Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de septiembre de 2014

XUNTANZA DE MOTEIROS "O MELLOR DE CADA CASA"




Os vindeiros sábado 13 e domingo 14 de Setembro Cambados acollerá a celebración da Xuntanza Moteira O Mellor de Cada Casa. Os asistentes a este evento que terá lugar na nova sé de O Noso Bar, na parroquia de Castrelo, poderán gozar co seguinte programa: 

Sábado 13 de Setembro, ás 15.00 horas terá lugar a apertura de inscripcións e ás 17.00 horas comezarán os xogos populares. Ás 18.00 horas os presentes poderán gozar coas motos lentas, a proba de decibelios e proba de minimoto e ás 19.30 horas levarase a cabo a entrega do primeiro agasallo ao participante da mellor queimada de roda con explosión incluída. 

Ás 20.30 horas haberá unha exhibición de trial a cargo de Martín Riobo Hermelo, Mauro Hermelo Canosa e Marcelo Multari Pérez e ás 21.45 horas sairá o autobús, desde o pabellón, rumbo a O Noso Bar, lugar onde a partir das 22.00 horas os asistentes poderán gozar dunha amena cea. Xa, a partir das 00.30 horas, celebrarase a entrega de premios e o sorteo de agasallos e comezará unha pequena festa na cafetería e ás 02.00 da madrugada o autobús poñerán rumbo a Cambados para o fiestón. 

Ás 05.00 e 06.00 da madrugada haberá servizo de autobuses desde a praza do Concello de Cambados ata o pabellón. 

Domingo 14, a segunda e última xornada de concentración dará inicio ás 09.30 horas co almorzo de buffet libre en O Noso Bar. Ás 11.30 horas os inscritos poderán gozar dunha ruta motera polos municipios de Ribadumia, Cambados, Sanxenxo e Meaño e ás 14.00 horas deleitarse cunha picada na Bar Lage, coa que se poñerá punto final á reunión motera. 

O prezo da inscripción será de 15 euros e inclúe cana de bienvenida, camiseta, cea do sábado, autobús á zona de marcha e almorzo e pincho do domingo. 


Más información Tfno.: 698 159 844 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.