Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de septiembre de 2014

XA SABEMOS ALGO DO OBRADOIRO DE EMPREGO DE CAMBADOS



Desde hai dias xa se sabían os nomes dalgúns integrantes do Obradoiro de Emprego que hoxe se presentou en Cambados. O cal pon de manifesto o "exahustivo" da selección levada a cabo.


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou esta mañá na inauguración do obradoiro de emprego “Turismo Sostible III” de Cambados, acompañado do alcalde da localidade, Luis Aragunde.
O obradoiro terá unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta está a investir case 169.000 euros, “que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento chegarán ata case os 200.000 euros”, segundo explicou Cores Tourís. O obxectivo destes cursos é preparar a 19 alumnos, aos que haberá que sumar o persoal contratado para dar formación en cantería e forestal: un director, un titor, unha administrativa e dous monitores. Por certo este último persoal é case sempre o mesmo.

Destacou o delegado territorial o feito de que no proceso "selectivo" contaron con vantaxe as mulleres e os parados de longa duración.
De feito, as persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que durarán estes proxectos. En Cantería formaranse 10 alumnos e en Forestal outros 9.

E tan selectivo que si hai amigos no concello podes conseguir unha clave que é a que solicitan exclusivamente no antiguo INEM para poder chegar a ser candidato.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.