Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de diciembre de 2014

MORRE BENI MONTERO, PROFESOR E ARTISTA





A morte de Benito Montero Aragunde, aos 34 anos, causa unha fonda consternación en Cambados, malia que era coñecida a enfermidade que acabou coa súa vida, e da que se recuperara hai pouco tempo dunha recaída.
Desde hai un mes, Benito era máis feliz, felicidade que trouxo Roque.

Coñecido pola súa pintura e a fotografía, este artista cambadés, con residencia na parroquia de Castrelo, iniciouse no mundo da arte da man do negocio familiar, relacionado coa fotografía. Na súa última exposición, mostrada no Pazo de Torrado, os seus cadros plasmaban varias paisaxes da súa vila natal.

As mostras de cariño e tristura enchen o seu muro de facebook, o que amosa o como de querido era.
As nosas condolencias a sua muller, aos seus pais e irmáns e o resto da familia.

Os restos mortais de Benito Montero atópanse no tanatorio de Cambados e o seu funeral terá lugar hoxe, a partir das 16.45 horas na igrexa parroquial de Santa Mariña Dozo, desde onde será trasladado a Vigo para a súa incineración.

D.E.P.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.