Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de octubre de 2014

UN DISPARO IMPACTA NO VEHÍCULO DUN MATRIMONIO DE CAMBADOS





Unha bala perdida impactou contra un vehículo que circulaba pola autovía das Rías Baixas á altura do concello do Sandiás. Afortunadamente todo quedou nun susto xa que o proxectil freou o impacto na porta do coche para quedar encaixado no teito, sen ferir a ninguén. Todo apunta a que o disparo procedía dunha batida de caza que se desenvolvía nas inmediacións. 

O matrimonio, natural de Cambados, circulaba co seu vehículo en dirección Verín á altura do concello de Sandiás. Aproximadamente no quilómetro 190 alertounos un impacto que escoitaron na parte superior do seu coche. 

"Oíron como un impacto no teito do vehículo, paráronse un pouco máis adiante e puideron comprobar que se trataba dun proxectil, dunha bala que se aloxara no teito".

Sen saber aínda moi ben o que acontecera, pararon o coche e decidiron trasladarse ao cuartel da Garda Civil de Xinzo de Limia. Os axentes corroboraron entón que efectivamente se trataba dun disparo. Todo apunta a que o proxectil procedía da escopeta dalgún cazador que participaba nunha batida de xabaril nas inmediacións da autovía das Rías Baixas. 

"Nese momento ábrese unha investigación e compróbase que por aquela zona hai un coto de caza e que había unha batida organizada, entón pode ser que foran cazadores. Iníciase a investigación, fálase co presidente do coto de caza. Ponse en contacto, eles presentan a documentación de que teñen unha batida autorizada. Entón asumen co seu seguro os danos do vehículo".

Afortunadamente non quedou ninguén ferido, todo quedou nun susto e en danos materiais no vehículo. Cando os seus propietarios o leven a reparar a policía xudicial trasladarase ata Cambados pra facerse cargo do proxectil. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.