS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE



A Deputación de Pontevedra abriu onte un prazo de 20 días hábiles para optar a 25 bolsas de práctica laboral para persoas con discapacidade e de 10 días hábiles para que graduados, diplomados ou técnicos de Turismo opten a outras 28 bolsas relacionadas coa súa especialidade.
A primeira convocatoria vai dirixida a persoas con discapacidade que sexan titulados universitarios ou de formación profesional, sen experiencia laboral previa. Para optar ás 25 bolsas cunha duración de 6 meses e remuneradas con 800 € ó mes para os universitarios e con 700 € para os de ciclos superiores de formación profesional deben ter un grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, estar empadroados en concellos pontevedreses, non ser beneficiarios anteriormente doutras bolsas da Deputación e non ter experiencia laboral previa.
A segunda convocatoria é de 28 bolsas de Turismo, que servirá tamén para promover e completar a formación de diplomados, graduados ou técnicos de Turismo en oficinas de turismo provinciais.
En concreto convócanse 12 bolsas de 6 meses de duración para as oficinas de Baiona, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía de Arousa; ademais de 16, de 3 meses de duración, para os concellos da Illa de Arousa, Bueu, Cuntis, Caldas de Reis, A Estrada, Gondomar, Marín, Oia,  Poio, Ponte Caldelas, Soutomaior e Vilanova de Arousa.
As bolsas están retribuídas con 800 € ó mes para graduados e diplomados e 700 € ó mes para técnicos superiores. A selección dos bolseiros será, igual que no caso das dirixidas ás persoas con discapacidade, mediante concurso e valoración da documentación e posterior entrevista para os que superen o corte.

27 de febrero de 2014

ROUBO NO INST. ASOREY EN HORARIO LECTIVO





A dirección do instituto Asorey de Cambados denunciou a subtracción de material por valor duns mil euros.
A vaga de roubos que están a sufrir Cambados incrementouse nas últimas horas coa visita dos amigos do alleo ao Instituto Asorey. Este centro de ensino, ubicado a pouco máis de un quilómetro do centro da vila, foi obxectivo dos ladróns. A Garda Civil investiga o roubo . O centro  avaliou o material roubado en preto de mil euros.
Suponse que o ladrón ou ladróns actuaron en horas lectivas. O que non se sabe é se son do centro ou non.

O PP DE CAMBADOS TEN FENDAS NA SUA ESTRUCTURA






Hai unhas semanas CORES DE CAMBADOS publicaba unha nova na que se decía que Benito González, patrón maior da confraría de Cambados perdera todos os apoios que tiña dentro do Partido Popular para se presentar de novo como candidato nos vindeiros comicios a celebrar en datas aínda sen determinar por moito que algún blog e xornal asegurasen que ían ter lugar en marzo. Algo que CORES DE CAMBADOS sempre puxo en dúbida.
Contábamos que desde o Partido Popular moveran fios para encontrar a alguén do partido e sin relación co González. Naquela ocasión déramos as pistas da persoa elixida sen dar nomes nin a imaxe da persoa. Algo que fixo dias despois o blog amigo "A TI MEU CAMBADOS".

Pois ben tanto unha nova como a outra non sentaron ben no partido da gaivota que está fixando a sua mirada noutro candidato de perfil parecido ao de Alejandro Pérez, xoven, do partido e mariñeiro, por suposto . A idea e ter agochado ao candidato ata o derradeiro momento. Especúlase coa posibilidade de que tanto Alejandro Pérez coma o outro vaian da man nas eleccións o inconvinte está nas listas abertas ou non, ao seren abertas teñen dous candidatos a falla de un.
Foto "A ti meu Cambados"

O dito, o PP de Cambados non soporta que os blogs se enteren das suas cousas e o publiquen. Pero no canto de preocuparse polos blogs tiñan que preocuparse de certos militantes, que son os que falan de máis, i en que circunstancias.
E de preocuparse do que poñen os blogs, que se deixen aconsellar que algo bo sacarían.



PROGRAMACIÓN DO ANTROIDO DE CAMBADOS




As festas de Antroido en Cambados como en todos os povos e cidades empeza mañán cos festivais que garderías, colexios e institutos celebran este dia. 
A partires de aí son os concellos quenes se encargan de animar aos veciños para pasar unhas festas con moito humor e ledicia. Particularmente o que suscribe esto aborrece con moitísimas forzas esta festa.Preo non por eso deixaremos de informarvos. Cada dia recordaremos os actos que teñan lugar nesa data.


A parte oficial arranca o sábado, 1 de marzo, o antroido en Cambados cunha gran festa infantil no parque de Torrado, ás 16.30 horas, con xogos músicais, inchables e obradoiros de maquillaxe e globoflexia. En caso de choiva trasladarase ao Salón J. Peña.
Xa o domingo de Entroido, 2 de marzo, o

espectacular desfile das carrozas engalanadas sairá da escalinata de San Tomé (17 horas), percorrerá a avenida de Galicia, praza do Concello, avenida de Madrid, praza de Fefiñáns, avenida da Coruña, paseo da Calzada e de novo á praza do Concello. Irá acompañado pola música da charanga Os Jaláticos e polo grupo de batucada Omar Percussión. A partires das 18:30hrs na praza do Concello emitirase o fallo do xurado con premios de 500 euros á mellor carroza, 400€ á segunda e 300€ á terceira (Haberá gratificacións para as carrozas, comparsas e maquetas pola súa participación). Este desfile vai ser retransmitido polo showman Pepo Suevos, acompañado da música dos Dj´s de Studio 21.
O 3 de marzo, luns de Entroido, vaise celebrar (no salón José Peña a partir das 16.30 horas) o baile infantil con animación e premios de ata 150 euros para os mellores disfraces nas categorías individual, parella e grupo. As 17.30 horas comezará o concurso de filloas que contará con premios para as habelenzas das mellores reposteiras ou reposteiros (100€ para as máis sabrosas e 100€ para o maior número de filloas elaboradas en 30 minutos, e 50€ por participar).
Martes de Entroido (4 de marzo), a partir das 17.30 horas a praza do Concello vibrará coa música dos dj´s de Studio 21. De seguido, na mesma praza, reedítase o gran concurso de disfraces nas categorías de infantil e adultos con premios ó mellor disfraz individual de 100 euros, parella 150€ e grupo 250€.
(En caso de choiva este festival-concurso trasladaríase ó recinto do Salón de Congresos José Peña).
Enterro da Sardiña
O mércores de Cinza procederáse ó tradicional enterro da Sardiña, travestida nun personaxe de actualidade que esta volta será a temida Cicloxénese Explosiva. Ás 18.30 horas haberá degustación de doces típicos de Entroido elaborados pola asociación de Amas de
Casa Albariño. Ás 19 horas, lectura do sermón e marcha funesta dende a praza do Concello ata a praia de San Tomé para enterrar a Cicloxénese. Ó sepelio convócase ás forzas vivas, viuvas e viuvos alegres, carpideiras, boys, gogós e todos os que a queiran despedir. As marchas fúnebres serán divertidas e irreverentes.


As fotos desta nova son do Antroido 2013
As bases dos concursos pódelas consultar aquí.



26 de febrero de 2014

AS RESPOSTAS DA XUNTA SOBRE AS COMPORTAS NON CONVENCEN





Non sabe, non contesta
A Consellería do medio Rural e do Mar ben de dar resposta á pregunta de Montse Prado no Parlamento Galego, sobre as medidas previstas pola Xunta para rexenerar o banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns. Por certo, que unha vez lida a contestación da Consellería pode concluírse que realmente non se da resposta ao preguntado,  o que a estas alturas xa non resulta ningunha novidade.
A resposta comeza cunha acumulación de mentiras no mesmo parágrafo, pois afirma, primeiro, que o Saco  está conectado co mar unicamente pola canle do porto de Tragove (ou menten ou son uns ignorantes ou son as dúas cousas, que tamén é moi posible). Así mesmo argumentan que iso é a causa  da baixa produtividade do banco marisqueiro (nova mentira, pois o banco é moi produtivo aínda que non se pode comercializar o produto por ser zona C) e, ademais, a resposta non fai mención ao decisivo problema do saneamento (nova mentira por omisión) que é a verdadeira causa da penosa situación do banco e que ten uns responsables nos representantes políticos do PP.

No segundo parágrafo din que o banco non está pechado, que simplemente é zona C; outra novidade (en Cambados xa o sabiamos). Afirman que é zona C coma se isto fose unha casualidade, coma se a Xunta non tivese ningunha responsabilidade no saneamento das rías. Iso si, anunciar millóns e millóns de euros en saneamento, o PP faino de marabilla cada poucos meses, pero despois a realidade demostra que todo se queda en publicidade.

E por último se desentenden do que realmente se lle estaba a preguntar que era sobre as medidas que tiñan pensado tomar para rexenerar o banco marisqueiro do Saco. Semella que non teñen pensado tomar ningunha, é dicir, que se desentenden deste asunto. Que as mariscadoras se busquen a vida. Por certo, isto tampouco é novidade, pois  se o traballo das mariscadoras a pé en Cambados leva anos dando os seus froitos, non é precisamente pola implicación da Xunta, senón pola dedicación e compromiso das traballadoras do mar.


CARNAVAL NOS LOCAIS DA MOVIDA DE CAMBADOS






Cinco locais da "movida" cambadesa decidiron unirse e organizar un concurso de disfraces que terá lugar este  venres 28 de febreiro e o sábado 1 de marzo.

A parella ou grupo ganador levarase 200€. O segundo premio será de 100€, e o terceiro 15 consumicións nos locais.

Os gañadores dos premios individuais levarán un premio de 100€ o primeiro, mentres que o segundo levarase 50€. O terceiro clasificado levarase 5 consumicións nos locais participantes.                                                                 
Tamén concederán un premio especial de 100€ ao disfrace máis orixinal.
Para participar so tes que quitar unha foto e selar unha tarxeta nos cinco locais organizadores que son: Pub Pilón, Pub Living, Pub BB , Pub Area e Pub En-B.




OS PRIMEIROS PASOS EVA SOTO. >>>>>>> TESOIRA 2010<<<<<<<





Alá por novembr  do 2010 Eva Soto participaba en Tesoira 2010 unha das primeiras oportunidades de darse a coñecer. Logo virían xa oprtunidades e pasarelas máis importantes.


A pasarela Tesoira 2010, foi o certame de moda de novos creadores, en que competiron dez deseñadores finalistas coas súas coleccións. A canle pública galega, como entidade que apoia este evento, entregará a mención de honra ao “Deseñador Mellor Comunicador”, convidándoo ao día seguinte a un programa especial que TVG ofrecerá con motivo desta mostra.

Tesoira 2010 desenvolveuse no Centro Cultural Caixanova de Vigo e contou coa intervención de dez novos talentos do deseño, con idades comprendidas entre 20 e 29 anos, que presentaron os seus traballos inspirados en diversos temas da sociedade actual, como a globalización, o individualismo ou a homoxeneización das sociedades. Os finalistas, procedentes das catro provincias galegas, foron: Diana Díaz (Ourense), Eva Soto (Cambados), Javier F. Nogueira (Pontevedra), Antía López Cedrón (A Coruña), Raquel Pereiro (Pontevedra), María Fente (Vigo), Leticia Blanco (Pontevedra), Alba Bermúdez (Pontevedra) e Isabel Piñar (Lugo).
O xurado, presidido pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, estivo integrado polos deseñadores Cristóbal Vidal e Pilar Bande, e polos xornalistas Ana Fuentes, Fernando Franco e Diego Pérez. Concederonse tres premios con cadansúa bolsa de formación e tres mencións de honra.
Deseño de Eva Soto
Nesta edición, como novidade, houbo unha representación dos novos deseñadores de Portugal, que amosaron as súas coleccións. O broche de ouro do certame puxoo a viguesa Patricia Avendaño que amosarou a colección de festa que exhibiu na pasarela Gaudí dese ano.

Naquela ocasión Eva Soto acadou a mención especial Caixanova "máis innovador" pola sua colección *Pájaros en la cabeza*.





A FEIRA ECOLOGICAL, UN EXITO OU UNHA BOA ACOLLIDA?







Cambados acollerá durante o mes de agosto a segunda edición de Ecological Galicia, que está considerada a feira de produto ecolóxico máis grande que se desenvolve en Galicia. A organización deste evento instalará, entre os días 7 e 10 de agosto, numerosos postos con produtos ecolóxicos de primeira calidade no Paseo da Calzada. Ademais poñeranse en marcha actividades para nenos e adultos.
O principal obxectivo desta feira é facilitar a comercialización dos produtos ecolóxicos destacando os seus beneficios. Dende a organización preténdese aumentar a participación do consumidor despois da boa acollida do 2013, xa que non se pode falar de éxito como nos queren vender desde o Concello. Falar de éxito cando os stands da Calzada, pasaras no momento que pasaras, non tiñan unha gran concurrencia parece desproporcionado. Ogallá siga a medrar a feira pero sempre apresurados, no Concello, non recordan "éxitos" como a festa do viño europeo, a outra feira de productos hortícolas que tras unhas poucas edicións desapareceu sen pena nin gloria. Polo tanto pouca pouco faise o camiño. Non con un ano nin con dous.
O Concello de Cambados apoia a organización desta feira ante a importancia que ten para a bisbarra a produción hortícola e a industria conserveira. Por este motivo, o Concello e a empresa organizadora pretenden crear un proxecto de futuro que impulse o potencial galego en industria agroecolóxica e mariña, coa intención de promovela internacionalmente.


ARAGUNDE COMPARTE AS MARAVILLAS DE CAMBADOS CON ESTUDANTES FRANCESES






Un grupo de estudantes franceses, da localidade de Oyonnax, visitaron onte Cambados. O alcalde recibiu a esta delegación que se achegou en réxime de intercambio co Instituto Ramón Cabanillas. Luis Aragunde explixoulles ós viaxeiros os tres piares fundamentais da economía cambadesa: os sectores do mar, do agro e do turismo, salientando a beleza do conxunto histórico cambadés. Faltoulle engadir que o enchufismo e o amiguismo van da man coa cultura do seu governo.
 Unha vez rematada a recepción no Concello, recibiron un agasallo e visitaron o museo etnográfico e do viño. A excursión prevista pola ría tivo que ser suspendida por mor do temporal na mañá de onte.



OS BATEEIROS COA MOSCA TRALA OURELLA








Publicábamos hai uns dias que a  Consellería do Mar investirá un millón e medio de euros en axudas ós mexilloeiros afectados pola marea vermella. Para poder acollerse ás subvencións, os produtores deberán acreditar perdas superiores ó trinta e cinco por cento do volume anual de negocio ou un peche ininterrompido de, alomenos, catro meses.


Se ben valoran positivamente as axudas, os termos da convocatoria feitos públicos pola Consellería do Mar non son os agardados. O sector bateeiro consideran que a contía, un millón e medio, a distribuír entre as máis de tres mil bateas existentes en Galicia, apenas suporán un respiro. Máis aínda, cando os requisitos impostos pola administración farán que a maior parte dos produtores non poderán optar ás axudas. están dirixidas a aqueles que tiveron que parar durante máis de catro meses continuados ou que sufriron perdas superiores ó 35 por cento. Dende o sector apostan tamén por outras fórmulas para paliar os danos como unha liña de crédito oficial para retomar a actividade porque algúns produtores están tendo auténticas dificultades para saír adiante tralos nefastos resultados de 2014. 

Ás perdas económicas súmanse os desprendementos que arruinaron a futura colleita ou mesmo os danos nas bateas e outras infraestruturas necesarias para o traballo diario. Esta situación pon contra as cordas a moitos mexilloeiros que mesmo optaron por poñer á venda tanto as bateas como as embarcacións ante a imposibilidade de seguir facendo rendible a súa actividade.


MENTIROSOS COMPULSIVOS............................. FALSEADORES DE DATOS




Luís Aragunde e Mariano Rajoy ou como facer dunha mentira un éxito.

Tanto quere parecerse a un dos seus gurús, Mariano, que Luís Aragunde  da os datos da maneira que a el lle convén. Quere convencernos de que é un bo alcalde e o único que demostra é que non fai nada polos seus veciños.

Si o do presidente Rajoy, ten traca, dicindo que baixou o paro sin dar os datos da xente que emigrou ou que non se apunta nas oficinas do antiguo INEM, pois saben que alí non van a atopar traballo, e so dando datos do número dos que están apuntados, eso pouco menos que é MENTIR ou FALSEAR.

Para calquer cousa piden a axuda da Deputación, para abrir o camiño de San Roque, por exemplo. 

Agora, o noso Luís "SISI" Aragunde, solta unha das verdades a medias as que nos ten acostumados facéndonos ou querendo facernos crer que Cambados ten superávit. 

Lóxico que teñamos a balanza a favor. Pero como se consegue. Dunha maneira que é negativa para os cambadeses. Subindo os impostos e non facendo nada polo povo.

Dende o 2009 os impostos subiron para os cambadeses máis dun 35% o I.B.I.  a cota do auga nun 64 por cento e o canon de saneamiento nun 33%. Nese período creouse, ademais, un novo imposto sobre a auga. A taxa de sumidoiros subiu desde o ano 2009 case un 19 % e a de lixo un 11%.
Entroques os servizos prestados aos cidadáns seguen igual ou peor, non se notou a mellora emparellada a suba por ningún lado.
Aparte hai que suliñar a baixada nas becas para os estudantes de Cambados e baixada en xeral de axudas a asociacións varias.

Que fale de superávit aos pais dos rapaces do "E.E.I. A Pastora" aos que lle denega sistemáticamente o "plan madruga" nese centro por falta de cartos e teñen que pagar un autobús.

Fala de investimentos e destaca as obras de Tragove, sinala que os datos demostran que a boa política económica non é incompatible cos investimentos importantes, como os realizados no Saco de Fefiñáns, onde hai 1,2 millóns de euros a punto de adxudicarse para saneamento e xa se están instalando as comportas por máis de 500.000 euros. Pero cantos cartos aporta o concello a estas obras?. 
Sin falar do rexeitamento por unha parte ampla do povo desta infraestructura.



Fala da promoción turística que fai do Concello e de que se mantén o nivel da Festa do Albariño. A Festa do Albariño é un macrobotellón con actuacións regulares e o único que se promociona nela é ao Partido Popular restando importancia ao popular da festa que é o viño e non o seu partido. Engadindo que a festa fais con cartos da Xunta e a Deputación, non so do Concello.

Pero que máis dá, o que nos digamos. A venda nos ollos non ya imos quitar a todos. moito menos aos estómagos agradecidos que habitan neste o noso Cambados e que por desgraza cada día son máis.