Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de noviembre de 2014

INTERVIDOS 1500 KILOS DE AMEIXA





Axentes da Garda Civil de Pontevedra, en colaboración con axentes do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, levaron a cabo na mañá de onte un operativo de control de comercialización por estrada que se saldou co comiso de preto de 1.500 quilos de ameixa xaponesa. O operativo tivo lugar na estrada de Pontevedra a Vilagarcía de Arousa. 

Esta mercadoría ía no interior dun vehículo de matrícula portuguesa que foi parado polos axentes durante o control e foi requisada porque non levaba documentación que amparase a súa procedencia. Posteriormente foi trasladada ás instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) na Illa de Arousa e analizarase no Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR) para comprobar se pode ser resementada nalgunha praia con todas as garantías.


Actuación en Ferrol


Por outra banda tamén onte os Gardacostas, en colaboración coa Policía Autonómica realizaron outro operativo na ría de Ferrol que se saldou coa identificación de 7 persoas que faenaban de xeito ilegal, coa incautación de 29 aparellos e co comiso de 75 quilos de marisco. Esta actuación desenvolveuse nas zonas das Pías, Malata, Cabana, Graña, San Felipe, Prior, San Jorge, Doniños, Couto e O Montón.

En concreto os axentes requisaron 3 raños, 6 sachos, 2 rastrelos, 12 caldeiros, 4 bolsas de rede, 2 traxes de neopreno, 33 quilos de ameixa babosa, 14 quilos de ameixa xapónica e 28 quilos de ameixa fina.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.