Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de octubre de 2014

ALERTA VERMELLA






A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) acaba de elevar a nivel vermello de alerta o temporal por choiva no interior da provincia de Pontevedra.

Segundo previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da Delegación Territorial de Galicia, no día de hoxe espéranse choivas de ata 120 mm. de precipitación acumulada en 12 horas o que significa nivel vermello, tendo previsto que ao longo da tarde pase a nivel laranxa.

Ademais, a Axencia Estatal de Meteoroloxía informa tamén dunha alerta laranxa por choivas na zona do Miño e Rias Baixas na provincia de Pontevedra; centro da provincia de Lugo; e noroeste e Miño da provincia de Ourense, podendo acadarse os 80-100 mm de precipitación acumulada en 12 horas.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa aos concellos afectados, aos bombeiros e a Protección Civil, entre outros.

Tamén se recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección pertinentes, e aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. 


 Actualización as 13:00 horas
A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias alertou a Galicia por chuvia intensa e persistente que pode deixar ata mil douscentos litros por metro cadrado en 12 horas.
En Pontevedra poderían acumularse ata 30 litros por metro cadrado nunha hora. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.