Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de octubre de 2014

O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO POLAS OBRAS DO SACO





Montserrat Prado Cores e Daniel Rodas Chapela, deputada e deputado do
Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á paralización das obras de construción de comportas no Saco de Fefiñáns en Cambados.
O Partido Popular leva anos na Xunta de Galiza facendo unha política de
propaganda e de promesas incumpridas a respecto da eliminación de verquidos no Saco de Fefiñáns en Cambados, así como da súa necesaria rexeneración. Dentro destas actuacións está o proxecto de colocación de “comportas de regulación hidráulica no Porto de Tragove”, que Portos de Galiza, en connivencia cos responsábeis do Concello de Cambados e da Confraría co Patrón Maior a fronte, se empeñaron a levar adiante malia non ter informes que o xustificaran nin avalaran.
Este proxecto nunca foi para darlle prioridade á produción marisqueira, senón a
outros usos como son potenciar e desenvolver actividades náutico-deportivas. Este proxecto afecta directamente ao dominio público terrestre, á súa protección e utilización, alterando o réxime mareal e os outros usos establecidos. Nunca tivo garantido, nin moito menos, o non impacto desta infraestrutura no banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns e o seu impacto ambiental.
Contra toda lóxica Portos de Galiza adxudicou a obra de construción das
comportas no mes de novembro por un importe de case 500.000€ e un prazo de

execución de 7 meses.

Despois da adxudicación, a empresa iniciou os traballos instalando as estruturas
denominadas “tableestacas”, que teñen como función deixar seca a zona onde debían traballar tanto maquinaria coma obreiros, mais a obra estivo practicamente paralizada durante meses, situación que Portos de Galiza xustifica inicialmente pola “grande complexidade técnica”e agora por xeotécnicos que provocaron a cesión do fondo coa colocación das estruturas, dificultades que nunca apareceron recollidas nin no proxecto nin en ningún informe.
Con grande sorpresa @s veciñ@s de Cambados viron como nos últimos días a
empresa adxudicataria, e despois de meses de inactividade, procedeu á retirada da maquinaria, das estruturas e incluso da caseta de obra que tiña na zona.
Todo parece indicar que estamos diante do abandono da obra, que o PP impuxo
malia non contar no expediente cos informes preceptivos e facendo caso omiso ás peticións de que a prioridade tiña que ser sanear o Saco de Fefiñáns e depurar as augas que se verten nesta zona, evitar a contaminación mariña neste banco marisqueiro para recuperalo para a produción marisqueira como sempre foi, e con isto contribuír a manter os máis de 200 postos de traballo que actualmente ten a agrupación de mariscador@s a pé de Cambados e a xerar máis.

Por estas razóns formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral en
comisión:
-Cal é a razón pola que a empresa contratada desmontou a estrutura de
construción, retirou a maquinaria e ata a caseta das obras de “comportas de regulación hidraulica no Porto de Tragove” en Cambados ?
-Significa isto que non se van construír as comportas do Saco de Fefiñáns? Cal é
a razón?
-Si Portos de Galiza ten a intención de seguir co proxecto en que prazos o vai
facer? Vaise manter o orzamento?
-Canto se ten investido dos 500.000 € nos que se adxudicou a obra? , quen vai
correr con estes gastos, a empresa adxudicataria ou Portos de Galiza?
-Ténselle realizado algún pago a empresa adxudicataria?
-No prego de adxudicación hai establecida algunha cláusula por incumprimento
de contrato e non cumprimento de prazo de execución? En que consisten?
-A decisión de abandonar a obra foi tomada unilateralmente pola empresa ou foi
acordada con Portos de Galiza?

-Si foi unha decisión da empresa, dado que o prazo de execución das obras de 7
meses, establecido na adxudicación das mesmas, xa está superado, cales van ser as responsabilidades que se lle van esixir á empresa?
-Si foi acordada en que termos?
-Cales van a ser as consecuencias para as arcas públicas desta situación?




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.